Skip to Content

O IES ACOLLE A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As instalacións do IES Macías O Namorado, albergaron a xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero (MLC), na que o centro participa activamente e está representado a través de dous docentes do Departamento de Orientación e a FP Dual.

A MLCe nace no 2020 co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara a prevención e loita contra a violencia machista. A súa natureza de carácter interistitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes entidades e colectivos sociais que interveñan no territorio. 

Neste órgano participan a Garda Civil, a Policía, os Bombeiros, os centros educativos do concello padronés, e diversos respresentantes de asociacións culturais e clubes do Concello; ademáis do Centro de Información da Muller; ata un total de vintecinco integrantes  

A Mesa está promovida polo Centro  de información da Muller (CIM) do Concello de Padrón.  Entre os puntos mais salientables da orde do día, destacan a  presentación dos novos axentes que se incorporaron a Mesa,  a presentación das  propostas acordadas na sesión anterior e sobre todo presentación e acordos sobre diversas propostas de actividades para os próximos meses que inclúen: encontros interxeneracionais entre avós e adolescentes, formación para a comunicación non violenta nas redes sociais, uso responsable das tics, visibilización de mulleres compositoras e un Cinefórum sobre igualdade de xénero.

Na reunión participou ademáis o Alcalde de Padrón, D. Anxo Rei Arca que comunicou a vontade da corporación de colaborar económicamente a través dos presupostos municipais.

AdxuntoTamaño
WhatsApp Image 2024-01-26 at 11.50.31.jpeg40.97 KB


page | by Dr. Radut