ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Información Xeral
ENCONTROS VIRTUAIS COA USC
Como conectarse ás videoconferencias?
-
Entra nesta ligazón https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
-
Preme no grao no que estás interesado/a.
-
Preme no botón “Acceder á videoconferencia”.
-
Ábrese o Navegador e, se non tes instalado Teams, elixe “Unirse por Internet en su lugar”
-
Ábrese outra ventana e elixe “Unirse ahora”
-
Xa podes participar na Videoconferencia.
AVALIACIÓN DE DIÁGNÓSTICO Cuestionario para responsábeis do alumnado
Cuestionario do alumnado e das familias - 2.º ESO - Curso 2023/24
Avaliación de diagnóstico
2.º curso de educación secundaria obrigatoria
Curso 2023-2024
Avaliación obxectiva e reclamacións contra as cualificacións
ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. AQUÍ
Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa
No caso das revisións de cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou de cualificacións nas materias pendentes de primeiro curso de bacharelato, presentaranse por escrito, no centro no que se cursasen, dirixidas á dirección do centro, nos seguintes prazos:
Convocatoria ordinaria: 20 e 21 de maio de 2024.
-
Convocatoria extraordinaria: 17 e 18 de xuño de 2024.
No caso das revisións de cualificacións de materias de primeiro curso de bacharelato
Convocatoria ordinaria: 13 e 14 de xuño de 2024
Convocatoria extraordinaria: 27 e 28 de xuño de 2024
No caso das revisións de cualificacións de materias de ESO
Convocatoria ordinaria: 27 e 28 de xuño de 2024
Procedemento de revisión: MODELOS ORIENTATIVOS EN ARQUIVO ADXUNTO EDITABLE
Para as revisións das cualificacións de ciclos formativos actuarase de acordo co disposto no artigo 45 da ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
Prazos de reclamación: 27 e 28 de xuño de 2024 mediante escrito dirixido á dirección do centro.
Entrega de resolucións de reclamación: 30 de xuño de 2024
Actividades de formación en linguas estranxeiras
Consulta nesta ligazón (remate do prazo 12 de marzo)
Valores de ponderación de materias da ABAU para o curso 24-25
ABALAR MOBIL, PARA RECIBIR COMUNICACIÓNS DO CENTRO
Ferramenta para consultar a información do alumnado e recibir comunicacións do centro a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Preme na imaxe para aprender a conectarte. No caso de ter dificultade envía un correo a ies.ortigueira@edu.xunta.gal
Relación de libros de texto aprobados para o curso 2023-2024
Premendo nos diferentes enlaces podes ver a relación de libros de texto aprobados.
Servizos complementarios (transporte e comedor escolar)
O comedor escolar do centro (que funciona os luns e terá un máximo de 17 prazas) foi creado no seu día, non como medio de conciliación. A súa función é a de dar servizo ao alumnado que non ten servizo de transporte de mediodía. Vila de Vares, Mañón, Grañas, Ribeiras, Ermo, Insua e toda a liña de Couzadoiro.
A seguinte prioridade é atender aquel alumnado que, aínda tendo servizo, vive moi lonxe das paradas, e non ten tempo, ou ten moi pouco tempo para camiñar, xantar, camiñar, tomar de novo o autobús.
A partir de aí as prazas vacantes, ofertánse a alumnado cuxos responsábeis teñan a necesidade de conciliar no mediodía do luns.
A asistencia ao coro escolar e ás actividades tecnolóxicas amplía, cun servizo que paga o centro, a posibilidade de quedar en Ortigueira ao mediodía, coa fin de que o lugar de residencia nunca sexa obstáculo para a participación nestas actividades.
Descarga AQUÍ o modelo de autodeclaración no que autorizades á Consellería a consultar os vosos datos da renda, para contrastar co declarado e comprobar a exactitude do importe a satisfacer, de ser o caso.
Instrucción de comedores para o curso 22-23
O alumnado de ensinanzas non obrigatorias que empregue transporte escolar debe solicitar a Tarxeta Xente Nova
Consulta no arquivo adxunto a relación de paradas dos servizos de transporte.
Transporte escolar
Circular de transportes para o curso 23/24
Solicitude de modificación de itinerario
ESO E BACHARELATO Prazos e Impresos de matrícula
Preme sobre a ensinanza na que te queres matricular.
PRAZO DE MATRICULACIÓN:
ESO E BACHARELATO: 27 de xuño ao 7 DE XULLO ás 13 horas
Para todos os cursos Documento de autorización uso de imaxes en actividades non docentes
1º de ESO: Fotocopia do Libro de Familia, 2 fotos carnet.
2º de ESO: 1 foto carnet
Resto de cursos: 1 foto carnet, 1 euro e 12 céntimos en concepto de Seguro Escolar.
A maiores desta documentación, o alumnado que se matricule no centro, procedente de sistemas educativos doutros países deberá presentar o DOCUMENTO DE INSCRIPCIÓN CONDICIONAL debidamente cuberto
Normativa de referencia:
Podes acceder aos Procedementos:
Para a reserva de praza E550A ED550A bis
Para a solicitude de admisión en prazo e fóra de prazo E550B ED550B bis
Para a solicitude de admisión extraordinaria E550C ED550C bis
Convocatoria de probas libres de Formación profesional
Prema na LIGAZÓN para acceder á información.