Actividades da Biblioteca

Actividades da Biblioteca

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA 2008-2009

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA (Curso 2008-2009)

CONCURSOS.-

  • MURAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, Novembro 2008
  • CONCURSO DE POSTAIS E TEXTOS DE NADAL, Decembro 2008
  • CONCURSO DE POEMAS E CARTAS DE AMOR:  “Namorando coa palabra” (Febreiro-2009)
  • CONCURSO DE MARCAPÁXINAS:  “Día do libro”  (23-Abril-2009)
  • CONCURSO DE MARCAPÁXINAS:  “Día das Letras galegas” (17-Maio-2009)

EXPOSICIÓNS.-

 Traballos feitos polo alumnado do Instituto, para reivindicar determinados feitos, conmemorar algunhas datas ou para mostrar o traballo feito nas aulas en diferentes materias: 

  • MURAIS E CARTEIS FEITOS PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA, elaborados polo alumnado do instituto
  • CARTEIS  FEITOS PARA CONMEMORAR O  DÍA DA MULLER TRABALLADORA, en colaboración con varios departamentos: música, ciencias, matemáticas, tecnoloxía, xeografía e historia, lingua galega e lingua española….
  • POEMAS E CARTAS DE AMOR , feitos  polo alumnado para o Día dos namorados.
  • CALIGRAMAS, feitos polo alumnado de 4º ESO
  • COUSAS, traballo realizado polo alumnado de 4º ESO sobre o libro “Cousas” de Castelao.

ENCONTROS CON ESCRITORAS/ES.-

Neste curso fixemos varios encontros con autor@s nos que se falou dos libros e da capacidade que teñen para facernos vivir outras vidas e imaginar outros mundos diferentes do noso.Na Galería poderás atopar máis fotos destes encontros. 

 Encontros con escritores.Miguel Griot

MIGUEL GRIOT, que estivo con nós o 1 de decembro do 2008, contounos a vida do protagonista do seu libro e respondeu ás nosas preguntas sobre o personaxe de  Iqbal, un neno escravo. O seu libro “Lágrimas, sorpresas y coraje de Iqbal Masih” foi un dos que máis nos conmoveu entre todas as lecturas deste curso.

Encontros con escritores.J.M. Gisbert

JOAN MANUEL GISBERT, veu a visitarnos o 10 de febreiro do 2009. Gisbert, que xa estivo con nós en cursos anteriores falounos do seu libro “Los caminos del miedo”, que presenta 4 relatos de misterio e terror que causaron inquedanza en algúns de nós.

Encontros con escritores.Anxo Fariña 

ANXO FARIÑA, escritor, ilustrador e creador dos personaxes Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa , estivo con nós o 10 de marzo de 2009 polo serán. Falounos dos  “megatoxos”, uns simpáticos personaxes que aparecen nos seus libros: “ Os megatoxos e o aprendiz de druída” e “Os megatoxos e a espada esmeralda”.

Encontros con escritores.M.Menéndez Ponte

MARÍA MENÉNDEZ PONTE, estivo con nós o 27 de Abril de 2009, e veu a falarnos dos seus libros “Maldita adolescente, “Nunca seré  tu héroe” o “El poso amargo del café”, que recollen as historias de rapaces e rapazas adolescentes e onde se ven reflejadas moitas das inquedanzas do noso alumnado.

Distribuir contido