III Edición do Premio Isabel Zendal de Pensamento Crítico

Seica o pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que o profesorado pode transmitir nunha aula. A alumna Andrea Casalderrey, de 3º ESO, recolleu o luns 28 de xuño o 3º premio na III Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato, organizados pola Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña.


A este premio Andrea presentou dous textos sobre o pensamento crítico e a divulgación científica. Nestes textos Andrea abordaba temas tan complexos como a hipocrisía nas relacións internacionais, a difusión de noticias falsas, os sesgos cognitivos a que estamos suxeitos na sociedade da información ou as campañas de intoxicación propagandística do goberno nazi. Ambos textos poden lerse nos arquivos adxuntos.


Andrea presentouse ao premio animada pola súa profesora de Plástica, Cillas Rodríguez. A profesora de Lingua Castelá, Fe Vega, axudou a puír a retórica de Andrea. Moitos parabéns ás tres!

AdxuntoTamaño
A importancia do razoamento.pdf118.55 KB
InformaciónContrastada.pdf120.84 KB