Skip to Content

Inicio do curso 2023-2024

De acordo coa lexislación vixente, as actividades lectivas comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario habitual (08:45 a 14:25h).

O alumnado acudirá a primeira hora á súa aula de referencia, onde serán recibidos pola persoa titora que lles comunicará o horario, recordará as normas do centro e informará sobre outros temas do curso. O alumnado de 1º da ESO será recibido polo equipo directivo e os seus titores no Salón de Graos.

A partir de 2ª hora o alumnado iniciará as clases co profesorado segundo o seu horario. O servizo de transporte para o alumnado tamén funcionará con normalidade.

O IES Macías o Namorado quere dar a benvida a toda a comunidade educativa a este novo curso 2023-2024. 

TRANSPORTE ESCOLAR PARA ALUMNADO DE ENSINO NON OBRIGATORIO

As solicitudes de uso do transporte escolar gratuito, para o alumnado de ensino non obrigatorio, deberánse facer antes do próximo mércores 06 de setembro, debido ao adianto dos prazos fixados pola Consellería.

O formulario de solicitude pódese cubrir no propio centro ou descargar nesta páxina web para a súa entrega no IES.

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACION DO FONDO DE LIBROS

IMPORTANTE: está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de adxudicación do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en ESO para o curso 2023-2024. 

Poden consultar as listaxes na entrada do IES.

ESTAS LISTAXES NON PODEN SER FOTOGRAFADAS  en cumprimento coas leis de protección de datos. A axuda para vales de material pode consultarse coa Vicedirección do IES.  Na rede tamén poden consultar estas resolucións con Chave 365 ou con Certificado Dixital, a través da aplicación fondolibros.

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

 

Xa están dispoñibles as listaxes dos libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024.

Consulta os arquivos adxuntos.

 

 

CALENDARIO DE MATRICULA

Achégase calendario de matrícula para a vindeira semana.

SERVIZO DE TRANSPORTE DÍA 23/06

Estimadas familias,

Mañán día 23 de xuño, o transporte escolar funcionará nas súas rutas habituais; iniciando o servizo ás 11:30 horas para permitir a chegada ao IES ás 12h (hora prevista de entrega dos boletíns de cualificacións). 

O servizo iniciará o regreso aproximadamente ás 12:45h.

Lembramos que as cualificacións estarán dispoñibles tamén a través de ABALAR.

EXCELENTES RESULTADOS DELF SCOLAIRE

A Alianza Francesa acaba de remitir os resultados dos nosos alumnos no exame do DELF Scolaire, unha vez máis, o Departamento de Francés, logo de traballar intensamente acadou uns resultados excelentes.

Maís do 90% do alumnado acadou unha cualificación positiva coa que lograron acreditar unha competencia lingüística nos niveis B1 e B2 !!!

NORABOA AO ALUMNADO E Á DOCENTE!!

MURAL NA FACHADA DO IES

O IES Macías o Namorado, promoveu a ampliación do mural que se iniciara no ano 2021, escollendo este ano, lugares e referencias icónicas da vila de Padrón tan recoñecibles como: o Santiaguiño do Monte, O Pedrón e a barca da Traslatio, A Ponte, O Espolón... O ano anterior os motivos centráronse na biografía de Macías o Namorado.

PARA VER AS NOVAS DE PRENSA DO NOSO MURAL CLICA AQUÍ

              

Trátase dunha intervención de arte urbana que inclúe pintura e mosaico, empregando materiais de refugallo, pero aportando valor engadido co emprego de restos de cerámica de Sargadelos.

              

Esta iniciativa ten moita presenza e visibilidade, por estar localizada nunha zona pola que discorre o Camiño de Santiago. Todo o alumnado da ESO do Macías  colaborou (case 200 alumnos e alumnas, en distintas quendas), así como o alumnado de 6º de primaria do CEIP Rosalía. Todos eles estiveron coordinados polo mestre e artista Xerardo Rodríguez Ramos, (ao que agradecemos a súa colaboración), e que deseñou o mural e a secuencia de imaxes sobre os bocetos de Sofía Núñez alumna de 1º Bacharelato do propio IES.

OFERTAS EMPREGO SETEMBRO 2023

OS INTERESADOS DEBEN ENVIAR CV A rrhh@russula.com

TÉCNICO/A SCADA SIN EXPERIENCIA

 RESPONSABILIDADES PRINCIPALES:

  • Reforzar el departamento de HMI, desarrollando sistemas que cubran las necesidades del cliente en base a las especificaciones funcionales definidas que incluyen:

  •  Diseño, configuración y mantenimiento de las aplicaciones de HMI, cumpliendo los requerimientos del proyecto y coordinándose con el área de Automatización y Control.
  • Participar en las revisiones del código tanto internas como con el cliente, resolución satisfactoria de incidencias y/o dudas que pueden surgir tras las pruebas realizadas con el objetivo de minimizar los contratiempos en la fase de instalación y puesta en marcha.
  •  Instalación y configuración apropiada de las comunicaciones de OT en planta para dar conectividad a PLCs, HMI servers, HMI clientes, etc., usando distintas familias de protocolos (Siemens, Rockwell, ABB, etc.).
  •  Instalación, configuración y optimización de los sistemas de base de datos (SQL): Implementación de recetas, almacenamiento de alarmas e información de la producción.
  •  Dar soporte y formación a nuestros clientes sobre el funcionamiento del software de HMI, redes y equipos informáticos.

 REQUISITOS:

  • Estudios mínimos: FP Superior en Automatización y Robótica Industrial, FP Superior en Administración en sistemas informáticos y Red y/o FP Superior en Desarrollo de aplicaciones multiplataforma.

  •  Conocimientos valorables: WinCC, Factory Talk, Wonderware, Ignition o Ifix.
  •  Experiencia mínima: No requerida.
  •  Idiomas: inglés nivel mínimo B2.
  •  Disponibilidad para viajar y estancias en el extranjero. 

PROBAS EXTRAORDINARIAS 2º BACHARELATO ATENCIÓN ACTUALIZADO 05/06

ATENCIÓN!! MODIFICACIÓN NO CALENDARIO ORIXINAL.

ACTUALIZADO O 05/06/23

Queda publicado o calendario de celebración das probas extraordinarias para o alumnado de 2º de Bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut