Skip to Content

Extraescolares

Saída Club de Lectura

Por fin se puído organizar esta esperada saída!

Tras varios adiamentos, o pasado martes 26 de abril o alumnado de ESO participante no Club de Lectura da Bilbliteca do noso IES desrazouse ata Lugo para visitar o Museo Provincial desta cidade e poder participar nas actividades propostas, arredor Contos de fantasmas no museo.

Máis información no blog da Biblio.

6ª sesión do CP Iguála-T

O pasado xoves 21 de abril foi a nosa última sesión coa especialista en comunicación creativoa, Cristina de la Torre. Resultou ser unha xornada moi proveitosa, pois nas 3 horas que durou este obradoiro:

- Revisamos todas as entrevistas realizadas.

- O alumnado sacou varios titulares e fixo a escolla duos que aparecerán no noso panel interactivo. Para isto, Cristina explicou a importancia de fuxir do clickbait e de respectar o interese divulgativo da persoa entrevistada.

- Aprendimos a editar e montar vídeos, co programa premier. Puntualizáronse algúns aspectos técnicos como ganancia, luz/contraluz, eliminación de ruídos...

- Rematamos de maquetar o noso panel, tomando as últimas decisións sobre o deseño.

Todas as entrevistas estarán accesibles mediante un código qr, que enlazará a un canal creado esepecificamente para este proxecto. Xa queda pouco para rematalo e poder mostralo no noso insti!

5ª sesión do CP Iguála-T

Nesta sesión adicamos a primeira parte a revisar a entrevista á investigadora María de la Fuente, e a preparar a do pediatra Federico Martinón Torres. Reflexionamos sobre a importancia de ter honestidade á hora de editar unha entrevista, respectando sempre a visión e opinión da persoa entrevistada, esteamos ou non de acordo.

Na segunda parte da sesión, comezamos a fase da creación do noso produto: un PANEL INTERACTIVO, no que se poderá acceder ás diferentes entrevistas que preparamos. A rapazada aprendeu a facer:

- Unha montaxe física do panel, recortando e pegando, probando e expoñendo ideas.

- Unha montaxe dixital: coñeceron a ferramenta CANVA, na que deseñaron o panel.

Ademais, escolleron un nome ben xeitoso e moi acertado para o equipo: IGUALA-TEAM.

Coma sempre, deixámosvos algunhas fotos do making-of:

Isto vai tomando forma!

4ª sesión do CP Iguála-T

O martes 22 de marzo continuamos co noso proxecto, nesta ocasión preparando dúas entrevistas:

  • A primeira, en directo, á inmunóloga Iria Gómez Touriño, investigadora do CIMUS e profesora na Facultade de Farmacia. Esta experiencia foi toda unha aprendizaxe para o alumnado, pois tivo que afrontar numerosas dificultades técnicas nunha gravación que desde o primeiro momento estivo chea de incidencias. As rapazas e rapaces demostraron ter capacidade de superación e actitude positiva fronte a todos estes obstáculos. Agradecemos a Iria a súa paciencia.

  • A segunda, que será en diferido, a Sabela Ramos Garea, enxeñeira informática padronesa residente en Suíza, especializada en machine learning. Grazas Sabela por manter este compromiso con nós, buscando ocos na túa axenda para poder concertar esta entrevista, finalmente "offline".

E tamén algunhas fotos do obradoiro con Cristina de la Torre:

A seguir investigando, reflexionando, traballando pola Igualdade!

3ª sesión do CP Iguála-T

Nesta 3ª sesión o equipo Iguála-T volveu a tomar o mando das entrevistas, nesta quenda, tocou ser internacional, pois contactamos con Lúa López Pérez, profesora na Universidade Estatal de California San Bernardino e investigadora no campo da Ecoloxía Evolutiva e Conservación.

Lúa colaborou xenerosamente con este proxecto, asumindo o desfase horario de 9 h, co que a entrevista supuxo para ela restarlle horas ao seu descanso para atendernos antes de ir traballar. Por isto, todo o equipo implicado neste proxecto está infinitamente agradecido.

O alumnado preguntou a Lúa cuestións sobre as desigualdades na Ciencia, indo máis alá do sesgo de xénero, pois tamén falaron do handicap que para ela supuxo ser investigadora nun país estranxeiro.

Levámonos desta sesión a súa disposición, a súa honestidade e a súa capacidade de empatizar co alumnado. De corazón, grazas Lúa!

2ª sesión do CP Iguála-T

Nesta 2ª sesión, o alumnado que participa neste proxecto comezou a acción! Que ganas tiñamos!

Despois de facer un breve repaso do tratado na sesión anterior, nesta ocasión Cristina de la Torre quixo introducir ao alumnado no mundo audiovisual:

- Coñeceron a importancia do escenario, da luz, do enfoque, do son, etc.

- Tamén recibiron pautas imprescindibles para facer unha boa entrevista.

Cando tiveron todo a punto, comezaron a parte práctica do obradoiro entrevistando a dous dos nosos profesores de Formación Profesional, da rama de Electricidade: Cristina Rey e Manuel Vázquez, que responderon ás súas cuestións colaborando así co noso proxecto. A rapazada desenvolveuse de marabilla, coas preguntas que prepararon previamente, pero tamén traballaron a improvisación a partir das respostas que lle ían dando Cristina e Manuel. Moi bo traballo xornalístico e audiovisual.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

        

Unha gran xornada!

Adiada a actividade do Club de Lectura do martes 18 de xaneiro

Debido á situación epidemiolóxica actual en relación á COVID-19, queda adiada a saída a Lugo prevista para o martes 18 de xaneiro, dirixida ao alumnado participante do Club de Lectura Bibliomacías.


Espérase poder reorganizala pronto!

1ª sesión do CP Iguála-T

Onte comezou a parte práctica do Contrato Programa Iguála-T que se está a desenvolver no noso centro. Cristina de la Torre, especialista en comunicación creativa e na creación e produción de contidos audiovisuais e educativos, é a encargada de dirixir estes obradoiros.

Un grupo voluntario de rapazas e rapaces de 2º e 3º ESO asistiu a esta primeira xornada, na que puideron expoñer as súas ideas previas sobre igualdade, e analizar diferentes situacións e datos sobre a autopercepción das mulleres nas habilidades STEM, a brecha salarial, o teito de cristal, a porcentaxe de mulleres nas profesións máis técnicas, etc.

Finalizamos o obradoiro comentando os posibles formatos para traballar esta temática. O alumnado terá que escollelo a través dun pequeno cuestionario que estará dispoñible no curso virtual creado para este proxecto a comezos de novembro.

Despois de Nadal retomaremos con forza para darlle forma a esta importante iniciativa.

 

Galiciaskills 2021: 6º campionato galego de Formación Profesional

Este venres 8 de outubro o alumno Miguel Pousada Parente, que cursa 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas, representará ao noso centro no Galiciaskills, un campionato de Formación Profesional que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén convocando dende hai xa 6 anos.

Con esta iniciativa preténdese dar maior proxección e difusión á Formación Pofesional que se imparte en Galicia.

Moita sorte, Miguel!

Distribuir contido


by Dr. Radut