ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Francés
Asistencia e participación en "Les trois mosquetaires"
O alumnado de 2ª lingua estranxeira francés de 3°e 4º de ESO, e de 1º de Bacharelato viaxou a Santiago para ver unha adaptación de "LES TROIS MOUSQUETAIRES" de Alejandro Dumas. Debido á "imprevista..." indisposición dun dos actores da compañía algún alumno do IES de Ortigueira tivo que colaborar na representación da obra.
Viaxe a París
O alumnado de Bacharelato que cursa a optativa 2ª Lingua estranxeira Francés neste curso escolar 2023/24 participou nunha viaxe cultural a París.
Ao longo da semana a rapazada puido coñecer cidades como Bordeaux,Tours, París e Poitiers.
Para sempre quedarán nas suas retinas os monumentos máis significativos desta cidade maxestuosa e sobre todo as lembranzas de momentos inesquecíbeis partillados coas súas compañeiras e compañeiros.
Porque sen dúbida "A mellor lembranza, é unha fermosa lembranza partillada con amizades."
E hai lugares onde un fica e lugares que fican nun.
Probas DELF 22 23
Un ano máis alumnado de Bacharelato preparou e superou as pruebas DELF.
Sara, Lucía, Elodia, Isabel, Uxía, Pablo, Kilian y Diego Area superaron o nivel B1.
Elías superou ol nivel A2.
Desde o Departamento de Lingua francesa queremos dar os parabéns a todos eles.
Actividade de iniciación á lingua e Cultura alemana
Oktoberfest mit bratwurts und Senf aber ohne bier. Prost!
Na cafetería do centro serviuse un almorzo alemán, organizando polo Departamento de Lingua francesa do centro, co motivo da festa de outono máis popular de Alemania, en versión mini.
DELF Scolaire 21-22
Acompañadas pola profesora da materia asistiron á Coruña 8 alumnas de Bacharelato do centro. As oito candidatas superaron as probas DELF 21-22.
Sara e Uxía de primeiro de bacharelato superaron o nivel A2. E Isis de primeiro, Candela, Adela, Nerea, Marta e Ángela de segundo o nivel B1.
DELF é un diploma oficial do Ministerio de Educación Nacional de Francia que acredita o nivel de Lingua Francesa. É recoñecido a nivel internacional e ten validez permanente.
Parabéns a todas elas polo traballo realizado!
DELF SCOLAIRE. PARABÉNS
Chary Docal e Alvaro Sampayo superaron as probas "Delf Scolaire", correspondentes aos niveis de francés A2 e B1 respectivamente. Trátase de diplomas oficiais e internacionais expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, que acredita as competencias en lingua francesa, que cursaron no IES como 2ª lingua estranxeira, a maiores do Inglés.
Teatro en lingua francesa
O alumnado de 3º de ESO que cursa 2ª Lingua estranxeira viaxou a Lugo para ver a obra " Le médecin malgré lui " representada pola compañía de teatro "Einadescola".
Os cursos 2º e 4º de ESO, e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato viaxaron a Santiago e A Coruña para ver "Quasimodo 100%" representada pola compañía de teatro "La Bohème"
PROBAS DELF 2019 PARABÉNS
Santi Sierra superou as probas "Delf Scolaire", correspondentes ao nivel B1 de Francés.Trátase dun diploma oficial e internacional expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, que acredita as competencias en lingua francesa, que cursou no IES como 2ª lingua estranxeira, a maiores do Inglés.
Parabéns.
Excursión a Francia 2019
Alumnado de Bacharelato das materias Francés e Tecnoloxía Industrial realizou unha saída didáctica a Francia,
con contidos relacionados coas dúas materias.Nesta LIGAZÓN podes visualizar máis imaxes da actividade.
Asistencia á obra de teatro "Le Malade imaginaire"
O alumnado que cursa 2ª Lingua estranxeira Francés de terceiro, cuarto de ESO e Bacharelato
asistiu á representación da obra "Le Malade imaginaire" na Coruña e en Santiago.