ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Curso 23-24
Asistencia e participación en "Les trois mosquetaires"
O alumnado de 2ª lingua estranxeira francés de 3°e 4º de ESO, e de 1º de Bacharelato viaxou a Santiago para ver unha adaptación de "LES TROIS MOUSQUETAIRES" de Alejandro Dumas. Debido á "imprevista..." indisposición dun dos actores da compañía algún alumno do IES de Ortigueira tivo que colaborar na representación da obra.
Olimpiada española de Bioloxía
O IES de Ortigueira, representado por Lucía Álvarez, participou na fase final galega da XIX Olimpiada española de Bioloxía.
Esta competición celebrouse o pasado 23 de febreiro de 2024 na Facultade de Bioloxía de Vigo, e nela competiron os 80 alumnos/as finalistas de 39 centros de toda Galicia, seleccionados previamente de entre máis de 400 participantes, nunha primeira proba celebrada en cada un dos centros, controlada telemáticamente polo comite organizador do evento.
MOITOS PARABÉNS!
I Edición do concurso "CIFRAS E LETRAS"
Viaxe a París
O alumnado de Bacharelato que cursa a optativa 2ª Lingua estranxeira Francés neste curso escolar 2023/24 participou nunha viaxe cultural a París.
Ao longo da semana a rapazada puido coñecer cidades como Bordeaux,Tours, París e Poitiers.
Para sempre quedarán nas suas retinas os monumentos máis significativos desta cidade maxestuosa e sobre todo as lembranzas de momentos inesquecíbeis partillados coas súas compañeiras e compañeiros.
Porque sen dúbida "A mellor lembranza, é unha fermosa lembranza partillada con amizades."
E hai lugares onde un fica e lugares que fican nun.
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
Dentro do marco das actividades organizadas polo Equipo de Biblioteca e o departamento de Lingua galega e Literatura do IES de Ortigueira, o pasado 5 de marzo recibimos a visita da autora de literatura infantil e xuvenil Andrea Maceiras para presentar a súa obra “Alma de elefante”, premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, 2022, con ilustracións de Jordi Solano.
A autora fixo unha presentación específica para o alumnado de 1º da ESO mais tamén recibiu alumnado doutros niveis que leu algunhas das súas obras no que vai de curso. Ao final da presentación asinoulle os seus libros moi amablemente.
MOITAS GRAZAS A ANDREA MACEIRAS E AO GRUPO ANAYA-XERAIS POLA ACTIVIDADE! GRAZAS AO ALUMNADO POR ESTAR Á ALTURA DA VISITA!
Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva"