ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Dependencia
CM Dúal de Dependencia Visita a Galicia Skills
A que será 1ª promoción do CM Dúal "Atención a persoas en situación de dependencia" desprazouse a Silleda na súa 1ª saída didáctica, acompañada por unha das súas docentes. Nesta ocasión, a maiores de coñecer a oferta de formación profesional e o impulso que se lle debe dar desde o sistema educativo e na sociedade, o grupo presenciou, xunto con outros grupos do centro, a competición Galicia Skills, animando aos dous alumnos que representaron ao IES de Ortigueira na competición da familia profesional de carpintaría.
Desde o centro aproveitamos a ocasión para animar a todas as persoas que desexen formarse en Atención á Dependencia a aproveitar esta nova oferta formativa do centro, con excelentes perspectivas laborais.
Visita ao Obradoiro de estimulación cognitiva
O alumnado do ciclo de "Atención a persoas en situación de dependencia" realizou un obradoiro de estimulación cognitiva que estivo exposto na biblioteca do centro. Neste obradoiro creáronse diferentes utensilios e xoguetes, recursos de estimulación para o adestramento das funcions cognitivas "exercicio cerebral", e para a mellora e/ou recuperación de habilidades de motricidade fina necesarias para a vida diaria.
O pasado martes 27 de febreiro persoas usuarias da Asociación Aspromor visitaron o obradoiro, onde recibiron o correspondente Diploma acreditativo de participación na actividade.
Formación "Coidados compartivos"
O alumnado de 1º do CM "Atención a persoas en situación de dependencia" (Modalidade DÚAL) asistiu os pasados 23 e 24 de novembro ao curso para coidados a persoas con demencia neurodexenerativa, organizado polo Concello de Ortigueira en colaboración con outras asociacións.
.
Os estudos de "Atención a persoas en situación de dependencia"
"Atención a persoas en situación de dependencia" polo Réxime de persoas Adultas
e na Modalidade DUAL. O horario de formación no centro será en xornada de tarde.
Preme na imaxe para acceder á guía básica