Proceso de ADMISIÓN ordinario - Curso 2024/2025

Para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo ou para aqueles alumnos/as que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles. alumnado, procedente dos centros de primaria adscritos, con reserva de praza admitida NON terá que presentar solicitude de admisión.

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 2024/2025  

1º ESO à  32 postos + 12 postos aneae*

2º ESO à  3 postos  

3º ESO à    9 postos

4º ESO à    22 postos  

* Reservadas para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. No caso de non adxudicarse a este alumnado, asignaríanse ao resto no procedemento de admisión ordinario, ou de ser o caso, na adxudicación subsidiaria.

CALENDARIO ADMISIÓN 2024/2025 

Reserva de praza                                                                  Do 15 xaneiro ao 5 de febreiro

Listaxes de reserva                                                                22 de febreiro

Publicación de vacantes                                                      Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión                       Do 1 ao 20 de marzo 

Presentación de documentación xustificativa                 Do 21 de marzo ao 3 de abril

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos      25 de abril

Listaxes definitivas                                                               15 de maio

Formalización de matrícula                                                Do 23 de xuño ao 7 de xullo  

 

SOLICITUDE ADMISIÓN 2024/2025

A consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado , que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Admisión > Crear), marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valore, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. 

Lembramos, que o alumnado, procedente dos centros de primaria adscritos, con reserva de praza admitida NON terá que presentar solicitude de admisión.

(Ver manual para as familias solicitude admisión)

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Normativa reguladora

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 1 ao 20 de marzo (ambos os dous inclusive). 

Coa solicitude deberá achegarse: 

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando se denegue a súa consulta

- Documento acreditativo do requisito da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia). 

- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para cada nivel (certificado de matrícula do presente curso). 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

Na mesma solicitude deberán manifestar se desexan ou non utilizar algún dos servizos complementarios.

Deberán indicar se o alumno/a presenta necesidades educativas específicas, achegando neste caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada.

Serán os solicitantes os que deben sinalar os conceptos do baremo nos que desexan ser puntuados. 

Formalización das solicitudes

1º.- A solicitude será única e poderá presentarse de forma presencial no centro no que solicita praza en primeiro lugar ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da propia aplicación de admisionalumnado.

2º.- Poderá anularse en prazo de admisión coa presentación dunha nova indicando expresamente por escrito que queda sen efecto a presentada anteriormente. A duplicidade de solicitudes determinará a escolarización polo procedemento subsidiario.

3º.- O alumnado con garantía de permanencia ou con reserva de praza nun centro, se desexa presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá achegar copia da solicitude de reserva comunicar a renuncia á mesma antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4º.- A solicitude poderá asinala calquera dos titulares da patria potestade no caso de fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero (punto 3e das instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado). 

5º.- A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente. 

Presentación da documentación xustificativa para o baremo

Cando o número de solicitudes sexa superior aos de postos dispoñibles, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 21 de marzo ao 3 de abril (ambos incluídos), para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.

Non obstante, consultaranse de forma automática:

- Domicilio fiscal, condición de familia numerosa e discapacidade recoñecida pola xunta de Galicia do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns, cando non se opoñan expresamente na solicitude.

- Renda per cápita dos membros computables da unidade familiar, cando se consinta expresamente na solicitude.

Nos casos en que se opoñan á consulta ou non a consintan, deberán achegar o correspondente documento acreditativo.

Tal como quedou establecido no sorteo público realizado na Consellería o 23 de febreiro de 2023, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, resolverase en función do número 0,69 (69/100). Este número multiplicarase polo número de solicitudes empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza.

Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos

Publicaranse no taboleiro de anuncios e informarase da súa publicación na web do centro.

Listaxe provisional: O día 25 de abril.

Poderase presentar reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles dende a publicación da listaxe; estas resolveranse no prazo de 5 días hábiles.

Listaxe definitiva: O día 15 de maio.

Poderase interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. 

Prazo de formalización da matricula

Prazo ordinario: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.  

Centros adscritos

CEIP María Pita

CEIP Ramón de la Sagra

Área de influencia do centro

Área de influencia dos centros adscritos CEIP María Pita e CEIP Ramón de la Sagra (A24).

Delimitada polas seguintes vías: AP9 - Avda. Alfonso Molina - Ronda de Outeiro - Caballeros - Camiño de Corgo - Camiño de Montes - Vicente Aleixandre - Oleoduto - Avda. da Pasaxe - límite do Concello.

Áreas limítrofes

(A16) CEIP San Francisco Javier

(A19) CEIP Juan Fernández Latorre

(A21) CEIP Salgado Torres

(A22) CEIP Sal Lence

(A23) CEIP Alborada

(ver mapa área de influencia e áreas limítrofes) 

Servizos complementarios e normativa reguladora do mesmo 

- Comedor escolar:

Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering. 

- Transporte escolar:

Ruta PONTE PASAXE – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150220)

PONTE PASAXE à Avda. Pasaxe - Os Castros*  - Avda. de Oza 164- Avda. de Oza 124* à  IES RAMÓN OTERO PEDRAYO.

(ver mapa ruta Ponte Pasaxe)

Ruta SANTA GEMA – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150221)

SANTA GEMA à  Alcampo - Fabrica de Armas – Avda. Montserrat/Eirís – Oncolóxico – Alto de Eirís* - Canteira de Eirís*  à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO.

(ver mapa ruta Santa Gema) 

* Paradas a distancia inferior de dous kilómetrosusuarios excepcionais sempre que haxa prazas vacantes e non precisen incorporación de acompañante. Serán solicitadas xunto coa matrícula. A utilización das mesmas decaerá se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente.

Lexislación aplicable à Real Decreto 443/2001, (BOE do 02.05.01), Decreto 203/1986, do 12 de xuño, (DOG do 09.07.86), Decreto 160/1988, do 9 de xuño (DOG do 27.06.88), Orde do 1 de marzo de 1991 (DOG do 14.03.91), Orde do 29 de xullo de 1988 (DOG do 01.09.88),  Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11.02.22), Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08.11.22).

  

29 de febreiro de 2024