Skip to Content

Bolsas Amancio Ortega alumnado 4º ESO para o curso 23-24

Aberto o prazo para a solicitude das bolsas da fundación Amancio Ortega para o curso 2022-2023, dende o 12 de setembro ata o 11 de outubro de 2022.

Na súa edición 23-24, o Programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á seguinte información:

- Programa de bolsas Fundación Amancio Ortega (información xeral e acceso ás distintas seccións)

- Bases de participación

Reparto de libros de texto e vales para o curso 2022-2023

O reparto de libros de texto do Fondo Solidario e dos vales para adquisición de material, para o curso 2022-2023 realizarase no horario que se mostra na seguinte táboa. Rogariamos ás familias que, na medida do posible, procuren respectar dito horario:

  Martes 13 de setembro
1º ESO De 16:00 h a 16:45:00 h
2º ESO De 16:45 h a 17:30h
3º ESO De 17:30 h a 18:15 h
4º ESO De 18:15 h a 19:00 h

 

IMPORTANTE: é imprescindible que a PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, unha persoa AUTORIZADA, recolla o lote de libros do alumno ou alumna e, se é o caso, o vale.

Para autorizar a outra persoa distinta da solicitante a recoller os libros de texto e vales, é necesario entregar:

- Un documento asinado autorizando a esa persoa, onde aparezan os nomes e DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

- Unha fotocopia dos DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

ADMINISTRATIVO PARA ESTACIÓN DE SERVIZO EN DODRO

Estación de Servicio Reyni en Dodro busca un Administrativo/a para incorporar temporalmente a súa plantilla. Titulación: CM Xestión Administrativa ou CS Administración e Finanzas.  Contrato temporal de sustitución. Os/as interesad@s poden enviar o seu cv a gtv@reyni.es  coa Referencia: IES Macías O Namorado (Padrón)

XA CONTRATADO

Acto de Graduación do curso 2021-2022

O 28 de xuño celebramos no noso centro o ACTO DE GRADUACIÓNdo alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos da promoción de 2022.

Despois de dous anos de pandemia, por fin puideron asistir as familias. Acompañáronnos, ademais, profesorado e algunhas autoridades. Como convidado, contamos coa presenza de D. Cesáreo González Pardal, presidente do clúster de Turismo de Galicia.

Non podemos sentir máis orgullo do noso estudantado, que recolleu os seus diplomas nun día que esperamos fose tan especial para eles, como o foi para nós. 

Parabéns para todos e todas!!

 

Información matrícula curso 2022-2023

Infórmase das seguintes datas en relación á matrícula do curso 2022-2023:

RECOLLIDA SOBRES MATRÍCULA (en Conserxaría): xoves 30 de xuño de 9:00h a 14:00h.

DATAS PARA MATRICULAR AO ALUMNADO:

  • Venres 1 de xullo: 2º curso de CM, 2º curso de CS, 2º curso de FPB
  • Luns 4 de xullo: 2º Bach
  • Martes 5 de xullo: 1º Bach
  • Mércores 6 de xullo: 3º ESO e 4º ESO
  • Xoves 7 de xullo: 1º ESO e 2º ESO

Emotiva despedida a Chicho e Severino

O mércores 22 de xuño rematou o curso. No noso IES este ano era un fin de curso especial, pois tocaba despedirnos dos nosos queridos compañeiros: Chicho e Severino.

Por este motivo preparamos un acto para homenaxealos, no que participaron profesorado, alumnado, persoal non docente, antigos compañeiros/as, etc. Actuacións de baile, canto e pandeireta, intervencións inesquecibles... e ata unha entrevista en directo! Non puideron faltar tampouco os diplomas, as becas de graduación e os birretes, e incluso un pedrón de honor.

Traballadores incansables, humildes e cercanos, con implicación absoluta co que foi e sempre será o seu centro. 

Severino e Chicho, MOITAS GRAZAS POR TANTO!!

Horario transporte escolar para o luns 27 de xuño

Informamos de que o vindeiro luns 27 de xuño SI HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR, no seguinte horario:

  • Hora de saída da primeira parada: 11:30h
  • Hora de saída do centro para o regreso a casa: 13:00h

Horario devolución libros de texto fondo solidario curso 2021-2022

Lembramos que mañá, martes 21 de xuño, o alumnado realizará a devolución de libros de texto do fondo solidario empregados durante este curso 2021-2022, no seguinte horario:

Horario exames finais Bacharelato e 1º FP Básica

Na seguinte imaxe pódese consultar o horario dos EXAMES FINAIS para o alumnado de Bacharelato e 1º FP Básica, ademais das datas da entrega de notas e reclamacións.

Pódese tamén descargar o arquivo en pdf, premendo aquí.

Mural artístico no noso IES

Hoxe, tras unha intensa xornada na que participaron alumnado, profesorado e persoal non docente, logramos dar luz a un dos nosos grandes proxectos do curso: un MURAL ARTÍSTICO nunha zona do muro exterior do centro, coa historia de Macías, o trobador que dá nome ao noso instituto, como protagonista. 

Ademais da comunidade educativa do IES Macías o Namorado, participaron tamén alumnado e profesorado de 6º EP do CEIP Rosalía de Castro e a asociación AMIPA da comarca do Sar. Contamos tamén coa colaboración do Concello de Padrón.

Todos e todas dirixidos polo artista valdeorrés Xerardo Rodríguez, da man dos tamén artistas Susana Ferradás, Manolo Rodríguez e Pepa Galán. A nosa máxima admiración ao seu talento. 

Expresamos todo o noso agradecemento a todas aquelas persoas que fixeron posible que este proxecto saíse adiante. Grazas!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do resultado:

   
Distribuir contido


by Dr. Radut