Skip to Content

Taboleiro de novas

Retos da biblioteca

A biblioteca ten preparados unha serie de retos para poñervos a proba. Cada mes proporán un distinto e acadaredes puntos (selos) pola correcta solución, pero tamén pola data de entrega. 

O día 1 de outubro publicouse no blog o 1º reto, aquí vos deixamos o enlace. Tamén se colocaron nos taboleiros da biblio. Estade atentos!

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO

CONVOCATORIA DE REUNIÓN 

 

Convócase aos pais/nais/titores legais do alumnado do I.E.S. de Meaño a unha reunión no Instituto o vindeiro mércores 5 de outubro, ás 19:45h

En primeiro lugar o equipo directivo tratará sobre aspectos xerais do novo curso e a continuación os pais/nais/totires legais do alumnado manterán unha xuntanza co titor/a do grupo para tratar aspectos do mesmo.

Trátase dunha primeira toma de contacto co titor/a do grupo, e unha ocasión para que éste presente a súa forma de traballo para levar a bo fin a titoría. 

É importante a súa asistencia a dita xuntanza, dado que, soamente coa colaboración das familias, é posible acadar uns bos resultados na educación dos seus fillos/as.

 

A Dirección 

 

Meaño 29/09/2022

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO

  O luns, 7 de marzo, os alumnos de 1º ESO visitaron o Parque Eólico Experimental Sotavento, situado na serra da Loba, entre os concellos de  Xermade ( Lugo) e Monfero (A  Coruña).

 É unha visita que todos os anos organizamos desde o Departamento de CC NN porque aínda que está algo lonxe, dúas horas e cuarto de bus, merece  a pena a viaxe xa que fomenta o aforro e a eficiencia enerxética tan necesarios  nos tempos que corren.

Nada máis chegar , sobre as 11:15 h, nos invitaron a un chocolate con leite quentado nunha cociña solar, para entrar en calor e empezar a visita con ánimo.

A todo o grupo déronlle  unha charla introdución das  vantaxes das enerxías renovables, do aforro enerxético que supoñen e da súa interacción co medio ambiente. Logo, repartiron ao alumnado en tres grupos  e cada un coa súa guía percorreu as distintas fases da visita:

- Vivenda bioclimática: Trátase dunha vivenda demostrativa na que coa orientación axeitada, os materiais de construción da contorna e o uso de enerxías renovables aforra moita enerxía sen renunciar ao confort. Esta visita gustoulles moito porque viron como se pode aforrar enerxía nun fogar e que con pequenos hábitos que eles mesmos poden levar a cabo se consigue moito aforro.

- Funcionamento dun aeroxerador e entrada nun deles. 

- Experimentos con placas solares .

Sobre as 14: 15h remataron as actividades. Pasamos a comer e sobre as 15:00h collemos o bus de regreso.

Todo estivo moi ben e ademais tivemos un día soleado que a esa altitude agradécese.

 

Papiroflexia grúas de papel por María Torres

 A antiga alumna do centro, María Torres, realizou no curso pasado un tutorial en galego sobre a elaboración de grúas de papel (dentro do proxecto 21 días co galego, xa que non había en youtube tutoriais nesta lingua). Agradecémoslle a súa colaboración co proxecto.

INICIO DO CURSO 22_23

Achéganse indicacións sobre o inicio de curso 2022_23

 

 

  • As actividades lectivas comezarán o Xoves 8 de Setembro ás 9:00h para todo o alumnado.
  •  Acto de presentación do curso académico  9:00h horas no pavillón.
  •  Este día as clases rematarán no horario ordinario (14:35h).
  •  Ese día xa haberá transporte escolar

Un saúdo

A dirección

Horario de Verán e Inicio de Curso 22_23

Achégase horario de verán do centro e data de inicio do curso 22_23

 IES DE MEAÑO

HORARIO DE VERÁN DO CENTRO:

XULLO (Do 1 ó 31): DE 9:30 a 14:00

AGOSTO (Do 1 ó 31): Pechado.

SETEMBRO(Do 1 ó 7) : DE 9:00 a 14:00

O curso 22-23 comezará o día 8 de Setembro.

Libros deTexto Curso 22_23

Achégase relación de libros de texto de cara ao curso 22_23

Para o alumnado de 2º e 4º recoméndase non mercar os libros de momento, xa que dende o centro, trataremos de proporcionar os libros que non entran en E-Dixgal ao alumnado, para iso utilizaremos ata esgotarse o fondo de libros existente no centro. No caso de non chegar as existencias será cando o alumnado deberá mercar os libros, polo que é conveniente agardar ata comezado o curso para mercalos.

O alumnado de 1º e 3º , si que pode ir mercando os libros,  xa que nestes cursos entra unha nova lei educativa (LOMLOE) cun currículo novo, os libros son diferentes aos do curso pasado, polo que non dispoñemos de libros no fondo do centro.

En 1º e 2º ESO ,o libro de Francés é recomendable agardar ao inicio de curso para mercalo.

Un saúdo

A Dirección

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 21_22. DATAS DE MATRÍCULA CURSO 22_23

 

Achéganse "Instruccións e información importante" de cara ao remate do curso 21_22 e

as datas de matrícula para o curso 22_23

Prégase sexa leído con atención. Grazas.

Un saúdo

A Dirección.

XORNADA SOLIDARIA

Estimada comunidade educativa, no IES de Meaño contamos con un valor que queremos recoñecer e ó que queremos dar visualización: o traballo e implicación do noso alumnado. Por este motivo celebraremos xornada solidaria “O Meaño que queremos”. Todas as familias que o desexen poderán ver en persoa o resultado do traballo levado a cabo con moito esforzo polos seus fillos e fillas durante o curso. 

Programa da Xornada

Póster da xornada

 

Distribuir contido


by Dr. Radut