Skip to Content

Taboleiro de novas

Obradoiros para Mulleres organizados polo Concello de Meaño

Obradoiros para Mulleres organizados polo Concello de Meaño

Informamos dos obradoiros para mulleres que está a organizar o Concello de Meaño: 

"Desenvolvemento Persoal e Autodefensa Dixital"

Por se resultan de interese  para os membros da comunidade educativa do IES de Meaño

No cartel informacitovo tedes toda a información necesaria

Un saúdo

A Dirección

Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria

Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria coa colaboración das Oficinas de Farmacia da provincia de Pontevedra

 

Bo día,
 
Comunicámoslles que se está levando a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos de idade coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra.
 
Por este motivo, solicitamos a  colaboración das familias do alumnado do IES de Meaño para que asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
 
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
 
Achegamos o procedemento a seguir que nos remitiu o Colexio de Farmaceúticos de Pontevedra.
 
Moitas grazas pola colaboración.
 
A Dirección

Diagnose e seguimento da convivencia escolar curso 2020/2021

A Consellería de Educación solicita a colaboración de toda a comunidade educativa (Familias, profesorado, alumnado, persoal non docente)  para coñecer a situación no referente a convivencia nos centros educativos de Galicia.

Para iso dispuxo un cuestionario na web, totalmente anónimo, que poden cubrir as familias (o alumnado cubrirá a enquisa no centro) utilizando unha clave que lle achegamos con esta circular, a través do alumnado.

 Nesta páxina web pódese acceder ao FORMULARIO

https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/

 

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos), agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa.

 

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.

A Dirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO

                              ADMISIÓN DE ALUMNADO 

 
13/05/2021
 Ven de publicarse a "LISTAXE DEFINITIVA  de alumnado admitido e excluído" no IES de Meaño para o vindeiro curso 2021/22 e  pode consultarse  como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.

Un saúdo 

A Dirección

 

 
Ven de publicarse a "listaxe provisional de alumnado admitido e excluído" no IES de Meaño para o vindeiro curso 2021/22 e  pode consultarse  como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.

Un saúdo 

A Dirección

 

24/02/21    

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ao IES de Meaño, pódese consultar o  número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2021/22, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros NON adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

 Podedes consultar NO CENTRO ou na aplicación Admisioalumnado o listado de admitidos da reserva de praza (CENTROS ADSCRITOS) para o curso 2021/22 do IES de Meaño.

 Recordamos que se poderá solicitar a admisión  do 1 ó 22 de marzo de 2021.

 

Un saúdo 

A Dirección

Obradoiro plástica bilingüe

O pasado venres 18 de decembro a profesora Elisabet Hillerud, especialista na Arte Zentangle, impartiu un pequeno obradoiro en Inglés ao alumnado da Sección Bilingüe. Foi unha clase para aprender a disfrutar do debuxo creativo que consegue relaxar e concentrar a mente.

Proxecto titorando Curso 20-21

 

 

 

Un ano máis, poñemos en marcha o proxecto titorando, no cal un alumno/a  voluntario/a de 3º ESO titoriza a un/ha de 1º ESO. Este proceso ten por obxecto facilitar a integración e adaptación do novo alumnado.

Este curso, debido á situación producida pola pandemia actual, tivemos que adaptar este programa aos protocolos sanitarios.  As principais novidades deste curso, é que estas reunións presenciais serán programadas e levadas a cabo, en diferentes quendas, durante os 15 minutos de lectura semanal. Ademais, habilítase unha conta de chat para que titor/a e titorado/a poidan manter un contacto máis frecuente e poidan conversar, sempre e cando queiran. 

Tras varias sesións de motivación e formación ao alumnado titor, por fin puidemos levar a cabo as primeiras reunións. Foron uns encontros, nos cales todos/as chegaron con moita ilusión, puideronse coñecer un pouco máis e marcharon con gañas de que se puidesen organizar máis.

 

  

 

 

 

 

Concurso tarxetas nadal concello de Meaño

Hoxe soubemos das gañadoras no Concurso de Tarxetas de Nadal do Concello de Meaño. 

Noraboa ás alumnas Paula Martínez Rodiño de 1º C, María Dopazo Dovalo de 3º C e Alba Chaves Castro de 4º A.

Felicidades e BO NADAL!.

 


VIDEOCONFERENCIA COA CIENTÍFICA GALEGA SONIA VILLAPOL

O 16 de novembro, con motivo do mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º ESO participou nunha videoconferencia desde as súas aulas con Sonia Villapol,investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU). Ela forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19,  e ademais é unha gran divulgadora científica. A súa charla levaba por título “Só a Ciencia nos rescatará da pandemia”. Tivemos a sorte de participar con gran acerto no turno de preguntas. 

É unha actividade promovida polo EDLG do Centro e o Dpto. de ACCEE.

Distribuir contido


by Dr. Radut