ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Dispositivo de subministro de auga filtrada
O IES de Ortigueira ven de instalar un dispositivo para o subministro de auga filtrada de calidade, fría ou do tempo, para o uso de toda a comunidade educativa. A idea da actuación é a de diminuir o consumo de plásticos e a de que o alumnado poida beber auga, de xeito gratuito, sen necesidade de collela nos servizos, evitanto en todo caso o xeito de beber directo ao grifo, cos riscos que comporta. Para poder usar o servizo é necesario traer da casa algún tipo de vaso ou botella reutilizable que poida ser transportado na mochila ou ben gardado no moble persoal para pertenzas. O servizo estará a proba unha temporada e o seu mantemento ou supresión dependerá do bo uso que se faga del.