Premios

Premio de Poesía María Mariño para a profesora Teresa Iglesias Yugat

A nosa compañeira Teresa Iglesias Yugat vén de recibir o premio de poesía María Mariño. Recibiu o galardón o pasado sábado nunha gala literaria. Parabéns.

II edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

Fallados os premios da II edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada. Na presente edición, resultaron premiados/as os seguintes alumnos/as do noso centro: Patricia Riveira Magán (2º B ESO), Alba Mato Búa (3ºB ESO) e Uxía Prado Cerqueiro (1ºC BACH), na sección de microrrelatos e María Rozados Balboa (2º A ESO), Nicolás Luna Puente (3º C ESO) e Lucía Tilve García (2ºA BACH), na sección de micropoemas.
Os traballos gañadores, que serán publicados proximamente nun libro colectivo, xa se encontran no web de normalización do centro. Podedes acceder a eles picando nesta ligazón: blogue de creación literaria

DSC_1278_2.JPG

Premio Euroscola 2014: participación dos Afar no Parlamento de Estrasburgo

O vindeiro venres 28 o equipo Afar, un dos doce gañadores do Premio Euroscola 2014, participará nunha sesión do Parlamento Europeo de Estrasburgo xunto con equipos dos restantes países da Unión Europea.

Lucía Vázquez, Andrea Durán e María Durán serán as encargadas de presentar ao equipo e ao centro nunha sesión plenaria. Falarán respectivamente en inglés, francés e galego.

Podedes seguir a sesión nesta ligazón.

Aproveitamos para volver a agradecer a todos os que dun xeito ou outro prestástedes algunha axuda ao equipo.

Premios Aspamite

Dúas alumnas do Centro acadaron sendos premios no concurso de relatos convocado pola Asociación de Pais de Persoas con discapacidade intelectual de Teo (Aspamite). El Correo Gallego dou conta do evento.

Aquí, as fotos.

Entrega do premio Euroscola 2014 ao equipo Afar de 4º ESO C

Na mañá de hoxe, 10 de xuño, o equipo Afar recibiu o premio Euroscola 2014 de mans do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado. Agradecer a súa amabilidade, e dispoñibilidade para axudarnos na medida do posible a cofinanciar a viaxe a Estrasburgo do vindeiro 28 de novembro. Como todos sabedes, esta actividade formou parte do traballo na materia Ética e Cidadanía en 4º ESO C. Presentáronse máis de 600 traballos en toda España, e os Afar estiveron entre os 12 mellores.

Non esquezades leer o noso blog. Veredes o por que do premio.

Entrega de premios de Microrrelatos e Micropoemas: 1ª Festa das Palabras

O luns día 9 fíxose entrega dos premios de Microrrelatos e de Micropoemas ao alumnado gañador dos diferentes centros de ensino da Estrada promovido polos ENL dos Centros. Polo noso centro resultaron gañadores  en microrrelatos PATRICIA RIVEIRA MAGÁN (na categoría de 1º ciclo secundaria) e ISAAC RIVADULLA MATALOBOS (en Bacharelato); en micropoemas ANA CARBÓN CASTRO (1º ciclo secundaria) e LUCÍA TILVE GARCÍA (bacharelato).

El Faro de Vigo informa nas súas páxinas sobre esto.

Premios XII Concurso de Contos ASPAMITE

No XII Concurso de Contos de ASPAMITE, dúas alumnas de 2º ESO do noso instituto acadaron os seguintes premios:
- 2º premio de secundaria, Sandra Ferreiro García polo traballo “unha carta que recordar".
- 3º premio de secundaria, Lucía Dios Reytor polo traballo “Ana Trevor
 O acto da entrega de premios terá lugar o día 14 de xuño, ás 18:00 horas no Hotel Congreso (concello de Teo).

1º Certame de microrrelatos e micropoemas "Traballando xuntos"

Acaban de se fallar os premios do 1º Certame de Micropoemas e Microrrelatos convocado polos Equipos de Normalización Lingüística do Concello da Estrada, resultado gañador@s no noso Centro: Ana Carbón Castro (2º ESO A)  co micropoema “Os ollos do mencer” e Patricia Riveira Magán (1º ESO C) co microrrelato “Xusto naquel intre…” na categoría de 1º e 2º ESO; en canto á categoría de Bacharelato  resultaron gañadores Lucía Tilve García (1º Bach. B) co micropoema “E voando” e Isaac Rivadulla Matalobos co microrrelato “Boom!”. Parabéns a tod@s.

Os AFAR, alumnos de Ética de 4º ESO C, gañadores do concurso estatal Euroscola 2014

O equipo Afar, formado por toda a clase de 4º ESO C, está entre os doce gañadores do concurso estatal Euroscola 2014 e...o ano que ven viaxaremos a Estrasburgo para participar nunha sesión do Parlamento Europeo!

Se queredes saber por que nos chamamos AFAR, ou cal foi o traballo desenvolto, botádelle un ollo ao noso blog no seguinte enlace:

http://euroscolamgbafar.blogspot.com.es/

Equipo Afar

Un equipo do MGB gaña o segundo premio no concurso Consumópolis 9

Un novo curso, e xa van tres seguidos, un equipo de alumnos e alumnas do MGB, coordinados polo profesorado do Departamento de Tecnoloxía, gaña no concurso escolar Consumópolis, esta vez na categoría para 3º e 4º da ESO, cun 2º premio a nivel galego. Este concurso está organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a Consellería de Economía e Industria, tendo por obxectivo que o alumnado reflexione de forma consciente, crítica e solidaria sobre distintos aspectos do consumo responsable, contribuíndo ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores. A actual novena edición estivo adicada ao uso responsable das TIC e titulada "Consumir entre pantallas".

O equipo gañador está formado por:

  • Rubén Bustelo Arca (4º ESO B)
  • Carlota Pereiras Matalobos (4º ESO C)
  • Uxía Prado Cerqueiro (4º ESO B)
  • Adrián Rey Quintás (4º ESO B)
  • Andy Torres Blanco (4º ESO B)

Na imaxe adxunta da dereita podedes ver o cartel da proba final co que gañaron este 2º premio.

Noraboa aos gañadores!

O Conselleiro de Cultura e maila Presidenta do Instituto Galego de Consumo felicitaron á comunidade educativa polo premio. O traballo representará á Comunidade Autónoma na fase estatal. Prema aquí se quere ver a fecilitación completa.

El Faro de Vigo deu conta da noticia nas súas páxinas.

cartel_definitivo_consumopolis9.jpg

Dives Gallaecia e Concurso Odisea 2014

No Faro de Vigo aparece a entrevista feita ao profesor deste IES Álvaro Pérez Vilariño como coordinador do Proxecto "Dives Gallaecia", recentemente premiado por partida dobre,  e tamén  outro artigo da participación do alumnado, vinculado tamén a este proxecto, no concurso Odisea 2014.

Dives Gallaecia na TVG

No telexornal de onte saiu a reportaxe realizada no Centro sobre o Proxecto Dives Gallaecia. 

NOVOS RECOÑECEMENTOS PARA ALUMNOS/AS DO MGB

No IIIº CONCURSO DE RELATOS "O LUGAR ONDE VIVO", en categoría xuvenil foron finalistas ANDREA GUTIÉRREZ TORRES (2º Bacharelato) co relato "Nun recuncho do mundo xa case esquecido" (Diploma) e ALBA MATO BÚA (2º ESO) co relato "Días de outubro" (Diploma).

No IIIº CONCURSO "FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO", en categoría de adultos o 1º premio foi para MANUEL BREY PAZOS (2º Bacharelato) coa foto "Os montes esquecidos nas cinzas" (200 € e diploma)

En categoría xuvenil (de tres fotos finalistas) dúas fotos de ARIADNA SILVA FERNÁNDEZ (2º Bacharelato) tituladas "Pequeno salto" e "A auga descansa" acadaron cadanseu diploma.

Parabéns de parte de toda a comunidade educativa polo voso traballo.

Publicación dos premios extraordinarios de ESO

O pasado luns, 30 de decembro de 2013, deuse a coñecer no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2012/2013, convocados pola Orde do 22 de xullo de 2013, na que saiu premiada unha alumna do noso centro, Thais Rei Azurmendi.

Dives Gallaecia: 1º Premio de innovación educativa

O Proxecto sobre a romanización de Galicia, Dives Gallaecia, foi galardoado co 1º premio na convocatoria dos Premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso 2012-2013, convocados pola Consellería de Educación, na súa modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos. O premio ten unha cuantía de 3.000 euros. O traballo, coordinado polo profesor Álvaro P. Vilariño, contou coa participación dos profesores Marisa Otero e Miguel Bugallo e de varias promocións de alumnos de Latín e grego do MGB.

Como explica na súa web, Dives Gallaecia é...

  • Unha base de datos de material audiovisual, con vídeos en alta definición e imaxes de alta calidade con licenzas CC (17 vídeos e case 700 imaxes)
  • Unha forma de colaboración coa Galipedia e Wikimedia Commons
  • Un xeito de descubrir, hic et nunc, en que medida aínda somos romanos.
  • Unha visita virtual aos xacementos arqueolóxicos e museos máis importantes de Galicia.
  • Unha reflexión sobre a conquista militar romana, a explotación dos recursos, a organización administrativa, as vías de
  • comunicación.
  • Un punto de encontro para compartir con outros profesores documentación e actividades deseñadas para a plataforma Moodle.

Mañá, ás 10:30 horas, o equipo premiado dara unha rolda de prensa aos medios. Hoxe aparece a nova no Faro de Vigo.

Este é o seu vídeo de presentación:

Distribuir contido