Skip to Content

Curso práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP)

O pasado xoves 25 de maio,  acudiu ao centro o Grupo de Emerxencias de Padrón, onde impartiu un Taller de Primeiros Auxilios ao alumnado de 1º curso de Ciclo Superior e Ciclo Medio das familias de Administración e Electricidade.

Durante o taller o alumnado pudo practicar as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) en adultos, nenos e lactantes.

            

Programa escolar de consumo de leite e froita fresca

A partir desta semana dará comezo un novo periodo de reparto do PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE E FROITA FRESCA, promovido pola Consellería do Medio Rural e subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), que ten como finalidade fomentar hábitos alimenticios máis saudables entre o alumnado.

  

Este programa se desenvolverá:

- Dende o 11 de maio e durante 20 días: Leite 100% galego.

- Dende o 18 de maio e durante 10 días: Froita de tempada.

Ambos produtos repartiranse durante os 2º recreos.

 

No noso centro eliximos froita fresca e de tempada, e leite amparado nun Réxime de Calidade Galega 100%, apoiando aos nosos gandeiros e gandeiras. Traballando para promover os hábitos de vida saudable e o consumo responsable!

CAMPUS DE VERÁN XUVENCIENCIA USC

Volve e o  XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, para estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP .

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.
O custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertanse durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da USC. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Apertura do prazo para BECAS para alumnado de estudos postobrigatorios

Comunicamos información relevante relacionada coa convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html 

Ofertas de emprego ABRIL 2023

ABRIL 2023

"Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. convoca unha proba para un contrato en prácticas na categoría laboral de Oficial administrativo/a.

Os interesados poden ver os requisitos da convocatoria accedendo o seguinte link:


https://www.crtvg.es/crtvg/portal-de-transparencia/actividade-corporativa/recursos-humanos/emprego-e-practicas/ofertas-emprego/convocatoria-para-un-contrato-en-practicas-na-categoria-de-oficial-administrativo-a

Bolsas para cursos de inglés en Irlanda

O 19 de abril abre o prazo de solicitudes para as Bolsas Eurolingua para realizar cursos de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda.

Poden consultar a información no Portal Educativo da Xunta de Galicia, ou en www.becaseurolingua.com.

O MACÍAS NA FP INNOVA

O alumnado dos cursos de 1º e 2º de FPB e Ciclo Medio de electricidade realizaron unha visita o pasado 23 de marzo á FP INNOVA, celebrada na Cidade da Cultura no Gaiás. Destacou o gran interese que amosou o alumnado ante os proxectos de innovación que alí se presentaron. Esta xornada permitiu a interacción entre os diferentes cursos de electricidade así como co profesorado nun ambiente distinto ao habitual.

              

O IES MACÍAS O NAMORADO participou nos proxectos de innovación na FP INNOVA, concretamente unha profesora do Departamento de Electicidade (Cristina Rey Carballo) desenvolveu un proxecto de APLICACIÓN DA IoT PARA A PRESERVACIÓN DA FAUNA AUTÓCTONA. O proxecto desenvolveuse conxuntamente co Politécnico de Santiago para implementar o aviso remoto da captura de especies salvaxes no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O proxecto consistiu no deseño e implantación dun sistema de trampas intelixentes dotadas de sensores, e baseadas nunha rede LoRa, para a captura e recuperación de especies invasoras como o visón americano, nas Illas Atlánticas. A xaula automatizada, avisa mediante GSM en canto se produce unha captura, ao biólogo responsable do seguemento destas especies invasoras. 

O Macías forma parte deste xeito da elite da innovación na FP en Galicia.

               

Charla sobre búsqueda de emprego.

O pasado martes, 21 de Marzo, Armando Basileo, Director da oficina da empresa Randstad en Santiago de Compostela, impartiu unha Charla sobre Procura de Emprego  ao alumnado de 2º curso de FP das familias profesionais de Administración e Electricidade. A charla tamén asistiu o alumnado de 1º curso do CS de Administración e Finanzas
            
 
Randstad é unha empresa de servicios integrais de RR.HH, especializada na selección de persoal, que conta con unha ampla rede de oficinas a nivel mundial. Esta charla foi organizada polo Dpto. de Orientación en colaboración co Dpto de FOL co obxetivo dar a coñecer ao alumnado técnicas e ferramentas para a súa próxima inserción profesional". 
 

O MACÍAS 3º CLASIFICADO no campionato provincial!!

Moitos parabéns ao noso alumnado de 2º e 3º da ESO que alcanzou o TERCEIRO POSTO no Campionato Provincial de Campo a Través (XOGADE), que se disputou o pasado 17 de marzo en Ferrol.

  

Os nosos campións: ANTONIO DAVID RIAL PÉREZ, EDUARDO DURO VIDAL, PABLO PIÑEIRO QUIROGA, MANUEL RODRÍGUEZ ESPERANTE, ANXO GARCÍA BARCIA E NICOLÁS VILLAMOR FERNÁNDEZ.

NORABOA!!!

Visita ao Parque Natural de Lobios (Shelter Foundation).

O pasado martes 14 de marzo, o alumnado de 4º ESO e da materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato visitamos o Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, incluído na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Encadrada dentro do Proxecto Shelter, que ten como obxectivo o desenvolvemento de ferramentas para a adaptación ao cambio climático e unha mellor resiliencia do patrimonio natural e cultural do Parque, a actividade comezou cunha viaxe ata Lobios, en Ourense, para coñecer de primeira man esta iniciativa.

 

           

Recibíronnos no centro de interpretación de Lobios, onde as guías ambientais fixeron unha pequena exposición das liñas de traballo e das estratexias ambientais trazadas neste proxecto, ademais de explicar a información das maquetas e dos paneis (algúns deles interactivos) do centro.

A continuación, fixemos unha andaina de dificultade media-baixa: o sendeiro do Río Vilameá. Acompañounos unha das guías, que nos ía explicando detalles do lugar a medida que avanzabamos no camiño. Ao longo desta sinxela ruta circular que percorre un tramo do río, puidemos coñecer a beleza da paisaxe e os valores naturais da zona, así como os 12 muíños repartidos neste intinerario.

Sen dúbida, quedamos con ganas de adentrarnos no corazón do parque para apreciar toda a diversidade que ofrece, tanto na súa fauna e flora como nos elementos da modelaxe xeolóxica que o debuxan.

Distribuir contido


by Dr. Radut