Puntos destacados da Concreción Curricular: oferta educativa, criterios de promoción e titulación e matrículas de honra

Despois de ser debatida nos distintos órganos de goberno no centro, o claustro de profesorado aprobou o 25 de abril a versión definitiva da Concreción Curricular. Este documento, emanado do Decreto 156/2022, trata distintos aspectos do funcionamento do centro, como acordos de carácter xeral sobre a metodoloxía didáctica ou o deseño de actividades complementarias.

Polo seu interese para os responsables do alumnado, destacamos os puntos f), g) e k) da Concreción Curricular:

f) Os criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade. Neste punto detállanse as materias ás que se asignan as dúas horas de libre configuración en 1º e 2º ESO ou os itinerarios que agrupan as materias de 4º ESO.

g) Os criterios xerais para a avaliación, a promoción e a titulación. Neste punto detállanse os criterios xerais para a avaliación das distintas materias, os criterios para pasar de curso e lograr o título da ESO.

k) Os criterios xerais de outorgamento de matrículas de honra. Neste punto estabelécense os criterios para conceder matrículas de honra ao finalizar 4º ESO.

Pódese acceder ao documento completo picando no apartado "Documentos de centro". Tamén pode descargarse o documento completo no adxunto que acompaña a esta entrada.

AdxuntoTamaño
CONCRECIÓN CURRICULAR (v.25abr23).pdf3.32 MB