Histórico de actividades

ENTREGA DOS DIPLOMAS E PREMIOS POLO SAMAÍN

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe foron entregados os diplomas e os premios aos grupos e alumnado gañador das exposicións polo Samaín e tamén a curta do concurso.

Noraboa aos premiados e moitas grazas a todos os que participaron nesta iniciativa do Equipo de Biblioteca coordinado por Amalia Soto.

 

SAMAÍN NO NOSO INSTI

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres o noso alumnado montou unha exposición coa que se trata de dar a coñecer a celebración do Día dos mortos en diversas culturas ou países (especialmente aqueles dos que temos alumnado no noso centro). O alumnado de cada clase investigou sobre unha cultura ou país, guiados polo profesorado dalgunha materia e o/a titor/a.

Viaxe cultural a Narón e Ferrol- Maio 2013

Os alumnos de 3º de ESO realizaron unha viaxe didáctica á comarca de Ferrolterra para asistir en Narón no Pazo da Cultura á obra de teatro " Días sen gloria" de Roberto Vidal Bolaño representado por actores do Centro Dramático Galego. Ademáis visitaron o xardín temático sobre a auga Aquaciencia  no Parque Raíña Sofía de Ferrol.

Esta actividade está organizada polo Clube de lectura do centro e os profesores acompañantes foron Cecilia Martín e Carmen Cociña.

   



Distribuir contido