Bicentenario da Novena Sinfonía de Beethoven, 7 de maio

O 7 de maio de 1824 estreouse en Viena a Novena Sinfonía de Beethoven. Esta peza musical é para moitos a obra mestra do compositor alemán.

Douscentos anos despois celebramos a efeméride no IES Ramón Otero Pedrayo, cunha actuación de 140 alumnos e alumnas. Dirixidos polo profesor de Música, Juan Berná, o alumnado interpretou a parte final da peza, coñecida popularmente como a Oda á Alegría. A interpretación retransmitiuse en directo a través do programa Voces da Coruña, de Radiovoz.

Tal e como declaraba o profesor a La Opinión, "a pandemia privou a Beethoven dunha homenaxe á súa altura; no IES Ramón Otero Pedrayo quixemos compensar esta débeda ao noso nivel". Parabéns a todos e a todas pola vosa excelente actuación!!  A música é saúde!!!