ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Visita ao Obradoiro de estimulación cognitiva
O alumnado do ciclo de "Atención a persoas en situación de dependencia" realizou un obradoiro de estimulación cognitiva que estivo exposto na biblioteca do centro. Neste obradoiro creáronse diferentes utensilios e xoguetes, recursos de estimulación para o adestramento das funcions cognitivas "exercicio cerebral", e para a mellora e/ou recuperación de habilidades de motricidade fina necesarias para a vida diaria.
O pasado martes 27 de febreiro persoas usuarias da Asociación Aspromor visitaron o obradoiro, onde recibiron o correspondente Diploma acreditativo de participación na actividade.