Premios

I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor"

Onte, na Sala de Exposicións de ABANCA, foron entregados os premios do I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor". Foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello da Estrada, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO. Tres alumnos do noso centro resultaron gañadores na categoría masculina:

- 1º premio: José M. Rey Llobet (2º ESO B).

- 2º premio: Pablo Diéguez Rebolo (2º ESO A).

- 3º premio: Daniel Parada Figueiras (2º ESO A).

Máis información neste enlace.

Parabéns aos premiados!

Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"

O pasado xoves 2 de xuño, na Biblioteca do IES Antón Losada Diéguez, tivo lugar a entrega de premios do concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada". Neste acto participaron, ademais das rapazas premiadas, @s director@s dos IES estradenses que convovaban o evento. A nosa alumna María Rozados Balboa de 3ºC resultou gañadora na categoría de 2º ciclo de ESO.

Parabéns a todas as gañadoras!

Rosalia 6.jpeg

Premiad@s no concurso "Serán das Letras"

A Asociación Cultural San Campio de S. Miguel de Sarandón (Vedra) convocou o concurso "Serán das Letras" no que varios membros da nosa comunidade educativa resultaron premiad@s:

- Na categoría 10-12 anos obtivo un premio compartido Hugo Iglesias González, de 1º ESO C, con "O mellor día da miña vida".

- Na de 13-17 anos resultou gañadora Ainhoa Vivel Couso de 4º ESO A con "Tan azul coma o mar só é o galego".

- Finalmente, na categoría de adultos, Marisa Otero con "Dicere".

Moitísimas felicidades a tod@s!

Premios na MeGaBiblioteca

O pasado venres no 2º recreo tivo lugar a entrega de premios do "Lector do mes" e "O luns da problemas", actividades organizadas pola MeGaBiblioteca. Os gañadores foron os seguintes:

  • Lector do mes: Guaire Fernández
  • O luns da problemas: Diego Valcárcel
24660574381_a6620bc7fc.jpg

Mónica Varela gaña o premio Arume de Poesía

Mónica Varela Gestoso, profesora de Lingua Castelá e Literatura no noso centro, foi a gañadora da octava edición do Premio Arume de Poesía. A entrega do mesmo tivo lugar o domingo 24 de xaneiro de 2016. La Voz de Galicia e El Faro de Vigo informan sobre o evento.

Premio Arume de Poesía 2015

A profesora do noso centro Mónica Varela Gestoso ven de gañar, co poemario Soños de neno, o Premio Arume de Poesía 2015 outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas.

Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

Premio para o proxecto "Axencia literaria"

O proxecto "Axencia literaria", realizado polos alumnos de Lingua Castelá e Literatura de 4º da ESO (curso 2014-2015) e coordenado pola profesora Mayte Leis, vén de ser premiado no II Concurso de Traballos por Proxectos, que convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (resolución da Consellería)
Os premiados reuníronse onte na biblioteca, colaboradora no proxecto, para celebrar a noticia. Podedes ver todas as fotos neste álbum.

Premio no concurso Anomar de poesía

A profesora do noso centro Marisa Otero resultou gañadora do concurso Anomar de poesía, convocado pola Asociación Cultural Os Tilos, na categoría de adultos.

Moitas felicidades!

Parabéns a Ariadna Silva Fernández polo premio na terceira edición de "Foto con sentimento"

Ariadna Silva Fernández, ex-alumna do noso Centro, vén de gañar o premio da terceira edición do "Foto con sentimento", organizado polo Concello de Santiago.

Parabéns de parte de toda a comunidade educativa!

Premiados e finalistas Concursos ADEGA

Vari@s alumn@s do noso centro e unha profesora resultaron finalistas ou premiados nos concursos de ADEGA 2015. Foron os seguintes: Sandra Ferreiro García de 4º ESO C gañou o 1º Premio Xuvenil do concurso O lugar onde vivo coa obra “A praia dos meus recordos”. Resultaron finalistas nesta mesma categoría María Rozados Balboa (3º ESO C), Elías Brea Filloy (1º ESO C) e Carlota Neira Cao (1º BAC. A). A profesora Marisa Otero foi finalista con “Carme” no concurso E ti que é o que vés?. Parabéns a tod@s!

P1139808.JPG

Acto de recoñecemento aos mellores expedientes dos centros de Ensino Medio de Galicia

O pasado martes 30 de xuño tivo lugar no Auditorio de Galicia o acto de recoñecemento aos mellores expedientes do curso 2014-15 dos centros de Ensino Medio de Galicia organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Representando ao noso centro foron Lucía Tilve García, Thais Rey Azurmendi e Martín Mato Búa. Parabéns!

XIII Concurso de Contos Aspamite

Felicitamos a María Rozados Balboa, alumna do noso centro, por resultar gañadora do 2º premio de secundaria do XIII Concurso de Contos Aspamite.

II Festa das Palabras

El Faro de Vigo informa sobre a II Festa das Palabras, un certame organizado polos departamentos de normalización lingüística de todos os centros educativos do concello.

XII Premio relatos curtos e contos

A alumna deste centro de 3º da ESO, ALBA MATO BÚA, acadou o 3ª premio no Certame de Relatos curtos e contos convocado pola “Fundación amigos de Galicia” na categoría B; premio consistente en “Material didáctico ou escolar por valor de 100 €”. A entrega do premio será no Colexio San Vicente de A Baña.

¡Moitos parabéns, Alba!

XXV CONCURSO DE CONTOS VILA DE PONTEDEUME

A alumna de 3ª da ESO deste centro, SANDRA FERREIRO GARCÍA, resultou única gañadora do “XXV Certame de Contos Vila de Pontedeume”, certame onde podían concursar estudantes de 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos. O premio único estaba dotado coa cantidade de 759´50 €. O presidente deste Certame foi o gran escritor galego Agustín Fernández Paz. Este premio foi entregado o 17 de Maio.

¡Parabéns, Sandra, e a seguires coa túa traxectora literaria!

Aquí, a noticia en La Voz de Galicia.

Distribuir contido