Exposicións

ENTROIDO 2024

Rematados os mandatos do Meco, o venres 9 febreiro chegou a xornada Celebración do Entroido no instituto, organizada pola EDLG e a Coordinación de Convivencia..

Foi unha mañá chea de ledicia e celebración. No concurso de grupos participaron 16 dos 17 cursos, moitos con coreografía e escenificación incluídas e todos con ideas e disfraces estupendos.

Moito traballo en equipo no que o alumnado demostrou que se pode convivir en armonía, traballando en grupo, escoitándose, chegando a acordos, incluíndo e obtendo resultados. 

Moitas grazas ao profesorado e persoal non docente pola colaboración que fixo posible esta celebración.

Tamén moitas grazas ao alumnado que participou no xurado, na presentación dos grupos e na colocación do mobiliario ao principio e recollendo ao final.

Os gañadores do concurso foron:

                                          

                                

No seguinte enlace hai un video co resume do concurso:

 

https://youtu.be/BC6ETgmPZdY

 

CONCURSO "DEBUXANDO CIENTÍFICAS"

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Rematou o concurso de debuxos sobre Científicas, concurso para conmemorar o "11 FEBREIRO: Día Internacional da muller e da Nena na Ciencia".

OS DEBUXOS ESTARÁ EXPOSTOS NO 1º ANDAR  DO EDIFICIO PRINCIPAL .                             

                      Debuxos premiados  

                                                                                                                      1º CICLO: Dora Noemí Yañac Anchari (1º ESO B)                 2º CICLO: Valeria Medina Silva (4º ESO C)

SAMAÍN 2021

Fai clic na imaxe se queres disfrutar das terroríficas creacións do noso alumnado.

 

III Edición do Premio Isabel Zendal de Pensamento Crítico

Seica o pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que o profesorado pode transmitir nunha aula. A alumna Andrea Casalderrey, de 3º ESO, recolleu o luns 28 de xuño o 3º premio na III Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato, organizados pola Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña.


A este premio Andrea presentou dous textos sobre o pensamento crítico e a divulgación científica. Nestes textos Andrea abordaba temas tan complexos como a hipocrisía nas relacións internacionais, a difusión de noticias falsas, os sesgos cognitivos a que estamos suxeitos na sociedade da información ou as campañas de intoxicación propagandística do goberno nazi. Ambos textos poden lerse nos arquivos adxuntos.


Andrea presentouse ao premio animada pola súa profesora de Plástica, Cillas Rodríguez. A profesora de Lingua Castelá, Fe Vega, axudou a puír a retórica de Andrea. Moitos parabéns ás tres!

ODA Á ALEGRÍA (EN CONFINAMENTO)

Os alumnos e alumnas do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña interpretan dende o seu confinamento a Oda á Alegría.

Bo Nadal

postal nadal 2018

Postal gañadora do Concurso de postais de Nadal 2018 - Nour Boubekeur Hamici (3ºESO)

Bo Nadal 2017

Como todos os anos, o alumnado do centro participou no concurso de postais. O gañador este ano foi José Pazos, alumno de 4º. 

 
Bo Nadal desde o IES Ramón Otero Pedrayo.
 
 
 
Distribuir contido