Actividades da Biblioteca

Actividades da Biblioteca

Concurso de logo para a biblioteca

A biblioteca celebrou en febreiro o seu concurso de logo. As profesoras Ana Campos, Lola García, Cillas Rodríguez e os profesores Juan Berná e Félix Longueira formaron o xurado. Despois dunha longa deliberación, o logo gañador resultou ser o de David Guerra Castelo, de 4º ESO A. Foi premiado , premiado cun vale de 50€ para a adquisición de material escolar.

Ao concurso presentáronse unha morea de logos. Varios deles foron tamén premiados. Velaí a foto de familia:

 

 

Obradoiro Xornalismo


Obradoiro de Xornalismo realizado no IES Ramón Otero Pedrayo o pasado 2 de abril de 2019.

Encontro con Carlos Negro

 
Os alumnos do IES Ramón Otero Pedrayo participaron o pasado día 4 de abril de 2019 nun encontro co escritor Carlos Negro, quen presentou o seu último libro "Aplicación instantánea".

Día da Paz

 

O alumnado do IES Ramón Otero Pedrayo participou na celebración do Día da Paz

A Tropa de trapo

Aquí tedes un vídeo sobre a actividade da Biblioteca que tivo lugar o pasado 26 de otubro de 2018.

Proxectos de Investigación

Dentro da asignatura de 1ºESO Investigación e tratamento da información, o alumnado está realizando proxectos de investigación sobre diferentes temas. Están colgados no noso blog: Bibliotero  

Que libro salvarías?

     Gasta lingua                       Bibliotero

Á nosa árbore de libros

Acabamos de colocar a nosa árbore, unha moi especial que di moito do lugar onde está colocada. Pasade por alí a vela. Moitas grazas a Iria, Anxo, Sofía, Álex e Jorge de 1º ESO pola súa axuda e ilusión. 

Distribuir contido