Premios

Premio

A alumna Elisa Barcala Gosende, de 1º ESO A, resultou gañadora do primeiro premio, na súa categoría, do Concurso de Cartas de Amor do Concello de Vedra.

Noraboa, Elisa.

Premio a Innovación Educativa 2010

Información en La Voz de Galicia, onte, martes 8 de febreiro de 2011, sobre a entrega en Santiago dos premios a innovación educativa do ano 2010, con mención especial ao IES Manuel García Barros polo seu galardón ao traballo Dairas.

Premio a Innovación Educativa

Orde pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario.

Felicitación do Conselleiro polo premio Crearte

O Conselleiro de Educación, Sr. Jesús Vázquez Abad, vén de enviar unha felicitación á Dna. Giséle Maïssa, directora do MGB, onde lle transmite "a súa noraboa persoal e da Consellería polo premio Crearte, que supón para o MGB a consideración de centro creativo de referencia nacional para o Ministerio de Cultura, sendo o primeiro instituto galego en acadar este recoñecemento". Podedes ler aquí a carta completa.

"Dairas", gañadora dos premios Crearte 2010

"Dairas", a curtametraxe de animación stop-motion do Taller de Creación Artística do MGB vén de recibir un novo galardón.

Neste caso trátase dos Premios Crearte 2010, convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade no ensino secundario (modalidade B, BOE luns 15 de marzo de 2010).

O premio consta dunha dotación económica de 23.000€ e dunha acreditación do Centro por parte do ministerio de educación como "Centro Educativo Creativo".

Na imaxe podemos ver aos profesores que forman parte do proxecto: Miguel Carbajal, Xoan Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño.

Unha vez máis, noraboa a todo o equipo!

Podedes ver as reseñas aparecidas na prensa:

premios_crearte.jpg

Dairas, 3º premio no Festival de Cine de Ourense

A Curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do M.G.B. resultou gañadora do 3º premio, na XV edición do festival Internacional de Cine de Ourense, sección Ouff escola. Podedes ler aquí unha crónica do acto.
 
O primeiro premio correspondeu ao IES Europa de Ponferrada, coa súa obra "Xemelgos", e o segundo ao IES de Porto do Son, polo seu traballo "Mar", que podedes ver aquí.
 
Parabéns á gran familia que formamos DAIRAS

Apertas a tod@s

DSC_0301_bis.jpg

Acto de recoñecemento aos "mellores expedientes"

O pasado 9 de xullo os alumnos de 2º de Bacharelato Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López asistiron en Santiago ao acto de recoñecemento aos  mellores expedientes académicos de Bacharelato, acto organizado pola USC.

Os nosos parabéns.

mellore_expedientes_2010.jpg

Unha alumna do MGB recibe unha beca para EEUU

A alumna do MGB, Paula Romero Bermúdez, conseguiu unha beca para pasar un ano académico en Estados Unidos. Esta beca pertence ao programa de becas High School da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega.

Esperamos que a súa estancia sexa agradable e proveitosa. NORABOA.

1º premio do concurso de contos de ASPAMITE para un alumno do noso centro

O alumno de 1º de ESO Martín Mato Búa resultou gañador do 1º premio de secundaria do concruso de contos ASPAMITE polo traballo titulado "Unha viaxe moi interesante". PARABÉNS A MARTÍN POLO PREMIO!.

Laura Carrillo, gañadora do XI premio de Relatos Curtos "Xaquina Trillo"

Laura Carrillo Neira, alumna de 1º de Bacharelato C, resultou gañadora do XI premio de Relatos Curtos e contos "Xaquina Trillo" organizado pola Fundación Amigos de Galicia, cola colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O premio son 200€ e 20 libros, así como tamén a mesma contía de libros para o Centro. O relato co que gañou titúlase "Renacer da Eternidade". O premio seralle entregado o vindeiro luns día 17 de maio, nun acto oficial celebrado no Concello de Vilagarcía ás 12:30 horas da mañá.
f1.jpg

ÉXITO DE DOUS ESCRITOR@S DO MANUEL GARCÍA BARROS

Os alumn@s seguintes resultaron seleccionados no concurso "Ritmo - A - Poesía", organizado por JÓVENES ESCRITORES (Asociación de Málaga).

  • Alejandro Regueira Suárez (1º BachB)
  • Fátima Gómez Brey (1º Bach C)

O libro "Ritmo - A - Poesía - Galicia" será publicado no mes de xullo. Nel aparecerán as obras destes xoves autores.

Noraboa aos dous.

A alumna Rocío Mato Búa na prensa

A prensa fíxose eco do éxito acadado pola alumna Rocío Mato Búa logo de conseguir estar entre os 20 mellores expedientes académicos galegos da ESO:

NORABOA POLO SEU ÉXITO E ESFORZO!!

Rocío Mato, Premio ao Rendemento Académico 2008/09

Rocío Mato Búa, alumna de 1º de Bachillerato A do noso centro obtivo, xa oficialmente, o Premio Extraordinario de Ensinanza Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico no curso  2008-2009 cunha calificación final de 43,6 puntos.
Hai 20 premios en toda a Comunidade para os que se presentaron un total de 333 alumnos aproximadamente.
375px-Laurel_wreath.svg.png

Éxito dos estudantes do MGB nos Premios Extraordinarios da ESO

A Comunidade educativa do IES “Manuel GARCÍA BARROS” quere felicitar aos alumn@s de 1º de Bacharelato que se presentaron ao exame de Premio extraordinario da ESO o pasado 9 de decembro, os cales contaban cunha nota media mínima no expediente académico da ESO de 9 puntos:
  • Carbajales Neira, Cristian
  • De la Calle Cuevas, Manuel
  • Picallo Otero, Lara
  • Rodríguez Castro, Marta
  • Vilar Rebolo, Helena
  • Mato Búa, Rocío

Unha vez publicadas as puntuacións provisionais obtidas por cada un, comprácenos  informar que a alumna Rocío Mato Búa figura entre as 20 mellores puntuacións e que, de non haber modificacións, contaría cun Premio Extraordinario da ESO, correspondente ao curso 2008-2009.
Tamén informamos que a alumna Yasmina Vázquez Varela conseguíu, dentro da listaxe provisional, un Premio Extraordinario de ESO ao esforzo e superación persoal correspondente ao curso 2008-2009. Tamén a prensa se fixo eco desta boa nova.

 
Noraboa a todo@ eles polo seu esforzo.

Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria

Con data de 9 de novembro de 2009 remitiuse á Dirección Xeral de Educación a documentación relativa aos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria, na modalidade de rendemento académico, dos seguintes alumnos do MGB:

  • Carbajales Neira, Cristian
  • De la Calle Cuevas, Manuel
  • Mato Búa, Rocío
  • Rodríguez Castro, Marta
  • Vilar Rebolo, Helena
Distribuir contido