Skip to Content
 

blogue desonia

1º BAC B: Anatomía aplicada 25/03/2020

Bo día!

As actividades de hoxe que tedes que facer para Anatomía @s de 1ºBAC B son:

  • Repaso/estudo dos contidos do tema 7 correspondentes ao Sistema Respiratorio.
  • As actividades que van no documento adxunto. É un pequeno test (dos que tanto vos gustan) sobre o tema, para que non perdades o costume de facelos  Guiño

No arquivo que me enviedes soamente tedes que incluír a "plantilla" de respostas, os enunciados das cuestións non.

A data de entrega é o venres 27/03/2020.

Un saúdo! Sorriso

 

1º BAC A: Anatomía aplicada 25/03/2020

Bo mércores a tod@s!

Hoxe seguiremos traballando coas etiquetas de alimentos que vos entreguei na aula.

Tedes nun arquivo adxunto as instrucións da actividade práctica que debedes facer hoxe os alumnos/as de 1ºBAC A

Esta actividade ten que estar feita para a seguinte clase de Anatomía, polo que, segundo o voso horario, a data de entrega é mañá xoves 26/03/2020.

Coidádevos moito e para calquera dúbida empregade o correo electrónico.

Un saúdo!Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: Actividades 24/03/2020

Bo martes!

Hoxe o que tedes que facer é repasar/estudar moi ben os temas 3 e 4 do libro de texto que estivemos vendo na clase. É dicir, os contidos sobre animais invertebrados, reino protista e monera e o papel dos microorganismos para o ser humano e os ecosistemas.

Estes días que me entregáchedes actividades, algúns de vós non estades lendo a teoría antes de facer as actividades, e isto é importante que o fagades sempre para que comprendades mellor os exercicios.

Ademais, cando recibides as correcións das actividades tedes que engadir esas correcións no voso caderno/arquivo dixital (se o fixéchedes a ordenador) para que as actividades queden completas e correctas. 

Polo tanto, esas son as vosas tarefas de hoxe: repasar/estudar os temas e engadir as correcións das actividades que levamos feitas ata agora.

Déixovos dous enlaces a noticias sobre invertebrados (a lectura é voluntaria):

Que pasedes un bo día! 

Un saúdo!Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: Actividades 23/03/2020

Bo luns a tod@s!

As actividades que tedes que realizar no día de hoxe e entregar mañá martes 24/03/2020 son as seguintes:

- Repaso dos contidos sobre animais invertebrados (tema 3 do libro de texto)

- Actividades do libro de texto:

  • páx. 96: exercicio 4
  • páx. 97: exercicio 12
  • páx. 107: exercicios 9 e 10

Ánimo coa semana e noraboa polo bo traballo que estades realizando!

Un saúdo! Sorriso

Nota: algún dos vosos compañeir@s aínda non se puxo en contacto comigo, polo que vos pido, por favor, que comentedes con todos aqueles compañeir@s cos que estades en contacto que seguimos a traballar desde a casa e que teñen que contactar comigo o antes posible.

1º BAC B. Actividades anatomía aplicada 23/03/2020

Bo día a tod@s!

Hoxe seguiremos traballando coas etiquetas de alimentos que recompilamos na aula.

Tedes nun arquivo adxunto as instrucións da actividade práctica que debedes facer hoxe os alumnos/as de 1ºBAC B

Lembrade que segundo o voso horario, esta actividade ten que estar feita para a seguinte clase, polo que a data de entrega é o mércores 25/03/2020.

Ánimo con esta nova semana!

Coidádevos moito e para calquera dúbida empregade o correo electrónico.

Un saúdo!Sorriso

1ºESO BIOLOXÍA 18/03/2020

Boa tarde a tod@s!

A continuación coméntovos as actividades que tedes que entregar o luns 23/03/2020 (recórdovos que, respectando o calendario lectivo, o día 19 e 20 non son lectivos no centro):

- Repaso dos contidos vistos no tema 3 do libro de texto.

- Actividades do libro de texto: 

  • Páxina 136: exercicios 4, 5 e 7.
  • páxina 137: exercicios 8 e 13.

- Como actividade voluntaria para estes días, déixovos un pequeno documental sobre os Fungos. Se tedes algunha dúbida ou queredes facer algún comentario sobre o vídeo, coma sempre, "vémonos" na dirección de correo electrónico. 

https://www.rtve.es/alacarta/videos/tres14/tres14-hongos/953656/

Nota: algún dos vosos compañeir@s aínda non se puxo en contacto comigo, polo que vos pido, por favor, que comentedes con todos aqueles compañeir@s cos que estades en contacto que seguimos a traballar desde a casa e que teñen que contactar comigo o antes posible.

Un saúdo! Sorriso

Sonia Bermúdez

1ºBAC ANATOMÍA APLICADA 18/03/2020

Bo día a tod@s!

Déixovos nun documento adxunto as actividades de hoxe de Anatomía. 

Tratan sobre os capítulos do libro que xa tedes lido, para que vos fixedes nas conclusións importantes desas páxinas. Ademais, incluín algunha pregunta para a que tedes que empregar as etiquetas que vos repartín.

Como imos respectar o calendario lectivo e o horario de cada un dos grupos, a entrega destas actividades será:

1ºBAC A: Mércores 25/03/2020 antes das 14h.

1ºBAC B: Luns 23/03/2020 antes das 14h.

Coma sempre, calquera dúbida que teñades a resolvo a través do correo electrónico. Non olvidesdes seguir as pautas de entrega dadas nunha entrada anterior deste blogue.

Coidádevos e moito ánimo! 

Un saúdo Sorriso

Sonia Bermúdez

1º ESO: Actividades Bioloxía 17/03/2020

Bo día a tod@s! 

Tedes nun documento adxunto as actividades do día de hoxe. Hai de prazo para entregalas por correo electrónico (ver normas nunha mensaxe anterior sobre a entrega en 1ºESO) ata as 14h do día 18/03/2020.

As actividades de hoxe están relacionadas coa lectura sobre os liques que vos subín o pasado venres na primeira mensaxe deste blogue.

Calquera dúbida escribídema ao correo electrónico.

Coidádevos moito, ánimo e a traballar!

Un saúdo! Sorriso

Sonia 

Actividades Anatomía Aplicada 1º BAC

MOI IMPORTANTE: seguiremos as instrucións seguintes:

  • A dirección de correo electrónico de contacto é: anatoaplicada1bac@gmail.com
  • A través desa dirección podedes consultarme as dúbidas que teñades.
  • As actividades deben entregarse dentro do prazo indicado co fin de facer un seguimento das mesmas.
  • A entrega realizarase a través do correo electrónico de contacto, indicando o nome do alumno/a.
  • O documento coas actividades terá formato PDF (preferiblemente).
  • Unha vez recibidas as actividades, serán correxidas e devoltas por correo electrónico á mesma dirección desde a que se envían.

O martes 17/03/2020 ás 14h é a data límite de entrega das actividades correspondentes ao tema 7 que tiñamos pendentes de correxir (as que están correxidas xa non as enviedes). Como algún/a de vós xa as teredes feitas, adxuntade unha imaxe no correo electrónico na que se lean perfectamente as respostas. Se preferides, ou non as tedes feitas aínda, enviádeas escritas a ordenador en formato PDF. Recórdovos que as actividades son as seguintes:

  • Páxina 137: exercicio 1
  • Páxina 139: exercicio 1
  • Páxina 146: exercicio 5
  • Páxina 147: exercicios 7 e 8
  • Todas as definicións da páxina 147

Ide repasando o tema 5 para comezar a actividade de análise de etiquetas que temos pendente porque o martes deixareivos as instrucións para empezar a facela.

 Un saúdo! Sorriso

Actividades Bioloxía 1º ESO

Boa tarde,

A continuación explícovos como imos organizar as actividades da semana próxima.

MOI IMPORTANTE: seguiremos as instrucións seguintes:

  • A dirección de correo electrónico de contacto é: bioxeoloxia1eso@gmail.com
  • A través desa dirección podedes consultarme as dúbidas que teñades. Por isto é importante que cando leades este primeiro aviso, enviedes un correo electrónico no que confirmedes que líchedes estas pautas para que eu saiba que estades ao corrente de como nos imos comunicar durante estes días. Tedes ata o luns ás 18h para mandarme dita confirmación.
  • as actividades deben entregarse dentro do prazo indicado co fin de facer un seguimento das mesmas.
  • a entrega realizarase a través do correo electrónico de contacto, indicando o nome do alumno/a.
  • O documento coas actividades terá formato PDF (preferiblemente).
  • Unha vez recibidas as actividades, serán correxidas e devoltas por correo electrónico á mesma dirección desde a que se envían.

As actividades programadas para este luns 16/03, que poden entregarse ata o Martes 17/03/2020 ás 14.00h, son as que xa quedaran fixadas o último día de clase. Recórdovos que son as seguintes:

  • Fotocopia de exercicios:
    • Páxina 156: actividades 28, 30, 31 (só apartado B e C).
    • Páxina 157: actividades 33, 35 e 36 (lembrade que esta a tedes que facer como explicamos na aula).

Déixovos tamén un arquivo cunha pequena lectura sobre os liques, que tedes que ler porque as próximas actividades estarán relacionadas con ese texto.

Un saúdo!Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut