ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Lexislación educativa
Avaliación obxectiva e reclamacións contra as cualificacións
ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. AQUÍ
Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa
No caso das revisións de cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou de cualificacións nas materias pendentes de primeiro curso de bacharelato, presentaranse por escrito, no centro no que se cursasen, dirixidas á dirección do centro, nos seguintes prazos:
Convocatoria ordinaria: 20 e 21 de maio de 2024.
-
Convocatoria extraordinaria: 17 e 18 de xuño de 2024.
No caso das revisións de cualificacións de materias de primeiro curso de bacharelato
Convocatoria ordinaria: 13 e 14 de xuño de 2024
Convocatoria extraordinaria: 27 e 28 de xuño de 2024
No caso das revisións de cualificacións de materias de ESO
Convocatoria ordinaria: 27 e 28 de xuño de 2024
Procedemento de revisión: MODELOS ORIENTATIVOS EN ARQUIVO ADXUNTO EDITABLE
Para as revisións das cualificacións de ciclos formativos actuarase de acordo co disposto no artigo 45 da ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
Prazos de reclamación: 27 e 28 de xuño de 2024 mediante escrito dirixido á dirección do centro.
Entrega de resolucións de reclamación: 30 de xuño de 2024
Proxecto Educativo de Centro e Documentos incluidos no mesmo
PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO
Consulta aquí o PEC do IES de Ortigueira (aprobado en Consello Escolar de 1 de xuño de 2010). Este documento debe ser revisado para adaptalo aos cambios lexislativos, polo tanto contén certas disposicións que xa están derrogadas, e están de feito substituidas polas que se adaptan á lexislación vixente.
ANEXOS AO PEC
Consulta AQUÍ o Plan de convivencia, aprobado en C.E. de 20 de decembro de 2019. AQUÍ o Plan de benestar emocional aprobado en C.E. de 13 de decembro de 2023.
Consulta AQUÍ o Plan de Igualdade, aprobado en C.E. de 28 de xaneiro de 2020.
Consulta AQUÍ o Proxecto lingüístico actualizado á LOMLOE,aprobado en C.E. de 13 de decembro de 2023.
Consulta AQUÍ o Plan Xeral de atención á diversidade aprobado en Consello Escolar de 14 de xuño de 2017. O Anexo 4 (Consello orientador) foi adaptado no curso 19-20 para adaptar o grao de consecución de obxectivos ás categorías establecidas na aplicación informática XADE.
Consulta AQUÍ o proxecto lector.
Consulta AQUÍ o PLAN DIXITAL DE CENTRO aprobado o 17 de novembro de 2023.
Plan anterirores: Plan dixital xuño 2022
Regulamento dos IES e Instruccións para o seu desenvolvemento
Descarga aquí o ROC , a orde pola que se dictan as instruccións para o seu desenvolvemento, e a modificación (Orde de 28 de xuño de 2010) de aspectos da mesma para adaptar ás novas circunstancias os criterios de elección de grupos.
O Decreto 92/1988 que regula os órganos de goberno no ensino non universitario (hai modificacións deste na disposicion adicional 1ª do R.O.C)
Consulta tamén a ORDE de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo, e a ORDE de 4 de xuño de 2012 que modifica a anterior establecendo unha xornada lectiva de 20 horas.
Normas de organización, funcionamento e convivencia
O alumnado deberá coñecer as normas de organización e funcionamento (NOF), que forman parte do Plan de convivencia.
Publícase aquí toda a normativa relacionada:
O Real Decreto 732/1995, de 5 de maio polo que se establecen os derechos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros, e a LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, que regula dereitos e deberes dos alumnos, profesores e pais. Esta última lei non deroga o R.D. anterior, aínda que si corrixe tódolos aspectos del que a contradigan.
O Decreto 8/2015, que desenvolve a Lei 4/2011.
Podes descargar aquí o Documento de constatación de feitos incluido nas NOF, que inclúe o envío á Aula de Convivencia.
Publícase aquí, como orientación para o profesorado, unha recomendación de secuencia de actuación ante unha medida leve contraria á convivencia no centro.
Normativa que regula as ensinanzas ofertadas polo IES de Ortigueira
Aquí podes descargar e/ou ligar coas principais normas publicadas no DOG que regulan:
A ESO E O BACHARELATO
A FP BÁSICA E OS CICLOS FORMATIVOS
Orde que regula a implantación, Admisión a FP Básica (Resolución de maio do 22) Consello orientador de FP básica, Orde 2015 (avaliación e promoción)
A ESA: LIGAZÓN á Lexislación
Os ciclos formativos: FCT, avaliación, Novo Decreto 114/2010, Nova Orde desenvolvemento 2011, Resolución desenvolvemento 2012-2013, Resolución desenvolvemento 17-18, Resolución desenvolvemento 19-20 e correción de erros, Orde que regula o procedemento de expedición do Certificado de Prevención de riscos laborais para o alumnado que cursa ciclos formativos. Resolución de 4 de agosto de 2020, Resolución desenvolvemento xuño 2021.
Os PROGRAMAS CUALE (Orde de 12 de maio de 2011)
A atención á Diversidade:
Decreto que regula a atención á Diversidade, NOVA ORDE que desenvolve o decreto de atención á diversidade.
Lei 7/2004 do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes
Modelo de Consello Orientador
Orde pola que se aproba o Calendario escolar
Normativa de Permisos e Licenzas, e de reducción de xornada
Consulta aquí a orde que regula os PERMISOS E LICENZAS
SOLICITUDES: Anexo IV Anexo V Anexo I e Anexo II (pendentes de modificación)
Normativa para accidentes laborais, formularios
Validacións e equivalencias. Normativa e Procedementos
Orde para a homologación de estudios noutros paises. Neste enlace, podes obter toda a información sobre a validación de estudios, materias e holologación de títulos, e neste outro enlace podes obter o impreso para validación de modulos de ciclos formativos. E aquí as instruccións para a validación de módulos cuxa competencia e do MEC. Mais información no enlace de Formación profesional. Para as validacións de FOL ver os artigos 52 e 53 do Decreto114/2010
Orde e corrección de erros nas que se establecen equivalencias entre os actuais titulos de ESO e Bacharel, con outros de sistemas anteriores
Neste ENLACE podes ver un resumo das diferentes equivalencias entre estudos de sistemas anteriores cos estudos actuais
Xestión económica do centro
A xestión económica do centro está regulada polo Decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a autonomía na xestión dos centros docentes públicos non universitarios.
Protocolos diversos de atención e intervención
Nesta LIGAZÓN podes descargar diferentes protocolos de actuación (Protección de datos, Absentismo Escolar, TDAH, urxencias, atención educativa no domicilio, e corrección de condutas, etc)
Gardamos en arquivoas adxuntos algúns modelos adaptados aos datos do centro.
Espazo temático de Normativa Educativa
Neste ENLACE ó portal da XUNTA podes buscar leis educativas por temática