IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Programa de actividadesProgramación anual de actividades complementarias e extraescolares VISITA Á CASA DAS CIENCIAS (31/10/2023)O 31 de Outubro o alumnado de 1º ESO fixo unha saída á Casa das Ciencias. Alí experimentaron as distintas actividades dese museo científico e asistiron a unha sesión do Planetario. Viaxe de estudos a BarcelonaNas últimas semanas celebráronse no noso centro numerosas saídas de estudos. A máis relevante de todas foi a viaxe de estudos do alumnado de 4º ESO a Cataluña. Entre os días 17 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO desprazouse a Cunit (Tarragona). Desde alí realizaron unha visita guiada á cidade de Barcelona, acudiron a museos como CosmoCaixa ou visitaron a Sagrada Familia ou o Camp Nou. Realizaron tamén un percorrido pola cidade de Tarragona e disfrutaron de actividades náuticas en Salou. Até mesmo tiveron tempo de pasear pola praia! A viaxe foi unha experiencia inolvidable para o alumnado que marcha do noso centro ao final do presente curso. 25 de novembro: Día Internacional pola eliminación da violencia contra a mullerO 25 de novembro conmemoramos no centro o Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller. Dez minutos antes do recreo, o alumnado do centro reuniuse no patio para ler o nome e idade das 79 persoas que faleceron este ano a causa da violencia de xénero. Ao finalizar a lectura, gardouse un minuto de silencio. Con esta sinxela homenaxe desexábamos homenaxear as vítimas e manifestar o noso desexo de que dunha vez por todas desapareza a violencia contra as mulleres. Consulta de actividades extraescolares e complementariasOs departamentos didácticos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña organizan numerosas actividades extraescolares e complementarias ao longo do curso. Estas actividades están recollidas nas programacións de aula e son un complemento á formación do alumnado. Destas actividades moitas realízanse no propio centro, durante o horario lectivo do alumnado. Outras, que deberán ser autorizadas debidamente polas persoas responsables do alumnado, desenvólvense fóra do centro e poden exceder do horario lectivo. Na marxe dereita desta páxina web, no apartado Eventos, pode consultar todas as actividades pola súa data de celebración. Para iso, deberá picar na data concreta do calendario. No caso de que haxa unha actividade programada, o día aparecerá marcado en cor negra. Ao picar no día atopará tamén unha breve descrición da actividade, o seu horario e os cursos aos que está dirixida. As actividades extraescolares e complementarias, suspendidas durante o curso 2020/21 a causa da pandemia de coronavirus, retómanse neste curso 2021/22. Estas actividades estarán sempre suxeitas ás restricións sanitarias vixentes e respectan as indicacións recollidas no protocolo Covid da Consellaría de Educación. Actividades complementarias 2019-20- Relación trimestral de actividades 2019-20 - Taboa resumida de actividades por niveis 2019-20 Máis pola Igualdade
O Departamento de Orientación, en colaboración cos demais departamentos didácticos do centro, está a impulsar o proxecto "Máis Pola Igualdade" que se presentou ao premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade e a prevención da violencia de xénero.
https://www.facebook.com/OteroPolaIgualdade-179820212602337/ Actividades deportivas 2017-18
Deporte no centro 2017-18
GRUPOS 2016-17 - Ximnasia Artística II - mércores e venres de 16.00 a 17.00 - Balonmán/Baloncesto - xoves de 16.00 a 18.00 Robótica creativa 2016-17Actividade extraescolar: ROOTTECH::Robótica creativa::
|
Eventos |