Radio patio

III Edición do Premio Isabel Zendal de Pensamento Crítico

Seica o pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que o profesorado pode transmitir nunha aula. A alumna Andrea Casalderrey, de 3º ESO, recolleu o luns 28 de xuño o 3º premio na III Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato, organizados pola Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña.


A este premio Andrea presentou dous textos sobre o pensamento crítico e a divulgación científica. Nestes textos Andrea abordaba temas tan complexos como a hipocrisía nas relacións internacionais, a difusión de noticias falsas, os sesgos cognitivos a que estamos suxeitos na sociedade da información ou as campañas de intoxicación propagandística do goberno nazi. Ambos textos poden lerse nos arquivos adxuntos.


Andrea presentouse ao premio animada pola súa profesora de Plástica, Cillas Rodríguez. A profesora de Lingua Castelá, Fe Vega, axudou a puír a retórica de Andrea. Moitos parabéns ás tres!

Podcast do programa de radio "A fume de carozo"

O alumnado de 2º da ESO protagonizou o programa número 272 de "A fume de carozo", que se emitiu o 28 de maio de 2019 na emisora Cuac FM.
O podcast do programa pode escoitarse e descargarse neste enderezo: https://cuacfm.org/radioco/programmes/a-fume-de-carozo/10x25/

O guión do programa foi elaborado por Félix Longueira e Susana Ferreira, do departamento de Xeografía e Historia, a partir de textos elaborados polo alumnado de Valores Éticos. O programa foi presentado polas seguintes alumnas e alumnos de 2º ESO: Fátima Blanco, Lidia Bodelón, Paula Gallego, Daniel Rodríguez, Sofía Scaniello, Yenni Acosta, Irene Bodelón, Víctor Casas, Claudia Núñez, Xavier Loureiro e Daniella Rentería.

OteroTeatro

Un grupo de alumando da materia de AED de 4ºESO, contitúen o elenco de Otero Teatro, dirixido por Juan Pérez Berná, representan no CC Monelos a "Julieta Vampira".

A fume de carozo

Se non poidestes escoitar A fume de carozo en directo? Eis o podcast do programa
https://cuacfm.org/radioco/
programmes/a-fume-de-carozo/9x22/

Este foi o programa número 244 de "A fume de carozo", que se emitiu o 8 de maio de 2018. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. 

O programa tratou sobre a igualdade, e foi coordinador polo profesor Félix Longueira Fafián. O alumnado de 2º ESO que participou na locución foi o seguinte: Irune Pereiro, Álvaro Santalucía, Julián Seijas, Yenni Acosta, Daniel Maderuelo, Carla Novo, Aitana Ramallo, Jorge Ramírez, Nour Boubekeur, Álvaro Devesa, Samuel Domínguez, Hugo Mendoza e Eric Vázquez.

Félix Longueira Fafián
IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña
Xefe do Departamento de Xeografía e Historia

Concurso literario Rita Suárez Amado

Parabens  a nosa alumna de 1ºESO, Eva Meléndrez Bergantiños,  que resultou premiada na categoría de relato curto da  XIII edición do Premio Rita Suárez Amado e que organiza o IES Plurilingüe Eusebio da Garda.

 

Premio "Sen adiccións ...un bo plan"

no caigas Parabéns ao noso alumno Roi Moreno Riveira, de 3º  da ESO, que foi premiado pola súa viñeta presentada na VII Edición do concurso de viñetas "Sen adiccións...un bo plan" promovido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña dentro do seu programa de lecer saudable para a mocidade.

Felicitación Nadal 2017

Cos mellores desexos para toda a comunidade educativa.

Postal.2017

Explica-Geografía con tus fotos

Curso 2016-17

Parabéns a nosa alumna Lucía Trillo Costa de 3º ESO, e o seu profesor Don Félix Longueira Fafián, que participará na fase nacional do V Concurso “Explica-Geografía con tus fotos” da Asociación de Geógrafos Españoles e ten como obxectivo despertar e fomentar a interese pola fotografía como medio para o coñecemento xeográfico e a explicación do territorio e a paisaxe no alumnado e o profesorado de tódolos niveis académicos.

 Lucía Trillo Costa, de 3º ESO B, foi premiada na fase galega do V Explica Xeografía coas túas fotos, con este magnífica fotografía e o texto que se acompaña. Parabéns!

https://3.bp.blogspot.com/-cpGtrZXCGM4/WR8Mc-sQTPI/AAAAAAAAAjo/QEFEPm8Z2SEG49beH_eAScj6nWcIQoWegCLcB/s1600/IMG-20170513-WA0000.jpg

A fotografía foi tomada na tarde do 27 de novembro do 2016 na praia de Boca do Río, no concello coruñés de Carnota. Esta praia ten una extensión duns 7 km.

Ao fondo vemos o Monte do Pindo. Este monte granítico ten unha altura de 627 metros. Diante do monte vemos a desembocadura do regato Valdebois atravesando a praia ata ó mar.

No verán é un lugar moi visitado xa que ten propostas moi atractivas: rutas de sendeirismo, numerosas praias, gastronomía local.

A paisaxe desta praia contémplase na súa totalidade desde o mirador de Lira. Cara a dereita, podes ver desde o cabo de Fisterra á praia de Carnota e, no lado esquerdo, a península de Barbanza.

 

Olimpíada Matemática 2017

Parabéns ás nosas alumnas Rita Claviño Leis e Uxía costa Pailos clasificadas para a fase final galega da Olimpíada Matemática Galega de 2ºESO a celebrar en Lugo o xoves 18 de maio.

Resultados Fase de Zona Olimpiada Galega

Camiños de Sombra

camiños na sombra

Xian Lois Alcayde Dans (alumno deste centro do 2010 ao 2014) presenta o seu libro Camiños na Sombra, gañador do Premio Balbino de Literatura

Distribuir contido