Skip to Content

Arriba e alá imos!

Este martes 8 de 2013 volvemos ás clases e aínda que nos tocara a lotaría penso que debemos seguir coas nosas obrigas. Feliz ano e a darlle duro.

Bo Nadal e ventureiro aninovo!


Aproveitamos o traballo feito polo IE Cañada Blanch de Londres, aos que lles agradecemos o traballo, para felicitarvos o Nadal.

Recitando a Celso Emilio Ferreiro (edición María Rey)

Reivindicación da lingua: #recitandocelsoemilio

Non están os tempos para felicitacións, senón para reivindicacións. Así que neste nadal, ésta é a nosa postal, a reivindicación da nosa lingua por medio do recitado colectivo do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.

Éste non é o único traballo que realizamos no ENDL encol do centenario do nacemento do poeta de Celanova. Botádelle un ollo ao noso blogue e alí veredes outras aportacións.

O venres 21 entréganse as notas, pero tranquilos que non se acaba o mundo!

Están a chegar as vacacións do Nadal, o venres entrega de notas e Festival co Colmeiro´s got talent!

A importancia de ter un bo vocabulario!

Este anuncio é o mellor anunio do Nadal e ademais vaiche explicando o por qué de cada cousa que pasa nel....

Cos xoguetes cos que xa non xogades axudade ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos!

Trae os xoguetes que xa non uses á Orientación para QUE NENGÚN NENO SEN XOGUETES ESTE NADAL! Axuda ao Apalapador, ao Papá Noel ou aos Reis Magos... daraslle unha nova vida a eses xoguetes que tan bos momentos che fixeron pasar!

Novos membros do Consello Escolar

O día 26 de novembro tiveron lugar os procesos electorais para a renovación parcial do Consello Escolar do IES Pintor Colmeiro. A relación de candidatas/os elixidas/os para formar parte deste órgano é a seguinte:

Sector de nais e pais:

  1. Carmen Barros Basoa, 6 votos.
  2. Belén Calvo Costa, 5 votos.
  3. José Castro Granja, 5 votos.

Sector do alumnado:

  1. Samuel Rodríguez López, 101 votos.
  2. Silvia Escuredo Ramos, 87 votos.

Sector do profesorado:

Alberto Coto, o campeón mundial de cálculo mental, virá ao Colmeiro

Alberto Coto é o campeón mundial de cálculo mental.

Distribuir contido


by Dr. Radut