Libros de texto

Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2023-2024 / Publicación da listaxe de alumnado en Seccións Bilingües de 1º ESO

Os próximos días publicaranse os seguintes anuncios sobre o fondo solidario de libros de texto e os vales de material:

  • Publicación, no taboleiro do centro, da relación provisional de solicitudes admitidas ou excluídas o 12 de xullo de 2023.*
  • Prazo de reclamación: 13 e 14 de xullo.*
  • Publicación, no taboleiro do centro, da relación definitiva de solicitudes admitidas ou excluídas o 21 de xullo de 2023.*
  • Entrega de vales das axudas para material aos solicitantes a partir do 1 de setembro.
  • Entrega de libros ao alumnado ao inicio do curso. 

Así mesmo, na mañá do 21 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído das Seccións Bilingües (Ed. Física e Ed. Plástica) de 1º ESO. Ante calquera dúbida ou erro na listaxe poderán dirixirse ao Xefe de Estudos, Félix Longueira.

* Horario de atención ao público en xullo de 9:30 a 13:30h.

Libros de texto - curso 2023/2024

 

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pode consultar a relación de libros de texto e outro material curricular para o curso 2023-2024 aprobada para cada un dos niveis educativos.

Os libros en préstamo serán entregados ao alumnado entre o 11 e o 22 de setembro de 2023.

Libros de texto 2023-2024

Próximo remate prazo Fondo solidario libros e axudas material escolar 2023/2024

Lembramos  que o prazo para a solicitude do fondo de libros e axudas de material escolar para o curso 2023-2024 remata o 21 de xuño de 2023.

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2023-24: Orde do 10 de maio de 2023

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace

Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2023/2024

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2022-23: Orde do 10 de maio de 2023

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace)

Fondo Solidario de libros de texto.
- Alumnado admitido/matriculado en , e de  ESO durante o ano escolar 2023-24. O alumnado de 1º de ESO non o pode solicitar xa que participará no proxecto educación dixital (E-DIXGAL).
- Asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. 
- Terá preferencia o alumnado que estea en garda/tutela da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65%
- Garantirase o mínimo de 6 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 6000 €, garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%; e de 4 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Axudas para adquisición de libros de texto.

Alumnado de EE ou cunha discapacidade superior ou igua lao 65%. 300€.
Alumnado de ESO con NEAE, 270€ nos casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (ou en garda ou tutela Xunta);  e 180€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Axudas para adquisición de material.

Alumnado matriculado durante o ano escolar 2023-24 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €.
- O importe da axuda será de 75 € os casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (discapacidade maior a o 65% ou en garda ou tutela Xunta); 60€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Prazos.
- Prazo único de solicitude do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

Fondo solidario. Listaxes de solicitudes 2020-21

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade da listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; da listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, con indicación da causa de exclusión; e da relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, con indicación da deficiencia detectada ou da documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Distribuir contido