Premios

Premios

As alumnas Mariña Pena (1º ESO C) e María Villamor (1º ESO Agrupamento) resultaron gañadoras do primeiro e segundo premio na súa categoría no concurso Typewriter da Cidade da Cultura. Noraboa ás gañadoras e á profesora Marisa. 

 Esperamos que tod@s sigades participando nos concursos promocionados no instituto.

Premio para unha profesora do centro

La Voz de Galicia informou o domingo 20 de novembro de 2011 sobre a concesión dun premio a Chelo Vázquez Rozas, profesora neste centro.

Dous alumnos "de matrícula"

O xornal Capicúa Municipal publicou o mércores 9 de novembro de 2011 unha reportaxe sobre Cristian Carbajales Neira e Marta Rodríguez Castro.

Entrega de premios "Novos Contidos Dixitais"

A profesora do MGB Chelo Vázquez recolleu o premio ao desenvolvemento de contidos educativos dixitais polo seu traballo "La narración", xunto coa profesora María Isabel Blanco (IES nº1), de mans do Conselleiro de Educación, nun acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Máis información nesta ligazón.

Premios de contidos dixitais ao profesorado

A profesora do noso centro, Mª Consuelo Vázquez Rozas, xunto con outra compañeira doutro centro, acadou un premio convocado pola administración educativa, en colaboración coa Secretaria Xeral de Modernización.

Noraboa as premiadas.

Noraboa ao centro.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2010/2011

A consellería de Educación recollía onte na súa web a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato 2010/11 a 20 estudantes galegos (2 deles do noso Centro, Marta Rodríguez e Cristian Carbajales).

Os galardonados recibirán unha compesación económica de 1.000€ polo seu traballo e poderán optar aos Premios Nacionais, ademais dun diploma acreditativo nun acto público.

Éxito dunha alumna

Ariadna Silva Fernández, alumna do noso centro, gañou cunha foto o premio "Agua y vida", promovido por "El Corte Inglés". Desto informa El faro de Vigo de hoxe, 21 de outubro de 2011.

Dámoslle a noraboa.

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2010-2011

Nos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2010-2011 dous alumnos do noso Centro obtiveron as seguintes posicións e puntuacións:

  • Marta Rodríguez Castro, segunda, con 26,2 puntos.
  • Christian Carbajales Neira, sexto, con 25,4 puntos.

Noraboa aos interesados. Noraboa ao Centro.

Premios para o MGB no concurso "Agua y vida"

A alumna de 4º ESO A, Ariadna Silva, e a profesora Marisa Otero, resultaron premiadas no "Concurso Agua y vida", organizado polo Corte Inglés, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago. Ariadna  foi a Gañadora do concurso de fotografía na súa categoría e Marisa obtivo un accesit en narración breve na categoría de adultos. O concurso foi promovido durante a Titoría de 3º ESO A o curso pasado. Felicitamos tamén ao Colexio do Foxo, que gañou un premio colectivo por presentar o maior número de fotografías.

Captura de pantalla 2011-10-16 a las 17.00.52.png

Premios Extraordinarios Eso 2010-2011

O martes 18 de outubro terán lugar en Pontevedra as probas para a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011. Tres alumnas van representar ao noso centro:

  • Nerea Gestoso Uzal
  • María Goldar Barreiro
  • Paula Otero Sánchez

Premio do Público OUFF Escola 2011

Catro traballos realizados no MGB optan ao Premio do Público do III Certame Audiovisual do Festival OUFF Escola Ourense 2011.

O sistema de votación leva aberto dende o 14 de setembro e seguirá ata o 5 de outubro. Para votar só temos que elixir o vídeo desexado e darlle a LIKE (o corazón).

* Para que o voto sexa válido temos que ter previamente (ou crear de novo) unha conta en Vimeo.

Captura de pantalla 2011-09-21 a las 18.06.38.png

Premio Extraordinario Bacharelato

Nas cualificacións provisionais dos Premios Extraordinarios de Bacharelato aparecen os nosos alumnos Marta Rodríguez Castro e Cristian Carbajales Neira coas segunda e quinta mellores puntuacións de toda Galicia. O alumno Marcos Vilar Arjones acadou tamén unha boa cualificación. Podes consultar a lista dende aquí.

Novo Diploma para o Centro

A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe e a de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, concedéronlle ao noso Centro un Diploma pola súa participación na xuntanza "O alumnado é o protagonista", celebrada o pasado 26 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Accésit na III Olimpiada Galega de Química

O alumno Víctor Fariña Torres de 4º ESO-A, acadou un accésit  na  III Olimpiada Galega de Química para alumn@s de ESO realizada o venres 27 de maio na Facultade de Química (USC). Noraboa!!!

Adxuntamos a Acta onde figuran os centros gañadores, e que pode ser consultada neste documento.

Unha alumna premiada Contos Aspamite

Eva Doporto Puente, alumna do noso centro, obtivo o 1º premio de secundaria no IX Concurso de Contos Aspamite (Asociación de pais de minusválidos de Teo).

Noraboa!

Distribuir contido