Premios

Premio Imaxiña 2012

'A fiestra da Mariña', fotografía gañadora do Imaxiña 2012.
Autora: Elvira López Rodríguez (IES Gamallo Fierros)

A Casa da Cultura de Burela acollerá durante o todo o mes de xaneiro a exposición dunha selección das obras realizadas no festival audiovisual da Fundación Imdecum.


Os premios do concorrido Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2012 recaeron IES Gamallo Fierros de Ribadeo, para Elvira López en fotografía, e Marqués de Sargadelos de San Cibrao. Así o deu a coñecer esta mañá a Fundación Imdecum na Casa da Cultura burelá, nun acto que contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto á concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, e o fotógrafo focego Xulio Villarino, ademais do presidente do colectivo, Marcelino Luna, así como o vicepresidente, Manuel Blanco, e o secretario, José Luis Sáez.

O traballo fotográfico “Unha fiestra da Mariña”, da ribadense Elvira López (2º BAC) recibiu como premio unha cámara fotográfica, coma o cervense Manuel Trigo Bello (4º ESO), polo vídeo ‘Raízes Galegas’. Na primeira categoría, tamén quedaron finalistas as imaxes captadas por Óscar Cora, do Vilar Ponte de Viveiro (1º BAC), e Juan Manuel Sánchez e Lara Fernández, do Monte Castelo de Burela (2º BAC).

Premios instituto galego de consumo 2008

 
 Marta Timiraos Nieto e Eva Fernández Moscoso,alumnas do bacharelato de
Artes do noso centro gañaron o primeiro e terceiro premio
respectivamente, no certamen de carteis que o Instituto Galego de
Consumo convocou o pasado mes de Setembro. Máis información
   

 

Distribuir contido