Skip to Content

Diplomas recibidos polo concurso de Educación Financieira!!

O Colexio de Economistas mandou diplomas e altavoces inalámbricos ás nosas alumnas de 1° de bacharelato por gañar a fase local do concurso de Educación financiera. Parabéns!

 

EXPOSICIÓN D0 8M CON TÉCNICAS DE PICASSO

A seguinte exposición, realizada polo alumnado de 1º e 3º da ESO, ten como finalidade combinar o 50 aniversario do falecemento de Pablo Picasso e a reivindicación do papel da muller dentro da sociedade. Esperemos que vos guste.

Galerías de Fotos

 

Álbum de Fotos do Entroido 2023 no IES Julio Prieto Nespereira

Podes pulsar na imaxen para visualizar as fotos ou ir a Galería, pulsando en Galería de Imaxes.

Álbum: ENTROIDO IES PRIETO NESPEREIRA -> ENTROIDO 2023

ENTROIDO IES JULIO PRIETO NESPEREIRA 2023

Tal e como facíamos antes da COVID, o venres previo ao entroido celebrouse o noso concurso-desfile de disfraces. A actividade contou cunha participación masiva e o entroido trouxo alegría a O Sexto. Felicidades aos Gañadores!!

1º Premio Individual - O cigarrón

1º Premio Parellas - Os Cupidos

1º Premio Grupos - Os Pitbull

2º Premio Grupos - Os Desestructurados

3º Premio Grupos - Os Olímpicos

4º Premio Grupos - O Circo

 

Mandatos do Meco

Comezamos as celebracions do entroido cos "Mandatos do Meco".

Luns para comezar, cunha cinta na cabeza e uns Colares has de entrar!!

 

 

Mil Grullas chegan o Prieto Nespereira

Conta unha lenda xaponesa que se fas mil grullas de papel e o desexas moito, o teu maior desexo farase realidade.

Esta foi a lenda que os seus amigos lle contaron a Sadako Sasaki, unha nena víctima da bomba de Hiroshima que, ao cabo dos anos, caeu enferma de leucemia. Querendo que o pesadelo se acabase, Sadako comezou a construir as mil grullas, pero só chegou ás 644. Os seus amigos remataron o traballo por ela.

 Este luns, polo día da Paz, o alumnado de 4º da ESO colgou as 1000 grullas de papel na entrada do instituto, pero entre elas, destacaba unha moito máis grande, na que colgaba un nome especial: Manu, o noso compañeiro que recientemente nos deixou.

Van por ti, MANU!

Grazas as profesoras Nerea e María pola idea e dedicación e a todo o alumnado que participou.

 

_

Cinco alumnas do IES Xulio Prieto Nespereira de Ourense gañan a fase territorial do concurso sobre educación financieira.

A Profesora de Economía María Pérez, titorizou o traballo das cinco estudantes escollidas e premiadas: Silvia González, Salomé Muñoz, Carla Yavanna Doforno, Nahiara Rosado e Amanda Paradela.

Enlace á noticia Voz de Galicia.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/25

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024-2025

Instrucións para a reserva de praza NO CENTRO DE ADSCRICIÓN


Quen pode reservar praza?


a) O alumnado dos centros adscritos: CEIP Virxe de Covadonga,

CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedraio de Amoeiro, CEIP Antonio

Failde de Cambeo, Coles, CEIP Roberto Blanco Torres de

A Peroxa que teña previsto matricularse no IES Julio Prieto

Nespereira no vindeiro curso 2024/25 en 1º da ESO.

 

b) Alumnado dos centros adscritos: e CPR Plurilingüe Divino

Mestro, que teña previsto matricularse no IES Julio Prieto

Nespereira no vindeiro curso 2024/25 en 1º de Bacharelato.

 

PRAZOS. -

Reserva de praza do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro

de 2024.      

                           

DOCUMENTACIÓN -  A documentación debe entregarse no centro

                               onde cursa estudos actualmente.



- Anexo I https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 



No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos

escolares comunicaráselles aos interesados e publicarase no

taboleiro de anuncios do centro, debendo presentar a solicitude

de Admisión e a documentación xustificativa va para a aplicación

do baremo (artigo 30).

 


No caso de que non teñan ninguna comunicación ao longo do

mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o

vindeiro curso.



A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa

presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia á mesma

antes do día 28 de febreiro (este incluído)



A asignación de prazas rematará o 22 de febreiro.

 

Programa PIALE

A profesora de Inglés, Nerea, tivo a sorte de poder disfrutar da beca do programa PIALE, concedida pola Xunta de Galicia, coa que durante un mes visitou dous centros educativos en Canadá. Durante a primeira semana tras a súa volta, compartiu a súa experiencia cos seu alumnado, e onte tocoulle ós profesores. Ademais, durante a súa estancia, enviounos a todos postais para recordarnos que non se olvidara de nos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut