ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Tecnoloxía
Novo recoñecemento ao alumnado de Economía e Tecnoloxía do IES de Ortigueira
O programa, organizado pola Xunta, a Fundación Alcoa e o periódico La Opinión, busca fomentar o emprendemento entre os estudantes da provincia da Coruña.
Alumnos do instituto de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron nesta cuarta edición do concurso que se desenvolveu ao longo deste curso 2016/17.
O traballo foi coordinado polas profesoras Mariangeles Colmenero e Patricia Hermida, dende os Departamentos de Economía e Tecnoloxía; ademais contaron ca colaboración do Departamento de Madeira e Moble.
Os alumnos crearon unha miniempresa chamada Ecooikos que se adica a realizar Auditorías Enerxéticas e a desenvolver solucións sostibles e respetuosas co medioambente.
A entrega de premios tivo lugar o vernes 16 de xuño no CIFP Ánxel Casal Montealto da Coruña, e o centro ortegano acadou o terceiro premio que consistiu nunha dotación económica de 875 euros.
O primeiro e segundo premios foron para centros de Ferrol e Sada respectivamente, que presentaron unha caravana que funciona 100 % con enerxía renovable, o primeiro; e unha colección de roupa e calzado termoregulables a través do móvil, o segundo.
Preme AQUÍ e AQUÍ para ver as novas en prensa
O IES de Ortigueira en "Ciencia na Rúa"
O Departamento de Tecnoloxía do IES Ortigueira participou na XXII Edición de Ciencia na Rúa 2017 (A Coruña), que se desenvolveu no Parque de Santa Margarida, organizado polos Museos científicos Coruñeses MC2.
.
Auditoría Enerxética. O IES de Ortigueira 3º na final de Madrid
O xoves 4 de maio recibimos a visita no noso IES de dous técnicos da Fundación REPSOL que viñan a avaliar a Auditoría Enerxética levada a cabo por alumnado de 4 ESO.
Alumnos do IES de Ortigueira aprenden a usar a enerxía de xeito responsable
Nesta LIGAZÓN podes ver esta a ctividade do Departamento de Tecnoloxía.
The Shark Byte, Premio "Princesa de Girona" ao Emprendemento 2017 na FLL Galicia
"The Shark Byte", acadou o Premio "Princesa de Girona" ao Emprendemento, na recente competición FLL Galicia, celebrada en Ferrol o pasado sábado 18 de febreiro. A nosa equipa destacou na idea e na brillante exposición en varias linguas dun Proxecto de Robot para a limpeza dos nosos mares. Os nosos parabéns a este equipo e á iniciativa do Departamento de Tecnoloxía do Centro, que este ano decideu incluir estas actividades no marco dun "Contrato-Programa" encamiñado a acadar a excelencia educativa nesta materia.
Visita a Talleres Santiago. Alumnado de Tecnoloxía Industrial I
O alumnado de 1º de bacharelato, da materia tecnoloxía Industrial I visitou a empresa local Talleres Santiago, para coñecer as instalacións e adquirir coñecementos de funcionamento de motores e vehículos. O Departamento de tecnoloxía do IES de Ortigueira agradece a Santiago Sierra a boa disposición e o tempo adicado nesta actividade formativa na que lle tocou facer de profesor.
Robot que retira Plásticos do Mar
Consulta AQUÍ a nova en La Voz de galicia sobre o Proxecto que está a desenvolver o Departamento de Tecnoloxía do centro.
Galiciencia 2016 IES de Ortigueira
Alumnos do IES de Ortigueira, coa profesora de Tecnoloxía en Galiciencia (Ourense), presentando o seu traballo
Visita a Endesa Novembro 2016
Preme Aquí para ver a nova
I Concurso Geocaching da Escola Politécnica Superior de Lugo (USC):
O pasado mércores 18 de novembro 2 equipos de alumnos de 4º ESO do noso centro participaron no I Concurso Geocaching organizado pola Escola Politécnica Superior de Lugo (USC). Un dos nosos equipos acadou un meritorio terceiro posto. Parabéns dende aqui para todos eles.
Despois do concurso tivemos unha intensa xornada coordinada e guiada polos nosos anfitrións, visitamos un comedor e unha residencia universitaria, posteriormente visitamos a Domus do Mítreo e o Centro de Interpretación da Muralla.