Artes

PROXECTO 25N 2020. "AUSENCIAS"

25 N. En negro contra a violencia machista

Taller co CEIP Vista Alegre

Taller co CEIP Vista Alegre

Venres 8 de abril de 2016- Dentro da Semana das Artes o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes realizou un taller co alumnado de 5 anos do CEIP Vista Alegre para a preparación da exposición que terá lugar na Casa da Cultura en colaboración cos colexios de Burela, na Semana das Artes. A actividade consiste na realización de esculturas baseadas no Universo de Miró.Nestes talleres búscase transmitir aos nenos a importancia da expresión Artística e axudar ao alumnado de artes a transmitir os coñecementos que van adquirindo.

Esta actividade está organizada polo departamento de Artes e participaron as profesoras Concepción Blanco, María Martín e Rodrigo García.

 
   
   

Escultura móbil "O son do vento"

Escultura móbil "O son do vento"

Para conmemorar os 35 anos do Instituto Monte Castelo realizouse unha gran escultura móbil que ten relación co programa Voz Natura, da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre. A obra foi realizada polo ferreiro Friedrich Bramsteidl en colaboración con outros tres artesáns do occidente asturiano.

O acto oficial de inauguración foi o 19 de xuño de 2014

 A noticia na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/06/20/ies-monte-castelo-energia-35-anos-vida/0003_201406X20C12991.htm

 

 

               

     

 

 

 

 

Cartel Día mundial de lavado de manos

Día mundial de lavado de manos- 5 de maio

O luns 5 de maio no Hospital da Costa ás 12 da mañá realizarase un pegado simbólico de carteis referidos á campaña "Lavado de manos". O cartel foi elaborado pola alumna Vanessa Balseiro García de 2º de bacharelato de artes.

As 12:30 recepción por parte do persoal médico do Hospital da Costa aos alumnos/as de 1º e 2º de ESO e o profesorado participante no salón de actos do hospital. Despois recibirán unha charla informativa sobre a campaña de Lavado de manos coa que se prentende mentalizar á sociedade da importancia do lavado das mans como unha medida de eficacia comprobada para a disminución das infeccións asociadas ó cuidado da saúde (diarreas, gripes, hepatitis A … ) e, en definitiva, para facer unha vida máis saudable e segura.

                    

 

 

 

   

Conferencia do artista David Catá

Luns 31 de marzo de 2014- O artista David Catá, graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, impartiu unha conferencia a alumnos de 1º e 2º de bacharelato e a profesores. Esta actividade está organizada polo departamento de debuxo.

David Catá, ex-alumno do IES Monte Castelo, é un artista de Viveiro cunha extensa obra. Toda a información na súa web http://davidcata.com/

 

 

 

 

Voz Natura-Esculturas móbiles con material reciclado

O venres 26 de abril realizase no patio exterior do centro a exposición de esculturas móbiles realizadas con material reciclado polos alumnos de 4º ESO. Esta actividade está dentro do programa Voz Natura 2012-13 da Voz de Galicia e está organizada polo departamento de artes en colaboración co departamento de tecnoloxía.

Esta actividade está inspirada no escultor César Manrique consistente no deseño de esculturas móbiles con material reciclado que pretenden xerar e aproveitar a enerxía a través do movemento. Aparte da función, as obras escultóricas creadas amosan un especial cuidado pola estética e a variedade formas, acompañadas cun fermoso soporte sonoro rítmico, baseado nunha cuidada selección de música atonal de finais do século XIX caracterizada pola presenza de acordes ambigüos e inflexións rítmicas e melódicas fóra da normalidade.

   
   
   
   
   
 

Deseño Carteis Xornadas de Orientación

Os alumnos de bacharelato de artes deseñaron os carteis para as XII Xornadas de Orientación Socio Laboral que se levarán a cabo do 18 de abril ó 21 de maio.

   

E o cartel gañador foi:

 


 

Performance para celebrar o día de SAMAÍN

Alumnos de 2º curso Bacharelato de Artes realizan unha performance na entrada do instituto para celebrar o día de Samaín, 31 de outubro.

 
   

A árbore da vida

O luns 18 de maio ás 14 horas o IES Monte Castelo levou a cabo a inauguración dun proxecto escultórico chamado " A árbore da vida" a que contou coa presenza do artista José Luis Neira Brochs que colaborou durante o presente curso académico nas diferentes actividades levadas a cabo polo departamento de Artes do noso centro.

Esta " A árbore da vida"  é un proxecto escultórico baseado na técnica "land art" (realización de intervencións artísticas na natureza) que surxiu cando os alumnos de bacharelato de artes, a partir dunha árbore que ía ser talada, se propuxeron darlle vida a través da arte utilizando a cor como símbolo do renacer da vida e a iconografía con alusións á mitoloxía e simboloxía cristiá.

 

 

Distribuir contido