Skip to Content

Taboleiro de novas

Gañadores concurso tarxetas de nadal

Estas foron as tarxetas gañadoras do pasado concurso de nadal, parabéns!

 

Plantado árbores con pinceis

O xoves 9 de decembro, entre os dous recreos,  fixemos unha actividade no centro promovida e organizada pola Sede “Afundación” Pontevedra, na que viñeron 3 artistas a traballar co alumnado de 1º ESO, 4º ESO e o grupo da Sección Bilingüe de 3ºA.

Fixéronse dous talleres simultáneos, un mural para a Aula de Proxectos cos deseños do alumnado de 4º ESO feitos en Plástica, e un obradoiro de pintado de bolsas de tela co alumnado de 1º de ESO. Empregáronse pinturas especiais, ecolóxicas, que absorven o CO2, co cal foi unha experiencia diferente para todos/as. Tiveron a oportunidade de aprender de 3 grandes artistas, David, Marta e Pablo, que acompañaron en todo momento ao alumnado.

Esta actividade foi posible grazas aos profesores/as que cederon as súas clases para levala adiante, Montse, Esperanza e Fernando e ao centro por afrontar o custe económico.

Aquí deixamos unhas fotografías.

     

 

 

 

 

Visita al Belén de Valga y Torres de Catoira

El miércoles 15 de diciembre los alumnos de 1º de E.S.O. de Religión, visitaron el Belén Artesanal que está en Valga. Les gustó mucho todo lo que vieron y, la verdad, creo que todos disfrutamos mucho de la visita. El día era frío, pero hacía sol, por ello, aprovechamos y, después de ver el Belén, nos fuimos hasta las Torres del Oeste, en Catoira. Desde donde nos dejó el autobús fuimos caminando hasta los restos de las Torres, allí los alumnos subieron a las ruinas, hicieron fotos…Después de  vuelta al autobús y ya para el instituto. Pasamos unas horas diferentes y divertidas.

 

 Enlace al vídeo resumen

Actividades que organiza o concello de Meaño con motivo do Dia Internacional da violencia de xénero,

Achegamos actividades que organiza o concello de Meaño con motivo do Dia Internacional da violencia de xénero, por se son de interese da comunidade educativa.

 

CONVOCATORIA SOLICITUDE MASCARAS PARA ALUMNADO

CONVOCATORIA SOLICITUDE MASCARAS PARA ALUMNADO

 

A Consellería ven de publicar a Orden de 28 de outubro pola pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

Quen NON TEN QUE SOLICITAR:

O alumnado BENEFICIARIO da axuda para material escolar no presente curso

Quen PODE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado non beneficiario da axuda para material escolar que cumpra algunha

das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Forma e PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Unicamente de forma PRESENCIAL no centro educativo

ATA o 26 de novembro de 2021

SOLICITUDE E INFORMACIÓN:

ANEXO I

ANEXO II

Proxecto Titorando 2021-22

Como todos os anos no IES de Meaño comezou o programa titorando, no cal un/ha alumno/a voluntario/a de 3º ESO titoriza a outro/a de 1º ESO. A finalidade desta actividade é facilitar a integración e adaptación do novo alumnado. Este curso, aínda que as medidas son menos estrictas, tivemos que volver a adaptar este programa aos protocolos sanitarios. As reunións presenciais terán lugar durante os 15 min de lectura en diferentes quendas. O cambio respecto ano pasado é que non haberá o chat pero sempre poderan utilzar a conta de correo eléctronico para manter un contacto informal sempre que queiran. 

 

 

Como manexarse nunha situación administrativa

Os alumnos de 2º ESO do IES de Meaño realizaron como actividade na materia de Lingua Castelá a redacción dunha carta de solicitude dirixida ao Director que tiveron que entregar na secretaría do centro para aprender a manexarse nunha situación administrativa.

     

Toponimízate!

O vindeiro 19 de novembro o IES de Meaño participará vía streaming da campaña Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra co fin de difundir e salvaguardar os nosos nomes de lugar. Trátase dunha campaña coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Para iso Vicente Feijoo, especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG, vainos falar da riqueza de nomes da nosa terra e do risco de se perderen se non se recollen a tempo. Tamén vai presentar a aplicación colaborativa “Galicia Nomeada” que nos permitirá, a través do móbil, colaborar na recollida e xeolocalización dos nomes de leiras, regos, fontes, penedos… antes de que se poidan perder por diferentes motivos.

Ademais falará da orixe e significado que agocha algún dos nomes de Meaño.

Animámosvos a participar na recollida deses nomes que acompañaron oso nosos devanceiros e esta terra desde hai xa tanto tempo.

 

LIGAZÓN A EMISIÓN EN STREAMING

 

Video de acollida para o alumnado de novo ingreso

Aquí tedes un video que elaborou íntegramente o alumnado do centro coa intención de que o alumnado d enovo ingreso, especialmente o que accede a 1º da ESO poida colecer polo miudo como é oseu futuro centro educativo.

VIDEO ACOLLIDA ALUMNADO NOVO

 

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut