Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER... 8M

AS MULLERES SOSTEÑEN A METADE DO CEO...E COA OUTRA MAN A METADE DO MUNDO!

O Macías sumouse á celebración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo. Os alumnos/as elaboraron un cartaz e leron un manifesto na entrada do instituto no que se recordaba...


             

é unha data destacada no calendario internacional para lembrar que a desigualdade de xénero é unha realidade en todo o mundo e que se ben foron moitos os logros acadados, quedan moitas desigualdades que superar. (...) ademáis de reformas xurídicas cómpre que o sistema educativo se involucre con propostas docentes e metodolóxicas que garantan unha educación máis igualitaria e inclusiva. Por iso, desde o IES Macías o Namorado reivindicamos máis educación en igualdade e con perspectiva de xénero.

 

Curso de formación en Hidráulica Proporcional.

O IES Macías o Namorado ven de desenvolver un curso de formación para docentes sobre Hidráulica Proporcional a cargo do Xefe de Departamento de Electricidade Xose Manuel López Gato. 

No curso participaron 21 docentes e está acreditado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación en colaboración con Alecop que proporcionou un novo banco de hidráulica.

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!

O pasado xoves celebramos o Entroido no Macías. O centro organizou un concurso de comparsas, no que os grupos participantes debían presentar un disfraz conxunto (cando menos 6 alumnos por clase) sobre a temática elixida este ano: As nosas materias. Tivemos comparsas que se inspiraron en Inglés, Historia, Bioloxía, Administración...

NORABOA Á COMPARSA VENCEDORA: 1º ESO B!!!

Agredecemos aos participantes a súa dedicación e traballo, e ao xurado o seu labor de avaliación. Finalmente, ademáis da calidade dos disfraces, o xurado atendeu tamén á calidade das coplas que os grupos presentaron e a súa simpatía no escenario. As coplas satíricas ou irónicas, falaron da vida no centro, do profesorado, de Shakira e Piqué...

Pasámolo moi ben e desfrutamos!!!

                                                                                                                                   

Visita ao Parlamento e ao Valedor do Pobo do Macías

O pasado 7 de febreiro o alumnado de FPB e Ciclo Medio de Administrativo fixeron una saída de estudios formativa ó Parlamento de Galicia e o Valedor do Pobo.

 Así estes alumnos e alumnas puideron coñecer as súas sedes. No Valedor foron informados da estrutura de esta institución, as súas funcións e o xeito de acceder os cidadáns para presentar as súas  queixas.

No Parlamento, tiveron unha visita guiada, accedendo as dependencias máis solemnes, ao hemiciclo, bibliotecas, e gozaron da colección de arte galega, pintura e escultura, chamando a atención as súas vidreiras.….  Coñeceron o labor que desempeñan deputados e deputadas que nos representa, e  a organización e  historia da institución. 

Esta visita coincidiu cunha sesión plenaria, e deste xeito tiveron a oportunidade de presenciar en directo como se desenvolve unha comparecencia parlamentaria. 

Curso de formación para persoas desempregadas.

Vaise impartir un curso sobre Montaxe e Mantemento de Sistemas de Automatización Industrial. O curso acredita 510 horas de formación e desenvolverase no noso IES ata o vindeiro 24 de xullo. É requisito ter o graduado en ESO ou equivalente e a selección farase o vindeiro 28/02.

INFORMACIÓN E CONTACTO DO CURSO: CLICA AQUÍ

Charla sobre Enerxía Nuclear

O pasado xoves 09/02 celebrouse no Salón de Actos do noso IES, unha Charla divulgativa baixo o título A Enerxía Nuclear, unha enerxía segura?

A charla correu a cargo de Don Eugenio Fernández Carrasco, do Departamento de Enxeñería Química da Facultade de Ciencias de Lugo da USC. Asistiron os alumnos/as de 2º Ciclo Medio de Electricidade, 1º e 2º de Ciclo Superior de Electricidade e alumnado de 2º de Bacharelato de Física.

Celebración do día da Muller e a Nena na Ciencia.

  

O día 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a nena na Ciencia, co gallo desta conmemoración o Departamento de Bioloxía do noso IES, organizou, o venres 10 unha charla online á cargo de Adriana Dapena Janeiro da área de Enxeñería de Computadores e Catedrática de Teoría da Señal e Comuniccións, e Vicedecana da Universidade da Coruña. Asistiron os alumnos de 4º da ESO e 1º de FPB de Administrativo.

"Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer"

 

     Dentro das actividades de achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías, onte, día 24 de xaneiro impartiuse unha charla no noso IES baixo o título Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer.

      A ponencia correu a cargo de Pablo Vázquez e celebrouse dentro do Programa A Ponte en colaboración coa USC. Asistiron os alumnos de 2º dos Ciclos Medio e Superior do noso centro.

Xornada de portas abertas para o alumnado de primaria.

O vindeiro martes 24 de xaneiro o noso IES celebrará unha xornada de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria de centros adscritos. Familias interesadas de outros centros tamén serán benvidas. Dende as 18:00h a Directora e a a Orientadora do Macías, explicarán o funcionamento do noso centro e acompañarán ao alumnado e ás familias nun percorrido polas instalacións.

                                               

Dende o Macías queremos dar unha sentida benvida ao noso futuro alumnado!!!!

O Macías na conmemoración do pasamento de Camilo José Cela.

O Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou este martes en Padrón nos actos impulsados pola Xunta de Galicia polo 21 aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Os actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio padronés de Santa María de Adina a cargo dun alumno do centro.

A continuación, o representante da Consellería de Cultura trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela para a lectura de La familia de Pascual Duarte, a cargo, entre outros, dos alumnos do IES Macías O Namorado de Padrón.

                   Un alumno do IES deposita a ofrenda floral.

Enlaces ás novas de prensa.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2023/01/18/homenaje-padron-21-aniversario-muerte-cela/0003_202301S18C5994.htm

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/homenaxe-a-cela-cunha-lectura-e-unha-ofrenda-GH13054002

Distribuir contido


by Dr. Radut