4º ESO

Excursión de fin de etapa

Ao longo da primeira semana do mes de abril, o alumnado de 4º ESO disfrutou da viaxe de fin de etapa a Cataluña. Durante seis días visitaron a cidade de Barcelona e Tarragona, combinando actividades de carácter científico, histórico, deportivo, así como lúdico en Port Aventura. Foron días de diversión e compañeirismo dos que son boa mostra estas instantáneas.

Obradoiro de igualdade de xénero en 4ºB

O luns 13 de xaneiro deu comezo o primeiro dos catro obradoiros de igualdade de xénero destinados ao alumnado de 4º ESO. Os obradoiros son impartidos por persoal especializado da empresa DELOGA. Unha vez rematados estes obradoiros, será a quenda de que o alumnado deseñe os seus propios materiais para a formación en igualdade do alumnado de 1º e 2º da ESO.

Así mesmo, o alumnado de 3º ESO traballará contidos relacionados coa diversidade sexual e a prevención das ETS. Neste caso, será persoal de CASCO quen imparta esta formación.

En ambos casos, os obradoiros desenvólvense no horario de Valores Éticos, posto que desenvolven contidos curriculares. Contarán sempre coa presenza do profesorado responsábel da materia.

Charla Exparlamentarias 4ºESO

Os estudantes do IES Otero Pedrayo da Coruña coñeceron hoxe nunha charla o funcionamento do Parlamento de Galicia, nun ciclo de charlas impulsado pola cámara e a Asociación de Exparlamentarios.

Participaron as ex-deputadas Ascensión Yeguas (PPdG), Mar Barcón (PSdG) e Ana Luísa Bouza (ex-BNG).

Esta charla pon o colofón ao traballo das últimas semanas en Valores Éticos de 3º e 4º ESO, nas que fixemos un seguimento da campaña para as eleccións xerais do 10 de novembro, estudamos o funcionamento do sistema electoral español e as propostas dos distintos partidos políticos que concorrían ás eleccións, e incluso fixmos unhas eleccións con papeletas reais na propia aula.

E como non, ademais de coñecer das nosas convidadas como funciona o Parlamento Galego, de paso, comentarmos os resultados electorais.

Tamén viñeron os da Radio Galega gravar unha pequena intervención. Na gravación pódese ver que no Otero hai madeira para a política!"

Distribuir contido