ALUMNADO DE MOBILIDADE ERASMUS+ NO NOSO CENTRO:2022-1-ES01-SCH-000059410 ERASMUS+ EDUCAIÓN ESCOLAR

Remata a estadia do alumnado e profesorado checo. Nos últimos días puideron visitar Santiago de Compostela, A Coruña, Oviedo, a Cofradía de Pescadores, onde foron recibidos por Basilio Otero, presidente da cofradía, a Fábrica de Sargadelos e a Fragua de Telmo Cao.

 

 

PRIMEIRO PREMIO CLASES SEN FUME PARA 1º ESO A

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

"Clases sen fume" é un programa moi positivo para nós, xa que ademais de concienciarnos na loita contra o tabaco foi un proxecto grupal no que nos involucramos e compartimos inquedanzas, xerando lazos de amizade e compromiso. Somos axentes do IES Monte Castelo, axentes contra o tabaco agora e sempre, así que non dubidedes en recorrer a nós se algunha vez estades a piques de caer na tentación.

Únete a nós e faite axente do Monte Castelo.

ENLACE AO VÍDEO PREMIADO DE 1º ESO A

CORRELINGUA 2023

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

                 Da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, noso alumnado de 3° ESO representou o noso centro na edición deste ano do Correlingua que, como homenaxe a Fernández del Riego, decorreu en Vilanova de Lourenzá, a vila natal deste autor

PARTICIPACIÓN NO REGUEIFANDO 2023

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Máis un ano, o noso alumnado (nesta ocasión o de 1º ESO) participou no Regueifando, a iniciativa impulsada por Correlingua para promover a regueifa entre a rapazada dos centros educativos de toda Galicia.

Na ligazón  https://www.youtube.com/watch?v=mknWJCWneKo podedes ver o vídeo íntegro

 

OBRADOIRO DE RAP-GUEIFA

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O 22 de maio contamos coa presenza da cantora Alba María para impartir un obradoiro de rap e regueifa. Na actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o noso alumnado de 1º ESO aprendeu as características da regueifa, as súas conexións con xéneros urbanos actuais coma o hip-hop e atreveuse a improvisar as súas propias rimas para a ocasión

 

 

 

INTERCAMBIO IES RÍO CABE (MONFORTE DE LEMOS)-IES MONTE CASTELO

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outro curso máis realizamos o intercambio entre centros educativos e esta vez fixémolo co alumnado de 1º da ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos.

PRIMEIRA PARTE DO INTERCAMBIO- O IES Monte Castelo visita Monforte de Lemos

Alí nos esperaban María Padrón, o director do centro e outros profesores organizadores do intercambio. Unha vez rematado o acto oficial de benvida pasamos á cafetería onde difrutamos dun tentempié para coller forzas para a xornada de visitas que nos tiñan preparada.

A proposta foi moi completa e os rapaces desde o principio conxeniaron e disfrutaron moito da experiencia.

Na localidade visitamos a Torre da Homenaxe, a Ponte Romana, fixemos un roteiro literario sobre os autores Lois Pereiro e Manuel María e outros puntos de

interese turístico.

Almorzamos no centro escolar para logo desprazarnos ata o Mirador do Duque. Alí rematou a nosa visita.

 

                                                        ENLACE AO XORNAL

 

   
   

 

SEGUNDA PARTE DO INTERCAMBIO- O IES Río Cabe visita Burela

O 30 de Maio recibimos a visita do alumnado de 1º da ESO e do profesorado do IES Río Cabe. Os esperamos no noso centro e logo dunha cálida acollida colleron un tentempié e comezamos a xornada de visitas ao barco museo, á fábrica de xeo, ao porto, á praia onde comeron e xogaron. Rematamos esta soleada xornada cun paseo pola costa.

 

 

 

 

ALUMNADO DE MOBILIDADE ERASMUS+ NO NOSO CENTRO:2022-1-ES01-SCH-000059410 ERASMUS+ EDUCAIÓN ESCOLAR

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Comezaron a súa estadia os trece alumnos checos e os seus profesores. Hoxe foron recibidos pola directora do centro e polo coordinador Erasmus. Durante os próximos días visitarán Oviedo, A Coruña, Sargadelos, Mondoñedo, Ribadeo etc

   

CHARLA E SURFING NA PRAIA DE ABRELA

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O alumnado de 1º de CSEAS e os tres alumnos visitantes de intercambio Erasmus checos puideron participar nunha charla e nunha sesión práctica sobre o mundo do Surf.

Viveiro Surf Escola foi o encargado de impartir estas sesións.

Estivo organizada por Benxamín Soto e acampañouno a profesora Sonia Prado.

Os temas tratados foron:
- Emprendemento: experiencia na creación dunha empresa de deporte, ocio e turismo.
- Saida profesional: probas e titulacions necesarias para traballar como monitor nunha escola de surf.
- Rendemento: experiencia na selección galega e española de surf.
- Inclusión: experiencia na selección de surf adaptado.
- Iniciación: como dar os primeiros pasos neste deporte en auxe

   

DESPEDIMOS A EVELINA

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fotografías da despedida á nosa alumna Evelina que regresa a Ucrania

ENCONTRO CON LOIS PÉREZ EN RIBADEO

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 2º da ESO participou nun encontro en Ribadeo co escritor Lois Pérez

Estiveron acompañados polas profesoras Amalia Pérez e Andrea López

Distribuir contido