Skip to Content
 

blogue desonia

BIOLOXÍA 1º ESO: 04/06/2020

Bo xoves a tod@s!

Continuamos co tema do Reino Plantas e para hoxe vos deixo as seguintes tarefas:

  1. Lectura da teoría no libro correspondente ao Reino Plantas.
  2. Actividade 10 da páxina 91 (soamente completar o cadro) e actividade 7 da páxina 106.

A data de entrega é o luns 8 de Xuño.

Lémbrovos que tedes vídeos e a infografía da semana para revisar e comentar na clase da semana próxima.

Que pasedes boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 03/06/2020

Bo mércores!

Déixovos a infografía coa especie elexida esta semana. Lembrade indagar sobre os interrogantes! Coma sempre, a comentamos na clase en liña da próxima semana.

https://view.genial.ly/5ed67bfc23f1c90d96098154/vertical-infographic-salmo-trutta

Tamén tedes os vídeos de onte para ver e tomar notas do importante.

Mañá vos colgarei algunha tarefa sobre o Reino Plantas que teredes que entregar. Ata ese momento, vede os vídeos e ollade a infografía.

Un saúdo Sorriso

Nota: sodes moitos os que estades preguntando sobre a recuperación. No correo electrónico onde vos enviei a cada un de vós o caderno de recuperación están todas as instrucións e datas das actividades que faremos de recuperación (caderno e test en liña)

https://view.genial.ly/5ed67bfc23f1c90d96098154/vertical-infographic-salmo-trutta

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 03/06/2020

Bo día!

As actividades de hoxe, que tedes que entregar o venres 05/06/2020, son as seguintes:

  • 1ºBAC A:
    • Lectura das páxinas 185 a 189 (incluidas) do libro de texto sobre patoloxías do sistema óseo.
    • Quizizz sobre patoloxías no seguinte enlace: https://quizizz.com/join?gc=5322891. Tédelo aberto ata as 14h do venres.
    • Exercicio 2 da páxina 192 e exercicio 10 da 193.

  • 1º BAC B:

Un saúdo Sorriso

BIOLOXIA E XEOLOXIA 1° ESO: 02/06/2020

Bo día!

Hoxe déixovos dous videos para que os vexades e anotedes o importante. Non o tedes que entregar senón que o comentaremos nas clases en liña desta semana.

Espero que vos gusten!

https://youtu.be/md27YkL3EsA 

https://youtu.be/EVPhZYJaO3E

Pasade bo día!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 01/06/2020

Boa semana a tod@s!

Continuamos co Reino Plantas.

Hoxe imos ver como podemos coñecer a idade dunha árbore. Para iso déixovos estas tarefas:

  1. Lectura sobre Dendrocronoloxía no seguinte blogue https://geolodiaavila.com/2019/12/17/dendrocronologia-contando-anillos/
  2. Cuestionario en liña sobre a lectura a través do seguinte enlace https://www.quizizz.com/join?gc=0484122 (lembrade  que ao premer nel debedes poñer o voso nome e apelido, para que logo vos cualifique a actividade correctamente)

O cuestionario o tedes dispoñible ata mañá martes ás 20h.

Ánimo e a traballar!

Un saúdo Sorriso

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 01/06/2020

Bo día!

Seguimos co tema do sistema óseo. Para hoxe (1ºBAC B) déixovos dúas tarefas:

  1. Repaso dos contidos vistos a semana pasada sobre sistema óseo.
  2. Lectura sobre patoloxías do sistema óseo (páxinas 185 a 189, incluidas). Podedes facer un resumo, esquema, subliñar, etc. xa que o mércores faremos unha actividade de aplicación sobre estes contidos.

Que teñades bo luns!

Un saúdo Sorriso

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 29/05/2020

Bo día!

Comezamos coas actividades do sistema óseo. Para hoxe tedes dúas tarefas:

  1. Lectura dos apartados correspondentes do libro de texto sobre o Sistema Óseo (apartados 1 ao 5, excepto o punto 1.3.)
  2. Resolución da actividade do arquivo adxunto.

Calquera dúbida que teñades a resolvemos, coma sempre, por correo electrónico.

Que pasedes boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 28/05/2020

Bo día!

Déixovos as tarefas ata o luns:

  • Lectura da teoría do libro de texto correspondente ao visto sobre o Reino Plantas: páxinas 86, 87 e 88.
  • Actividade 5 da páxina 88: fixádevos ben en que as respostas deben estar xustificadas. Tedes que entregala o luns 1 de Xuño.
  • Igual que nestas últimas semanas, tedes dispoñible neste enlace a infografía dunha nova especie. Tentade resolver os interrogantes porque os comentaremos nas clases en liña da próxima semana (as respotas da infografía non as tedes que entregar).

https://view.genial.ly/5ece8b9b95a58b0d8d8c773a/vertical-infographic-vipera-seoanei

Desfrutade da fin de semana!

Un saúdo Sorriso

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 27/05/2020

Bo día!

Déixovos en arquivo adxunto a actividade que debedes realizar e entregar o venres 29/05/2020.

Antes de facela debedes ler a teoría que vos aparece na páxina 156 do libro en relación cos parámetros dun electrocardiograma.

Lembrade que hoxe temos clase en liña ás 11.20.

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 26/05/2020

Bo día!

Como esta semana tedes traballo ata o xoves, non tedes que facer actividades a maiores da que vos deixei onte ata ese día, que publicarei un repaso a través de Quizizz.

Recórdovos que mañá (1ºESO B) e o xoves (1ºESO A) temos clase en liña. Repítovos o enlace porque sempre me preguntades. É o mesmo de sempre pero volo deixo aquí para que vos quede nunha entrada máis recente do blogue.

https://eduxunta.webex.com/meet/bermudezcouceiro

Pasade bo día!

Un saúdo Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut