Skip to Content
 

blogue desonia

BIOLOXÍA 1º ESO: 23/04/2020

Bo xoves!

As actividades que vos deixo nun arquivo adxunto son soamente para o alumnado de 1ºESO B, posto que con A temos clase online e xa vos entreguei onte estas actividades.

A data de entrega das actividades é o luns 27/04/2020.

Para os dous grupos, déixovos aqui o enlace a un pequeno vídeo-resumo da actividade do pan a partir de masa nai. Espero que vos guste e que vos animedes coa elaboración de pan!

https://view.genial.ly/5ea069d960e2f20daa687b52/video-presentation-facemos-pan

Un saúdo e que pasedes boa fin de semana! Sorriso

https://view.genial.ly/5ea069d960e2f20daa687b52/video-presentation-facemos-pan

BIOLOXÍA 1º ESO A: 22/04/2020

Bo día!

Hoxe seguimos traballando co cómic e coas cadeas tróficas.

A tarefa que tedes que facer o alumnado de 1ºESO A déixoa como arquivo adxunto. A data de entrega é o luns 27/04/02020.

Calquera dúbida escribídeme ao correo.

Pasade bo día!

Un saúdoSorriso

1ºBAC A e B: ANATOMÍA APLICADA

Boa semana!

Confírmovos que esta semana comezamos as clases online a través de Cisco Webex. Van ser os mércores no noso horario de clase habitual:

  • 1º BAC A: mércores 11.20
  • 1º BAC B: mércores 12.30

Aproveitaremos para resolver dúbidas e ver como ides levando estes días e as tarefas.

Recórdovos que debedes acceder á clase co voso nome e apelido xa que vos teño que aceptar para entrar e non teredes acceso se non recoñezo o nome.

Calquer problema para acceder ou conectarvos, escribídeme e intentamos solucionalo.

Déixovos aqui o enlace: https://eduxunta.webex.com/meet/bermudezcouceiro

Un saúdo!

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 20/04/2020

Bo luns!

Hoxe vos deixo como adxuntos dous documentos diferentes:

- PDF cunha pequena teoría sobre os niveis e cadeas tróficas: aínda que o vimos na aula, coas actividades da semana pasada nas que vos dicía que fixerades unha cadea trófica vexo que hai conceptos que non tedes claros. Por iso vos vai nese arquivo a teoría e as actividades. Estas actividades corresponden ao día de hoxe e ao de mañá (mañá non tedes que entrar no blogue porque non haberá outras actividades). A data de entrega é o mércores 22/04/2020.

- PDF cun pequeno manual que vos fixen para empregar a plataforma Webex. Esta semana imos comezar coas clases online. A miña idea é aproveitar esta clase para ver como estades e resolver dúbidas (non vos preocupedes senón podedes estar xa que se hai algo importante ou tedes algunha dúbida a resolvemos por correo). As clases online de Bioloxía serán:

  • 1ºESO A: Xoves á hora de clase (10.30)
  • 1ºESO B: Mércores á hora de clase (10.30)

Xa volo poño no manual pero recórdovolo aqui: cando vos rexistredes na plataforma debedes facelo co voso nome e apelido posto que vos teño que aceptar na clase e se non recoñezo o nome non teredes acceso.

Calquera dúbida, escribídeme!

Un saúdo Sorriso

1ºBAC B: Anatomía aplicada 17/04/2020

Bo venres!

Espero que o breakout vos fora ben!

Déixovos nun documento adxunto as instrucións da actividade que vos plantexo hoxe, calquera dúbida facédema por correo

Boa fin de semana! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 16/04/2020

Bo día!

Hoxe continuamos traballando sobre o cómic, por iso vos deixo nun arquivo adxunto as actividades correspondentes.

Calquera dúbida, coma sempre, a resolvo no correo electrónico Guiño

A data de entrega destas actividades é o luns 20/04/2020.

Tamén vos deixo un enlace a un vídeo onde vos explica o método científico que vimos na clase por se vos apetece velo na fin de semana. É dun grupo de científicos que se dedica á divulgación científica e que o explican dunha maneira moi sinxela. Así vos serve de repaso!

https://www.youtube.com/watch?v=ps1VBMx2k78

Un saúdo! Sorriso

1ºBAC A: Anatomía aplicada 16/04/2020

Bo xoves!

Que tal vos foi co breakout?

Déixovos a actividade de hoxe e as instrucións correspondentes no arquivo adxunto.

Todas as dúbidas as resolvemos no correo electrónico.

Pasade bo día!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 15/04/2020

Bo mércores!

Que vos pareceu o cómic de onte?

Hoxe imos comezar a facer actividades sobre el. Tomádeo con calma, pensade ben as respostas e repasade a teoría cando o precisedes.

A data de entrega desta primeira actividade é mañá 16/04/2020 no correo de sempre. Déixovola como documento adxunto.

Por certo, sei que algúns de vós estades a facer pan e algúns con masa nai, por iso xuntarei as imaxes que me estades enviando e o xoves da semana próxima publicareinas neste blogue (se algunha persoa non autoriza esta publicación que mo faga saber)

Un saúdo! Sorriso

Nota alumnado titoría 1ºESO B: como xa estamos comezando o 3º Trimestre, tedes que asegurarvos de que estades en contacto con tod@s @s profes que vos dan clase a través dos medios que cada un/unha puxo á vosa disposición. Contactade cos que non o fixéchedes para que saiban que estades ao tanto de como traballar en cada materia. Se tedes algunha dúbida en algunha materia ou non sabedes como contactar co profesorado comentádemo e o solucionamos.

1ºBAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 15/04/2020

Bo día a tod@s!

Espero que desfrutárades das vacacións e que vos vaia moi ben a tod@s.

Para comezar este 3º trimestre imos repasar xogando.. déixovos o enlace a un breakout que vos preparei.

Tedes unha misión e un premio que conseguir... non hai máis pistas Guiño (nin lles resolvades o misterio aos compañeir@s que fagan a actividade despois de vós)

https://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimento

https://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimento

https://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimentohttps://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimentohttps://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimentohttps://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimento

 

https://view.genial.ly/5e95e717bdc66c0ddf04744b/game-breakout-operacion-alimentoSorte!

Coma sempre, calquer comentario construtivo, opinión ou o que queirades contar facédeo no correo habitual.

Un saúdo! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 14/04/2020

Bo día a tod@s!

Comezamos o 3º Trimestre e espero que o collades con forza!

Para hoxe déixovos un enlace para que vos descarguedes un cómic curto sobre o Plancton. (Tamén volo deixo en arquivo adxunto)

https://goo.gl/xazWDt

A tarefa para hoxe é que o leades tranquilamente e mañá xa vos contarei como continuamos traballando sobre el con distintas actividades Guiño

Coma sempre, calquera dúbida estou no correo electrónico. Se tedes problemas para descargar o documento dicídemo e o solucionamos.

Tamén podedes aproveitar ese correo para contarme como estades levando estes días e que tal estades!

Ánimo e bo comezo de semana!

Un saúdoSorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut