ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Curso 19-20
Información para o terceiro trimestre
Pasado este período de descanso, e ata coñecer a decisión definitiva que poida tomar a administración, o IES de Ortigueira continuará coas propostas de actividades formativas en liña, organizadas por semanas.
Nestas datas traballamos para resolver problemas de acceso ás TIC, pois ningún alumno ou alumna do centro poderá quedar desconectado. Para iso poñeremos á súa disposición todos os recursos materiais necesarios.
Aproveitamos esta entrada para publicar un vídeo, no que o persoal do centro quere amosarvos o seu agarimo. Premede na imaxe.