Skip to Content

Reunión da CCP o mércores 25 ás 16:00

Reunión da CCP o mércores 25 de abril ás 16:00 na sala de profesores.

Podedes incorporar o dicionario da RAG aos buscadores do Firefox

Xa está en liña o novo dicionario da Real Academia Galega

Con máis de 50.000 entradas xa está en liña o novo dicionario da Real Academia Galega, unha potente ferramenta para o ensino. A ligazón é http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#inicio.do , por se queredes inserila nos vosos blogues, páxinas, etcétera.

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Tirando da Wikipedia "O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home". 

Páxina con documentos do centro

Fixádevos que no menú da esquerda hai un novo punto, Documentación, no que podedes acceder a documentos do centro: RRI, xustificación de faltas, ...

A marabillosa historia dun robot feito no instituto

Coa aplicación www.storybird.com podedes facer cousas como esta.

Xa dispoñedes da portada da web para publicar! A enchela de contido...

Finalmente conseguín habilitar o permiso para que poidades publicar na portada da web. A enchela de contido! Agora cando lle deades á opcións de publicación aparecerá unha que é "promocionar á páxina principal" e xa aparecerá automaticamente na portada da web. Por favor tede en conta:

O Flasmob do profesorado para desexarvos Bo Nadal e Feliz 2012

A web aberta a todos

Queremos recordarvos que a web está aberta para todos aqueles que queirades publicar novas, gustaríanos que durante este curso todos os departamentos tiveran a alguén que publicara novas do departamento: colgar exercicios, a programación, información do departamento, ligazóns para o alumnado... Moitos de vós xa estades dados de alta, pero en calquera caso se precisades axuda Xosé Rodríguez, coordinador TIC, estará encantado de axudarvos no proceso.

O EDL está en marcha... presentación do blogue!

Cibrán presentará o xoves 13 nos recreos o blogue do EDL, ensinará a editar novas e o manexo para todos aqueles interesados en participar... se te preocupas pola nosa lingua e ademais queres aprender algo novo, esta é a túa ocasión.

Distribuir contido


by Dr. Radut