Consulta de actividades extraescolares e complementarias

Os departamentos didácticos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña organizan numerosas actividades extraescolares e complementarias ao longo do curso. Estas actividades están recollidas nas programacións de aula e son un complemento á formación do alumnado. Destas actividades moitas realízanse no propio centro, durante o horario lectivo do alumnado. Outras, que deberán ser autorizadas debidamente polas persoas responsables do alumnado, desenvólvense fóra do centro e poden exceder do horario lectivo.

Na marxe dereita desta páxina web, no apartado Eventos, pode consultar todas as actividades pola súa data de celebración. Para iso, deberá picar na data concreta do calendario. No caso de que haxa unha actividade programada, o día aparecerá marcado en cor negra. Ao picar no día atopará tamén unha breve descrición da actividade, o seu horario e os cursos aos que está dirixida.

As actividades extraescolares e complementarias, suspendidas durante o curso 2020/21 a causa da pandemia de coronavirus, retómanse neste curso 2021/22. Estas actividades estarán sempre suxeitas ás restricións sanitarias vixentes e respectan as indicacións recollidas no protocolo Covid da Consellaría de Educación.