Comezan as clases de CUALE -inglés e francés-!!!

 

A vindeira semana, a do 18 de setembro, comezan as clases de CUALE, tanto de INGLÉS como de FRANCÉS, en todos os niveis. 

 

Consulta no documento ADXUNTO o teu horario e a aula na que terán lugar.

PRAZAS LIBERADAS EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Este venres, 8 de setembro, foron publicados os ciclos de Formación Profesional con prazas dispoñibles para o curso 2023/2024. Así pois, aínda estás a tempo de matricularte no IES Monte Castelo en: 

i.-Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental

ii.-Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva

iii.-Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería

 

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40878

As prazas son LIMITADAS, así que matricúlate canto antes. 

Calendario escolar curso 2023/2024 IES Monte Castelo

Adxuntamos o calendario escolar vixente para o curso 2023/2024.

 

Descárgao aquí.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Adxuntamos a lista de libros de texto para o curso 2023/2024 naquelas materias que non se imparten no marco de EDIXGAL. 

Recordamos a vital importancia das Aulas Virtuais nas materias que non contan con libro de texto nin EDIXGAL como espazos para facilitar os materiais ó alumnado. 

CALENDARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2023/2024

O vindeiro luns, 11 de setembro, terán lugar as presentacións do alumnado de ESO, Bacharelato, FP e Adultos.

Nas horas indicadas no arquivo adxunto, o alumnado agardará polo profesorado titor na patio diante da porta principal. 

A partir do martes, 12 de setembro, iniciaranse en todos os niveis as clases en horario habitual. 

 

*Queda pendente de comunicación o inicio das clases de CUALE (inglés e francés, todos os niveis), así como de Español para Estranxeiros. 

Curso de Capacitación Dixital. INSCRICIÓN.

No curso 2023/2024, o IES Monte Castelo incorpórase á Rede Nacional de Centros de Capacitación Dixital, iniciativa formativa que pretende achegar a competencia dixital a toda a cidadanía. Coa creación dunha aula de informática con 20 novos postos de traballo poderase impartir un curso básico de capacitación dixital para o sector produtivo orientado a toda a poboación interesada. 

 

CARACTERÍSTICAS

-duración de 30 horas

-gratuito

-certificado da Consellería de Educación (válido para bolsas, oposicións, concursos...)

-varios grupos en diversas quendas e horarios

-impartidos por docentes do IES Monte Castelo que contan coa acreditación dixital

 

DESTINATARIOS

-persoas maiores de 18 anos e sen límite de idade

-persoas que non estean matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación

 

MATRÍCULA

Descarga o impreso adxunto e remíteo ó noso enderezo electrónico (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou entrégao no IES Monte Castelo

MATRÍCULA 1º CURSO CICLOS FORMATIVOS. Documentación e impresos matrícula

  Documentación a presentar para a matrícula nun Ciclo Formativo:

q  Fotocopia do DNI do alumno

q  Fotocopia da tarxeta sanitaria

q  2 fotos tamaño carné

q  Certificación académica de acceso ó ciclo

q  Se é menor de 28 anos, xustificante de pago do seguro escolar a nome do alumno (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028

q  Autorización de imaxe (todos os alumnos): Pichar aquí

q Autorización saídas (sólo alumnado menor de idade): Pincha aquí

- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Ordinario)

- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Adultos)

- Impreso matrícula ciclo superior Ensinanza e Animación Sociodeportiva

- Impreso matrícula ciclo superior Química e Saúde Ambiental

RECOLLIDA VALES MATERIAL ALUMNADO ESO PARA CURSO 2023-2024

Xa están dispoñibles os vales de material do alumnado de ESO que o solicitou para o curso 2023-2024.

Podedes pasar a recollelo por Secretaría en horario de 9:30 h. a 13:30 h.

1º PREMIO AUTONÓMICO CLASES SEN FUME: 1º ESO A goza dunha semana de campamento en GANDARIO

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O alumnado de 1ºESO A disfrutaron en Gandarío dunha semana de actividades naúticas en compañía da súa titora Ana Cabral.

Este foi o seu agasallo por acadar o primeiro posto no certame de Clases sen Fume.

CELEBRACIÓNS DE FIN DE CURSO-CONCERTO DE CASTELO ROCK

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Concerto do grupo formado por profesorado do centro Castelo Rock

Gonzalo na batería

Jose coa guitarra eléctrica

Raquel no violín

María nos teclados

Raúl co baixo

Vizoso coa guitarra eléctrica

e

Benxa voz e guitarra eléctrica

 

 

                                           ENLACE AO VIDEO DA ACTUACIÓN

Distribuir contido