Axudas (bolsas)

CONVOCATORIA BECAS PARA CURSO 2024-2025 (Bacharelato, Ciclos Formativos, Universidade). Prazo do 19 de marzo ó 10 de maio de 2024

 

O prazo de presentación de solicitudes de beca,  é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es  ou  www.educaciónyfp.gob.es

 Poñer atención en finalizar envío ata obter resgardo de presentación.

Procedemento:

Primeiro hai que rexistrarte na Sede electónica do Ministerio de Educación:

- Si xa se está rexistrado previamente para calquera outro trámite, a conta segue sendo válida e non fai falta que rexistrarse de novo.

- Si nunca se rexistrou, hai que acceder en "Regístrese" e seguir os pasos para crear unha conta.

 

Para acceder á solicitude de beca, pódese facer de duas formas:

- Con Cl@ve (claves electrónicas das administracións públicas) ou certificado electrónico

- Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistrache na sede electrónica

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral

Documento informativo becas 24-25: pinchar aquí

RECOLLIDA VALES MATERIAL ALUMNADO ESO PARA CURSO 2023-2024

Xa están dispoñibles os vales de material do alumnado de ESO que o solicitou para o curso 2023-2024.

Podedes pasar a recollelo por Secretaría en horario de 9:30 h. a 13:30 h.

FONDO SOLIDARIO (PRÉSTAMO) LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. ALUMNOS ESO. CURSO 2017/18

Fondo solidario (préstamo) libros de texto/axudas material escolar. 2017/18

(Orde do 16 de maio de 2017).  DOG do 22/05/2017.

Destinatarios:

1º.- Fondo de libros: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO o vindeiro curso 2017/18.

2º.-Axudas para a adquisición de material escolar: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€

Requisitos:

Ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2016/17 ou prestados polo centro. O prazo máximo para esta devolución será o 23 de xuño de 2017

Lugar e prazo de presentación:na secretaría do centro ata o 23 de xuño de 2017, en horario de 9:15 a 13:30 horas.

Documentos que  deben acompañar coa  solicitude:

Presentarase en formato papel utilizando o formulario normalizado (Anexo I) unha sola solicitude para todos os fillos admitidos no centro especificando o nivel de estudios que esperan realizar cada un deles no curso 2017/18.

   ü  Formulario de solicitude (Anexo I). O modelo normalizado, así como toda a información está dispoñible na Sede Electrónica (Procedemento ED330B), na páxina web do centro e  na Conserxaría do centro.

    ü  Identidade: Cando non autoricen a consulta telemática, copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar

    ü  Membros computables da unidade familiar (acredítase mediante a copia do libro de familia onde figuren todos os membros  a data 31/12/2015). Si non coincidira:

·         Sentenza de separación

·         Certificado de convivencia (na que consten todos os membros da unidade familiar)

·         Informe dos servizos sociais

·         Certificado de falecemento

    ü  Grao de discapacidade emitido polo órgano competente da condición de perceptor de pensión da Seguridade Social si está recoñecido por un órgano que non pertenza a Xunta de Galicia

    ü  Renda Familiar: copia da declaración ou certificado tributario  do ano 2015 (si autorizan a consulta telemática non é necesario presentar a declaración do IRPF)

   ü  Violencia de Xénero: Calquera das formas prevista no artigo 5 da lei 11/3007 de 27 de xullo

    ü  Incapacidade Xudicial (Coa correspondente resolución)

   ü  Tutela ougarda da Xunta de Galicia (Resolución xustificativa ou carta do centro de menores).

Renda per cápita:

Cálculo da renda per cápita: é a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables (o pai, a nai o alumno e irmáns solteiros menores de 25 anos que convivan no  domicilio familiar a 31 de decembro do ano 2015 ou maiores de 25 que teñan algún tipo de discapacidade). Os membros cunha discapacidade igual ou superior ao 33% computarán por dous membros da unidade familiar

Renda familiar: Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2015, sumarán os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) da declaración.

  Para máis información portal da Consellería de Cultura, Educación e O.U

  • Listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018:
  • Listaxe definitivo do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018:

AXUDAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA BECARIOS

Convócanse distintas axudas para participar no programa de Inmersión Lingüística e a realización de cursos de linguas no estranxeiro.

Para máis información ver o seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Distribuir contido