Skip to Content
 

blogue desonia

1ºBAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 03/04/2020

Bo día!

Para rematar esta 2ª Avaliación de Anatomía Aplicada, déixovos dous xogos de repaso:

Hoxe non tedes que entregar nada, soamente xogar e así repasar.

Desfrutade deste tempo de vacacións, aproveitade para recuperar forzas!

Noraboa polo voso traballo durante esta avaliación, especialmente nestas semanas de traballo a distancia. Non o puidéchedes facer mellor! Seguide así e non vos desanimedes!

Retomamos as actividades o mércores 15 de Abril.

Unha aperta!Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 02/04/2020 + AVISO TITORÍA 1ºESO B

Bo día!

Para as actividades de hoxe de Bioloxía (1ºESO) tedes que entrar nos seguintes enlaces que vos deixo. Trátase de dous xogos similares aos que vos deixei a comezos de semana.

Lembrade que se vos animades coa actividade de facer pan a partir de masa nai estarei encantada de recibir as imaxes do voso proceso, como algún de vós xa enviou Guiño

Con estas actividades damos por rematada a 2ª Avaliación. Noraboa polo voso esforzo e polo traballo durante esta avaliación, especialmente estas últimas semanas de traballo desde a casa. Seguide así porque o estades facendo xenial!

Aproveitade estes días para descansar e facer outras actividades que vos recarguen pilas para volver o 14 de Abril con máis forza!

Unha aperta! Sorriso

Nota para as familias do alumnado da titoría 1ºESO B: como está publicado na páxina principal da web do Centro, mañá venres 3 de Abril realizaremos a entrega de boletíns de cualificacións da 2ª Avaliación por dúas vías:

- Abalar móbil: para todas aquelas familias que teñan a aplicación ou que a instalen, recibirán por ese medio as cualificacións.

- Correo electrónico: adxuntaranse os boletíns en formato PDF nas direccións de correo electrónico facilitadas no momento de formalizar a matrícula do alumnado.

Se ao longo do día de mañá (a partir das 12h) non recibides comunicación por calquera destes dous medios debedes poñervos en contacto co centro (ies.monelos@edu.xunta.es) para que vos envíen o boletín.

Para calquera dúbida relacionada coas cualificacións ou calquera cuestión relativa ao alumnado, as familias tedes dispoñible o meu correo electrónico: bermudezcouceiro@edu.xunta.gal

1ºBAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 01/04/2020

Bo día a tod@s!

En Anatomía aplicada imos continuar coa actividade Tele-tabú:

1ºBAC A: hoxe é o día que tedes para entregar as palabras coas que queredes xogar. A hora límite de entrega é as 12h e ao longo do día enviareivos unha mensaxe co documento que tedes que resolver mañá.

1ºBAC B: xa tedes no voso correo electrónico as palabras que debedes resolver. Tedes de prazo límite para entregalas o venres 03/04/2020.

Un saúdo e bo mércores! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 01/04/2020

Bo mércores!

Hoxe déixovos dúas lecturas relacionadas coas aplicacións ou relacións dos microorganismos co ser humano. Ides ver cando as leades que aparecen varios grupos de organismos de reinos vistos na aula, espero que sexades capaces de recoñecer a que reino pertencen e cales son as súas características!

A primera das noticias ten como protagonista aos mofos que se forman no pan cando pasa un tempo e as substancias que fabrican ditos organismos:

A segunda noticia está relacionada coa fabricación do pan que se elabora con masa nai, na que aparece o proceso de fermentación levado a cabo polos lévedos. O voso compañeiro Elías fixo masa nai na casa estes días e deume a idea! Guiño

É moi sinxelo que fagades esta masa nai na casa e a partir dela elaboredes pan. Se vos animades podedes enviar ao correo electrónico as vosas imaxes da masa nai ou do pan e as compartimos entre tod@s!

Hoxe soamente tedes que desfrutar da lectura, non hai nada que entregar. Resolvo dúbidas no correo de sempre se o precisades.

Ánimo e bo día! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 31/03/2020

Bo día a tod@s!

Hoxe déixovos como arquivo adxunto un pequeno artigo sobre as abellas, para que o leades con calma e comprendades un pouco mellor a importancia dos invertebrados. É unha publicación da revista Cerna, que é unha revista galega de ecoloxía e medio ambiente.

Tamén vos deixo un enlace a unha exposición virtual do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) sobre Charles Darwin e a Teoría da Evolución por se vos apetece botarlle un ollo.

 https://www.csic.es/es/ciencia-y-sociedad/iniciativas-de-divulgaci%C3%B3n/exposiciones-itinerantes/darwin2009-150-anos-de-la?fbclid=IwAR0yH4nsQp5N6yqSN55yb3qkbaGafN4cxtkF6ZQM6-DH8RqClOrVca9jzSY

 Desfrutade da lectura!

Coma sempre, se queredes facer algún comentario escribide ao correo electrónico.

Un saúdo! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 30/03/2020

Boa semana a tod@s!

Esta semana ímola dedicar a repasar o trimestre e a ler un pouquiño sobre algún tema relacionado co que tratamos nesta avaliación.

Hoxe vou deixarvos dous enlaces a dous xogos que vos preparei para repasar conceptos de todos os temas traballados: Reino Monera, Protista, Fungos e Animal (só invertebrados):

  • Roda de palabras: neste tedes que escribir a palabra que corresponde con cada unha das definicións (pode ser que esa palabra empece pola letra do alfabeto que vos indica ou que a conteña. Fixádevos ben!)

    https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5326058-repasamos_os_invertebrados.html

  • Agrupacións: cando abrades este xogo ides ver que aparecen moitos cadros con características diferentes. Tedes que ir pinchando consecutivamente nas características que se podan enmarcar dentro do mesmo grupo. Cada grupo ten asociadas 6 características que, unha vez que as teñades marcadas todas, xa vos indica que o grupo está feito. Por exemplo: se vos aparecen as características: "azul", "vermello", "mazá" teriades que clicar seguido nos termos "azul" e "vermello" por pertencer ao mesmo grupo.

    https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5326442-repasamos_o_2_trimestre.html

Os xogos teñen un tempo limitado polo que no caso de que non lembredes algún tema, repasade antes!

Penso que non ides ter problema para entrar nos enlaces nin para facer os xogos pero ante calquera dúbida escribídeme ao correo. Tamén podedes escribirme para saber se vos apetece que vos faga algún xogo máis deste tipo ou para comentar o que vos pareceron. Sabedes que se aceptan todas as opinións sempre que sexan construtivas Guiño

Non tedes que entregarme nada, só premer no enlace e comezar a xogar!

Pasade bo día Sorriso

1ºBAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 27/03/2020

Bo día a tod@s!

Para facer a actividade de hoxe tedes que seguir as instrucións que vos aparecen no arquivo adxunto.

Noraboa polo bo traballo que estades facendo!

Bo día e boa finde!Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 26/03/2020

Bo día!

Déixovos nun arquivo adxunto as actividades que tedes que realizar na clase de hoxe.

Tedes de prazo ata a próxima clase para entregalos, é dicir, ata o luns 30/03/2020.

Estas actividades son sobre os grupos de invertebrados que non traballáchedes nas actividades de onte. Son moi sinxelos Guiño

Ánimo e coidádevos!

Un saúdo!Sorriso

Nota: moit@s de vós estades entregando todas as actividades que se propoñen nos prazos correspondentes e outr@s saltáchedes algunha entrega. Déixovos aquí un resumo do que teriades que ter feito por se as queredes entregar.

  • Actividade 1: exercicios, sobre invertebrados, da fotocopia recollida na Conserxería do Centro a semana antes de suspenderse as clases.
  • Actividade 2: lectura sobre liques e actividades sobre esa lectura.
  • Actividade 3: exercicios de repaso do libro de texto correspondentes ao Tema 4.
  • Actividade 4: exercicios do libro de texto correspondentes ao Tema 3.
  • Actividade 5: exercicios ficha do blogue sobre animais invertebrados I.

No caso de querer entregalas, revisade o que vos falta e revisade tamén as entradas deste blogue para ver concretamente que actividades tedes pendentes. Xuntade o que vos falta nunha soa mensaxe de correo electrónico e así entregades todo xunto. Tedes de prazo máximo ata o Xoves 02/04/2020 ás 14horas.

1ºBAC A: Anatomía aplicada 26/03/2020

Bo día a tod@s!

As actividades que tedes que facer hoxe en Anatomía (1ºBAC A) son as seguintes:

  • Repaso do tema 7: Sistema Respiratorio.
  • Test sobre o tema (para non perder costume Guiño) que tedes no arquivo adxunto.

Coma sempre a data de entrega é na seguinte clase, é dicir, mañá venres 27/03/2020.

Coidádevos moito e ánimo!

Un saúdo! Sorriso

1ºESO BIOLOXÍA: Actividades 25/03/2020

Bo día!

Espero que xa teñades os contidos dos temas 3 e 4 repasados, axudaranvos cos exercicios de hoxe.

Se tedes dúbidas lembrade que é bo que leades a teoría antes de facelos e no caso de non entender algo, preguntádeme Guiño

As actividades déixoas nun arquivo adxunto para que os fagades hoxe e entreguedes mañá xoves 26/03/2020.

Ánimo rapaces/as!

Un saúdo! Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut