ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Avaliación obxectiva e reclamacións contra as cualificacións
ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. AQUÍ
Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa
No caso das revisións de cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou de cualificacións nas materias pendentes de primeiro curso de bacharelato, presentaranse por escrito, no centro no que se cursasen, dirixidas á dirección do centro, nos seguintes prazos:
Convocatoria ordinaria: 20 e 21 de maio de 2024.
-
Convocatoria extraordinaria: 17 e 18 de xuño de 2024.
No caso das revisións de cualificacións de materias de primeiro curso de bacharelato
Convocatoria ordinaria: 13 e 14 de xuño de 2024
Convocatoria extraordinaria: 27 e 28 de xuño de 2024
No caso das revisións de cualificacións de materias de ESO
Convocatoria ordinaria: 27 e 28 de xuño de 2024
Procedemento de revisión: MODELOS ORIENTATIVOS EN ARQUIVO ADXUNTO EDITABLE
Para as revisións das cualificacións de ciclos formativos actuarase de acordo co disposto no artigo 45 da ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
Prazos de reclamación: 27 e 28 de xuño de 2024 mediante escrito dirixido á dirección do centro.
Entrega de resolucións de reclamación: 30 de xuño de 2024
Adxunto | Tamaño |
---|---|
modelos orientativos editabeis.odt | 202.76 KB |