Skip to Content
 

blogue desonia

BIOLOXÍA 1º ESO B: 14/05/2020

Bo día!

Hoxe as actividades son para o grupo de 1ºESO B.

Tedes que facer o seguinte:

  1. Repaso da teoría sobre vertebrados e invertebrados. Tedes que coñecer as características de cada un dos grupos para así comprender as diferenzas entre uns grupos e outros.
  2. Déixovos o enlace a unha infografía que vos fixen. Cada semana fareivos unha sobre algunha especie para que vaiades coñecendo fauna e flora. https://view.genial.ly/5ebad4800be9a20d68191dd8/vertical-infographic-ra-patilonga
  3. Tedes que botarlle un ollo á infografía e a comentamos na clase da próxima semana. Fixádevos porque tedes que saber das resposta aos interrogantes que nela aparecen.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

IMPORTANTE: os que tedes algunha recuperación pendente de facer debedes mirar no correo se vos chegou onte o caderno de recuperación e confirmarme que efectivamente o tedes.

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 13/05/2020

Bo mércores!

Hoxe déixovos tarefas ata o venres, que vos publicarei outra nova, para o grupo 1ºBAC A:

  1. Lectura dos contidos marcados correspondentes ao Sistema Cardiovascular.
  2. Exercicios do libro:
    1. páxina 160: exercicio 1
    2. páxina 168: exercicio 3
    3. páxina 169: apartados a) e c) do exercicio 4

Tedes que entregalos o venres. Non fagades debuxos nin copiedes as respostas literais do libro. Traballade a teoría e elaborade as vosas propias respostas (sede concisos e ide ao importante).

Hoxe durante a clase en liña resolvereivos as cuestións relacionadas coa 3ª Avaliación.

IMPORTANTE: Os que tedes algunha avaliación pendente, enviádeme un correo electrónico para que vos envíe o caderno de recuperación que debedes entregar.

Vémonos nun ratiño!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO A: 13/05/2020

ttps://view.genial.ly/5ebad4800be9a20d68191dd8/vertical-infographic-ra-patilonga

Bo día!

Hoxe as actividades son para o grupo de 1ºESO A.

Tedes que facer o seguinte:

  1. Repaso da teoría sobre vertebrados e invertebrados (na clase en liña de mañá faremos unha actividade na que participaredes tod@s e tedes que ter claras as características de cada grupo): non é unha proba, senón que se sabedes do tema poderedes participar máis.
  2. Déixovos o enlace a unha infografía que vos fixen. Cada semana fareivos unha sobre algunha especie para que vaiades coñecendo fauna e flora. https://view.genial.ly/5ebad4800be9a20d68191dd8/vertical-infographic-ra-patilonga
  3. Tedes que botarlle un ollo á infografía e mañá a comentamos na clase. Fixádevos porque tedes que saber das resposta aos interrogantes que nela aparecen.

Pasade bo día e vémonos mañá!

Un saúdo Sorriso

Nota: hoxe recibiredes no correo electrónico os cadernos de recuperación. Se hai algún erro, facédemo saber. De todas formas mañá falamos disto durante a clase e vos resolvo as dúbidas que teñades.

BIOLOXÍA 1º ESO: 12/05/2020

Bo día!

Hoxe imos seguir traballando cos vertebrados a través dun xogo. Farémolo en educaplay (a mesma plataforma onde fixemos a roda de palabras, crucigramas, etc. no tema dos invertebrados).

Neste caso ides ter que identificarvos a través duns códigos que se atopan nuns tickets que vos dou eu e así queda rexistrada a vosa puntuación na actividade. 

Ollo! Sede responsables e collede o ticket que sexa voso, polo ben dos vosos compañeiros e do voso propio, pois xa vos digo que o código serve para saber que puntuación tedes cada un de vós na actividade (senón a facedes ou utilizades un código que non é voso tedes a actividade como non feita).

No arquivo adxunto tedes as instrucións de acceso á páxina e a forma na que tedes que seleccionar o voso ticket. Calquera dúbida preguntádeme!

Hoxe non tedes que entregar nada, cando completedes a actividades xa vexo eu a vosa puntuación directamente na páxina de educaplay.

P.D.: Tedes 3 intentos para facer a actividade. Mañá vos deixarei outro enlace para que a practiquedes cando queirades por se queredes repasar.

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 11/05/2020

Bo luns a tod@s!

Comezamos unha nova semana. Ánimo!

Hoxe tedes dúas tarefas para facer:

  1. Lectura dos contidos correspondentes aos animais vertebrados. Lembrade que podedes facelo coa teoría do voso libro de texto ou coa presentación que vos deixei no blogue a semana pasada.
  2. Actividades do arquivo adxunto.

A data de entrega é mañá martes 12/05/2020.

Quería deixarvos tamén un enlace por se queredes botarlle un ollo. Ao mellor é unha boa actividade para que fagades na fin de semana.

É un enlace a Geolodía. Trátase dunha iniciativa para a divulgación da xeoloxía en España. Coincide que nas primeiras fins de semana de Maio faise un roteiro xeolóxico gratuito nalgunha provincia española pero como este ano non se puido facer por mor da pandemia fixeron roteiros virtuais que podedes consultar.

O enlace que vos deixo xa é ao mapa onde vos aparecen iconas de vídeo nas que, se pinchades, ábresevos un menú á esquerda co enlace do vídeo correspondente. https://geolodia.es/mapa-geolodias/

Calquera dúbida, escribídeme ao correo.

Pasade bo día!

Un saúdo Sorriso

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 11/05/2020

Bo día!

Comezamos unha nova semana. Moito ánimo!

Hoxe déixovos tarefas ata o venres, que vos publicarei outra nova:

  1. Lectura dos contidos marcados correspondentes ao Sistema Cardiovascular.
  2. Exercicios do libro:
    1. páxina 160: exercicio 1
    2. páxina 168: exercicio 3
    3. páxina 169: apartados a) e c) do exercicio 4

Tedes que entregalos o venres. Non fagades debuxos nin copiedes as respostas literais do libro. Traballade a teoría e elaborade as vosas propias respostas (sede concisos e ide ao importante).

Un saúdo Sorriso

1º BAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 08/05/2020

Bo día a tod@s!

Como xa vos comentei na clase desta semana, hoxe ides facer un cuestionario en liña. Tedes ata mañá ás 10h para completar a actividade.

Lembrade que tedes que poñer o voso nome e primeiro apelido para que eu vos contabilice a puntuación e, ademais, soamente tedes unha oportunidade. Por iso, recoméndovos que leades o tema antes de resolver o cuestionario porque as preguntas teñen tempo para contestalas e non vos vai dar marxe de mirar no libro.

Como aínda estamos comezando co tema, restrinxín os contidos do cuestionario e soamente hai preguntas dos contidos que vos sinalei das páxinas 150 a 153 (tedes nunha entrada de onte un documento onde vos poño punto a punto o que tedes que saber deste tema).

Déixovos o enlace: quizizz.com/join?gc=649508

Sorte!

Boa fin de semana Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: ACLARACIÓNS ACTIVIDADE 11 PÁXINA 107

Ola a tod@s!

Con respecto á actividade que tedes que entregar o luns do libro de texto teño que facervos unhas aclaracións:

  • Vos piden que clasifiquedes aos organismos en filo ou división. Como son vertebrados, todos pertencen a Cordados (sei que isto non o dimos)
  • O de filo/división debería estar cambiado por clase para que poidades clasificar en: Aves, Mamíferos, Reptiles, Peixes ou Anfibios. Facédeo así, asignando cada organismo a unha clase e xustificándoo

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO B: 07/05/2020. RECTIFICACIÓN ARQUIVO VERTEBRADOS

Bo día!

Hoxe as actividades son para o grupo de 1ºESO B.

As tarefas que tedes que facer son:

  • lectura das páxinas do libro de texto correspondentes aos animais vertebrados (páxinas 100 á 104). Déixovos en arquivo adxunto a parte da presentación que vimos na clase para que leades a teoría por aí os que non tedes o libro na casa.
  • exercicio 11 da páxina 107. Para aqueles que non teñades libro de texto déixovos aquí  o enunciado:
    • Sinala e xustifica a que filo ou división corresponde cada un dos seguintes animais vertebrados: serpe, xílgaro, píntega, candorca, crocodilo, ra, reno, lagarta, tartaruga.

Esta actividade tedes que entregala o luns 11/05/2020.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Nota: o arquivo está modificado con respecto ao desta mañá posto que nese non aparecía o grupo dos reptiles

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 07/05/2020

Bo xoves!

Como xa vos comentei onte durante a clase en liña, hoxe tedes no arquivo adxunto os puntos principais do sistema cardiovascular para que os vaiades lendo polo libro de texto.

Recórdovos que a actividade de mañá será un cuestionario sobre esta teoría polo que a tarefa de hoxe é que leades con calma o tema.

Calquera dúbida que teñades consultádema por correo.

Un saúdo Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut