Skip to Content

VISITA A CLESA

O pasado xoves 21 de marzo, o alumnado que cursa a materia de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO no IES Macías o Namorado visitou a fábrica de CLESA, localizada en Caldas de Reis (Pontevedra). 

CLESA é unha das marcas de produtos lácteos pertencentes á cooperativa CLUN, referente no sector agrogandeiro galego, que aposta pola sostibilidade e presenta un modelo de compromiso coa innovación e a calidade dos seus produtos.                                

Esta saída foi organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Educación Física, ambos os dous coordinadores do proxecto Nutriactívate co Macías!, co que neste curso 2023/2024 participamos no programa Nutriescolas (dentro do Plan Proxecta+).

       

No noso proxecto temos como obxectivo promocionar hábitos saudables no alumnado e resto da comunidade educativa, tanto desde o punto de vista da alimentación como da actividade física. Por este motivo, consideramos de gran interese a realización desta visita, pois os rapaces e rapazas que asistiron coñeceron de primeira man a fabricación de varios produtos lácteos e visitaron brevemente parte das instalacións. Tamén puideron probar algunhas das variedades de iogur (e incluso propoñer sabores novos!) e dar opinión sobre o novo logo e packaging dos produtos actuais.

 

INICIACIÓN Á ESCALADA

Onte mércores 20 de marzo, o alumnado do IES realizou unha actividade de bautismo de escalada no rocódromo Indoorwall de Santiago de Compostela. Alumnado e profesorado acompañante gozaron desta emocionante xornada deportiva.

        

 Despois desprazáronse ao Museo de Historia Natural onde coñeceron as importantes coleccións de animais, insectos... Esta actividade foi organizada polos departamentos de Educación Física e o Departamento de Bioloxía.

Clica nos adxuntos para ver máis imaxes destas actividades.

Visita ao IDIS en Santiago de Compostela.

O pasado mércores 6 de marzo, o alumnado que cursa a materia de Bioloxía de 2º Bacharelato do IES Macías o Namorado visitou o IDIS, Instituto de Investigación Sanitaria, localizado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). 

O IDIS é un centro de investigación biomédica que busca promover e fomentar a investigación de excelencia, o coñecemento científico e tecnolóxico e o seu posterior traslado ao sector produtivo, así como a docencia e a formación, e sempre cun obxectivo claro: mellorar a saúde da poboación. 

De todos os grupos de investigación que forman parte deste centro, o alumnado puido coñecer os seguintes laboratorios: CARDIOCHUS (grupo de Cardioloxía), ONCOMET (grupo de Oncoloxía) e GENVIP (grupo de Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría), todos eles integrados por equipos multidisciplinares de natureza transversal no ámbito da investigación básica e clínica aplicada que empregan as últimas tecnoloxías e métodos analíticos das diferentes disciplinas para optimizar o tratamento dos pacientes de cardioloxía, oncoloxía e pediatría.

As nosas alumnas rotaron polos distintos laboratorios adentrándose nas técnicas empregadas neles mediante a realización de talleres prácticos como unha extracción de ADN de saliva, a observación dunha mostra sanguínea ou de cultivos celulares de peixes cebra e a posterior análise da súa importancia na investigación en medicina.          

Desde o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizouse esta saída marcando como obxectivos: achegar o alumnado ao mundo da investigación, amosar o traballo desempeñado nun instituto de investigación acreditado como “centro de investigación do Sistema Nacional de Saúde”; contribuír ao espertar do interese científico; poñer en valor a importancia da investigación científica nos avances da medicina, e na busca do benestar da sociedade.

 

BECAS PARA ALUMNADO DE FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS

Publicada na web do Ministerio de educación a convocatoria de becas e axudas para o alumnado de fp, bacharelato e outros estudos. O prazo de solicitudes do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h.. Mais informmación noseguinte enlace.

PRAZO RECLAMACIÓNS PARA CICLOS DE FP

Informase ao alumnado de segundo dos ciclos de FP, que o prazo para reclamacións ás cualficacións será os días 20 e 21 de marzo nas dependencias do IES.

ENCONTROS VIRTUAIS USC

Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

Esperamos que estas datas permitan que o estudantado poida conectarse con máis facilidade (2 días na semana de vacacións para facilitar que se podan conectar dende as súas casas coas familias).

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da próxima semana).

PIALE: A experiencia canadense

A nosa compañeira Raquel Tarrío compartiu recentemente con nós a súa experiencia nun centro educativo de Canadá a través do programa Piale, enfatizando aspectos de boas prácticas que observou, así como animando ao resto do profesorado a participar en próximas edicións

Encontro coa escritora Sonia Mirón.

O mércores, 6 de marzo, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de coñecer á autora Sonia Mirón. Sonia amosouse cercana, accesible e moi contenta pola acollida que este centro lle brindou un ano máis, porque xa é a segunda visita ao Macías. Nesta ocasión disfrutou da lectura de Mi corazón en una caja de zapatos.

A autora falounos da súa experiencia como escritora, presentounos os seus libros e atendeu a todas as cuestións plantexadas polos nosos corazóns lectores; a continuación, firmou exemplares da súa última publicación No son mariposas, son elefantes. Un día inesquecible!

                    

Obradoiro sobre a búsqueda de emprego

Este martes 5 de marzo realizouse no Salon de Actos o obradoiro organizado polo departamento de FOL que levou por título: "1, 2, 3, contratado", e que amosou diferentes ferramentas ao alumando á hora de enfrontarse ao proceso de búsqueda de emprego.

Centrouse especialmente na elaboración do CV e en como afrontar unha entrevista de traballo, explicando os erros mais habituais, e que deben evitarse. O taller foi impartido por Isabel Rodriguez, que achegou tamén anécdotas e exemplos concretos a partires das súas vivencias como reclutadora de personal.

No taller o alumnado dos catro módulos de FOL que actualmente se imparten no IES, que ao final da sesión participou activamente expoñendo diferentes dúbidas e cuestións. 

    

Distribuir contido


by Dr. Radut